Industrias lácteas comunican ás granxas a baixada do prezo do leite a 39 céntimos o litro
O Boi de Allariz marca o camiño: a IXP certifica 34 toneladas de carne de boi cun volume de negocio de 1,2 millóns de euros
Até cando poderán as gandarías reclamar as perdas derivadas do cártel do leite?
Que caracteriza a Galiña de Mos, a única raza autóctona avícola recoñecida?
A industria anticipa que nos próximos dez anos fecharán 3.000 granxas de leite
O SLG solicita paralizar a aplicación das novas normas para as granxas galegas
O SLG acusa a Xunta de non executar unha sentenza sobre axudas a granxas de carne
48% do leite galego expórtase sen ser antes transformado
Novo accidente laboral: falece un operario en Calvos de Randín nun accidente nunha granxa
Morren case un centenar de porcos no incendio dunha granxa na Estrada
Case un centenar de porcos faleceron esta cuarta feira nun incendio rexistrado nas instalacións dunha granxa na Estrada (Terra de Montes). A alerta do 112 Galiza activouse arredor das 10 horas, cando o 061 avisaba de que se dirixía a esta granxa. Finalmente ninguén necesitou asistencia médica, mais houbo importantes danos materiais no illante do tellado da nave e a instalación eléctrica. Ademais o lume ocasionou a morte de case 100 animais, dos 200 que había na granxa. A empresa xestora das instalacións encargouse do traslado dos porcos que sobreviviron e da retirada dos que morreron. Fontes policiais situaron a orixe do lume nunha nave lindeira. O 112 tamén informou doutro incendio industrial, neste caso no municipio de Xinzo (A Limia), nunha fábrica de madeira do parque empresarial da localidade. Os bombeiros do parque comarcal de Xinzo foron os encargados de sufocar o incendio. Arderon dous silos de serraduras, posibelmente por un problema no sistema de extracción, mais non houbo feridos.
Industrias lácteas “coaccionan” as granxas para baixar o prezo do leite
O SLG anuncia unha campaña informativa e de denuncias dirixidas contra as empresas que abandeiran as baixadas