guerrilla

guerrilla
MEMORIA E HISTORIA

O sacrificio útil do guerrilleiro Botana

Hai 75 anos falecía nun enfrontamento armado na parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos o guerrilleiro galego Manuel del Río Botana. Con motivo do aniversario do seu falecemento, que tivo lugar onte, recuperamos a súa figura no contexto da loita antifascista. A súa memoria continúa presente na comarca de Ordes.
camilo de dios
MEMORIA E HISTORIA

Faleceu Camilo de Dios, o guerrilleiro que non choraba

Natural de Sandiás, onde naceu en 1932, faleceu aos 87 anos de idade. Integrouse na guerrilla antifranquista con 15 anos. “O meu soño sigue sendo a república, a liberdade, a igualdade e a democracia”, recoñecía nunha entrevista en Sermos Galiza.

A cidade da selva

Sputnik Labrego amosa en Casaio os vestixios da guerrilla antifranquista

As investigacións están dirixidas por Carlos Tejerizo, do CSIC, e Alejandro Rodríguez, da USC. 
Antonia y Chelo Rodriguez (1)
MEMORIA E HISTORIA

Morre no exilio francés a guerrilleira de Soulecín Chelo Rodríguez

Consuelo Rodríguez “Chelo” finou na noite desta cuarta feira a piques de cumprir os cen anos na súa casa de Ile de Ré en Franza, onde residía desde a súa fuxida ao exilio á volta de 1949. Segundo informou a Sermos Galiza o seu compañeiro de loita, o guerrilleiro do Bierzo Francisco Martínez “Quico” trátase "dunha grande perda para todos cantos loitaron pola democracia”.

2 (1)
MEMORIA E HISTORIA

O comandante Félix, un infiltrado na guerrilla galega

Hai setenta anos, o 22 de xuño de 1949, eran asasinados pola acción dun infiltrado nos montes da Penacova en Remesar, Bóveda, os guerrilleiros Bernardo Álvarez Trabajo “O Gasta” e Manuel Fernández Soto “Coronel Benito”. Semanas máis tarde aparecía o cadáver de Elías López Armesto “O Paxariño”, o outro membro do comando que saíu mal ferido da emboscada.

o fresco foto
Reedición das memorias do Fresco

Testemuño dun burgués que se botou ao monte para defender a liberdade

Era apenas un feixe de papeis de diversa condición: “Notas, retallos, textos escritos a man aproveitando a envoltura de paquetes de tabaco (picadura), mesmo papeletas do referendo do Estatuto de 1936”. Gardaban unha memoria insólita e terríbel, a de Manuel González Fresco, fuxido ao monte na segunda metade de 1936. Con eles, o xornalista Víctor Freixanes compuxo hai 40 anos un título pioneiro, hoxe de culto e reeditado logo de anos fóra das librarías: O Fresco. Memorias dun fuxido (1936) (Xerais).

casaio cidade da selva guerrilla
MEMORIA E HISTORIA

Documentar a batalla que marcou o final dos campamentos maquis nos montes de Casaio

Comezará esta segunda feira en torno á 'Cidade da Selva', bases da Federación de Guerrillas de Galiza-León ao pé da Pena Trevinca. A campaña está impulsada por 'Sputnik Labrego'

Manuel Gómez Varela, o sexto pola dereita na fila de arriba, canda outros afiliados e simpatizantes do Partido Galeguista de Franza en Mugardos.
MEMORIA E HISTORIA

Manuel Gómez Varela: un militante nacionalista na guerrilla antifascista

Da man de Cilia Torna, recuperamos a memoria de Manuel Gómez Varela, un dos símbolos da Galiza resistente, tamén coñecido como Manolo do Penso ou Fera Brava.

6.
MEMORIA E HISTORIA

Luís Trigo 'O Gardarríos', o sangue dos mellores fillos do pobo

É o home  mito da resistencia armada na Terra Chá, A Corda e A Mariña. Significa o proceso de conformación dos primeiros núcleos guerrilleiros a partir daqueles demócratas obrigados a pasarse á clandestinidade fuxindo da represión e en moitos casos dunha morte certa.

O segredo mellor gardado

Con este artigo Xoán Carlos Domínguez Alberte foi distinguido co I Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey

camilo de dios
MEMORIA E HISTORIA

O guerrilleiro que non choraba

Un documental de catro estudantes de Audiovisual na Coruña aborda a vida e figura de Camilo de Dios, o último guerrilleiro galego anti-franquista. O traballo completo poderá verse en menos dun mes. O trailer xa está dispoñíbel. Vídeo dentro.

bento
Lusofonia

Finou Bento da Cruz, o portugués que narrou a guerrilla antifranquista galega

No Porto e con 90 anos, finou este 25 de agosto, Bento Gonçalves da Cruz, máis coñecido como Bento da Cruz, o grande escritor portugués que narrou a guerrilla antifranquista en O lobo guerrilleiro. 

Afonso Eiré
AFONSO EIRé, AUTOR DE "O PILOTO. O úLTIMO GUERRILLEIRO"

“O franquismo e o PCE coincidiron á hora de ocultar a guerrilla galega” 

No libro O Piloto. O último guerrilleiro (Hércules Edicións) o xornalista e escritor Afonso Eiré ofrece unha documentada historia dun combatente que podería ter sido un mito mais foi inxustamente esquecido. 

lugo
MEMORIA E HISTORIA

A mostra de Lugo sobre a resistencia antifranquista recrea unha cova da guerrilla

O día 22 de xaneiro abrirase no Pazo de San Marcos unha exposición que revisará os corenta anos de represión e resistencia, cunha especial atención á vida na guerrilla. A recreación dunha cova na que se agocharon guerrilleiros xunto con abundante documentación integrarán esta mostra organizada pola Deputación de Lugo. 

Guerrilla Girls
CULTURA

Femen no Congreso, as Guerrilla Girls no Museo

“Teñen que estar núas as mulleres para entrar no Museo Metropolitano de Nova Iorque?” preguntábanse as Guerrilla Girls no seu famoso cartel de 1989. O centro AlhóndigaBilbao ten aberta até o 6 de xaneiro de 2014 unha extensa exposición que mostra o traballo do colectivo artístico americano coa practica totalidade dos seus carteis e proxectos.

Marcha en solidariedade cos presos kurdos
INTERNACIONAL

O líder curdo Abdullah Öcalan chama a un cesamento ao fogo da guerrilla

O dirixente do PKK (Partido dos Traballadores de Curdistán) fixo desde prisión un chamamento aos combatentes para que “que calen as armas e falen as ideas” advogando por unha solución "política" para o conflito 
Quico
MEMORIA E HISTORIA

Memoria da guerrilla entre Melide e Rianxo

Entre Melide e Rianxo e na primeira fin de semana de xuño realizarase o encontro “A guerrilla e os campos de concentración” coa presenza de Quico, un dos últimos guerrilleiros vivos.

José Castro ‘O Piloto’ e a súa compañeira Ramona Curto ‘Mirelle’ (Foto: Arquivo particular)
star
Loita guerrilleira na Galiza

A morte de José Castro Veiga ‘O Piloto’ (I)

É o último guerrilleiro asasinado polo franquismo nun enfrontamento armado após máis de dúas décadas de loita aínda presentes na memoria das xentes da Ribeira da Sacra. Achegámonos ás derradeiras horas da vida de José Castro Veiga “O Piloto”.