historia

Torre de Caldaloba
star
Mapas

Constanza de Castro, unha galega contra Castela

Fica moito por aclarar da revolta galega contra Castela da penúltima década do século XV. Aquela Galiza derrotada no século XIV, con parte das súas clases dirixentes xa alleas ao país, cos vencellos co irmán portugués máis debilitados, sen os apoios internacionais debidos malia os centos de anos de relacións intensas no espazo atlántico aínda dispuxo de folgos para erguerse de novo en base ao vello proxecto dunha Galiza arredada de Castela, unida a Portugal e arrimada, no ámbito xeoestratéxico, as potencias marítimas europeas.

Pequena historia, que non é historia pequena

Guido Álvarez, guía de turismo, fronte aos lagos de Teixeiro, no municipio de Lugo (Nós Diario)
CULTURA

Guido Álvarez, guía de turismo: "Nin os propios galegos coñecemos a nosa historia, ao contrario do que acontece en Irlanda ou Breizh"

Guido Álvarez é guía de turismo profesional cunha grande experiencia. Após once anos fóra de Lugo, catro deles entre Italia, Inglaterra, Francia e Alemaña, aséntase na cidade das murallas. Tivo moitas experiencias viaxeiras, sobre todo mochileiras, en algo máis de 30 países, e hai seis anos crea un proxecto propio co nome de ‘Guido Guía’, partindo dun café de idiomas. De maneira comunitaria facilita o encontro de visitantes de moitas partes do mundo cunha ollada 100% galega da contorna.    

Mortes anunciadas

Retrato de Concepción Pérez Iglesias, alcaldesa do concello de Portas entre 1925 e 1930 (Foto: Nós Diario).
A mestra compostelá foi elixida primeira alcaldesa da Galiza en 1925

Concepción Pérez Iglesias, a mestra que fixo historia na política galega

'Dona Concha' ostentou o cargo entre 1925 e 1930, e foi unha mestra e alcaldesa moi querida pola veciñanza.
Primeiro vehículo a motor para transporte de viaxeiros e viaxeiras comprado por Freire á volta de 1912. (Foto: Arquivo Vidal Martínez-Sierra)
star
Vidal Martínez-Sierra

Freire, 98 anos de viaxes entre Lugo e Compostela

Rematou 2020 e coa fin do ano concluíu parte da historia do transporte de pasaxeiros e pasaxeiras por estrada na Galiza. Tras case 100 anos cubrindo a mesma liña, un novo plan de transporte por estrada da Xunta practicamente acabou cun histórico do transporte de pasaxeiros, a empresa Freire, ao adxudicar a liña Lugo-Santiago a unha unión temporal de empresas de Monbus-Alsa.

Historia e memoria da vitoria de Meirás

Meirás e a tentativa por ocultar a historia

Xacemento (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

A Galiza: celta ou castrexa?

A raíz da serie Os Castros, estreada recentemente na TVG, reabriuse o debate sobre as orixes celtas da Galiza. A controversia sobre se se debe atribuír a esa cultura a totalidade das nosas raíces ou non, iniciada no século XIX, segue a día de hoxe presente e é vivida con moita intensidade entre as persoas defensoras de ambas as dúas posturas. Se unha mantén que a identidade celta existe e relaciona o pobo galego con outros da Europa atlántica, outras prefiren falar de cultura castrexa e argumentan que non hai probas que demostren a chegada deste pobo ao Noroeste peninsular.
Dous arqueólogos traballando na primeira intervención do castro de Cerneda, en Abegondo. (Foto: CADO Arqueoloxía).
star
Reportaxes

Castros: escoitar a voz do pasado

A cultura castrexa simboliza un patrimonio de grande importancia para a Galiza. Nos últimos anos, a sociedade estase a decatar da riqueza arqueolóxica que temos, o que provoca un aumento da demanda social a prol da restauración de xacementos galegos. Recentemente comezáronse numerosas intervencións en diferentes castros que están a conseguir descubertas moi interesantes que axudarán a coñecer aínda mellor a Idade do Ferro galega. Pois cómpre aprender a camiñar polo pasado para poder transitar polo futuro.
Retrato de Ramón de la Sagra como deputado por Lugo (1854). (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Ramón de la Sagra: no París Revolucionario

En tempos de grandes movementos transformadores, o nome do pensador coruñés Ramón de la Sagra estivo unido ao de recoñecidas figuras do momento como o Barón de Colins, Louis Blanc, Pierre J. Proudhon ou Adam Mickiewicz. Os seus artigos, libros e folletos tentaron levar racionalidade a un mundo en que os máis febles pagaban un alto prezo para garantir a consecución do desenvolvemento económico. 
Abe Rábade Trío. (Foto: Cabanijazz).
star
Reportaxes

A Galiza a todo jazz (II)

Desde que nos anos 80 o jazz fixo a súa aparición na Galiza, foi para ficar entre nós para sempre. O xénero segue vivo hoxe e goza de plena saúde, nada ten que envexar do que se está a facer noutras partes do Estado ou na nosa irmá e veciña Portugal, que contan cunha tradición máis longa neste xénero musical. Beban nas fontes do jazz europeo ou se nutran das primixenias raíces americanas, ou mesmo procuren a mestura con outras músicas, os nosos creadores, pertenzan a unha ou a outra xeración, son os garantes da súa permanencia e evolución.
No concello de Poio atopamos unha curiosa casa-museo dedicada á teoría do "Colón galego" (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

As habitacións propias da historia: unha ollada panorámica ás casas-museo galegas

Son lugares onde protagonistas das artes, da política e das letras habitaron, escribiron e contribuíron co fío dos acontecementos. Cuartos propios transformados en novos espazos para visitantes e turistas na procura dun achegamento ás semblanzas de épocas senlleiras da historia da Galiza. Realizamos un percorrido por unha selección das casas-museo galegas, as que están e as que están por vir, para non deixar de visitar ningunha este verán.
Arco en Santa Eulália (Foto: Daniel Pérez Murado).
star
Reportaxes

A esquecida Santa Eulalia de Bóveda

Santa Eulalia de Bóveda érguese como un espazo de culto intimamente ligado coa auga. Desde a fermosa ornamentación que caracteriza o templo até a magnífica localización que o acolle, conformada polo val do Mera, a fonte do castro de Corvazal, así como o alxibe interior, unha contorna que deixa patente a transcendencia deste elemento non exento de rituais e crenzas. 
star
Reportaxes

Para unha Historia do Ferrocarril na Galiza

O tren entendíase como o progreso. As estacións do ferrocarril sentíanse como prometedores símbolos do corpo e da alma, do progreso de vilas e cidades que se sentían afortunadas por abrir portas ao mundo. As estacións do tramo de Sanabria á Coruña ou a estación de San Cristovo da Coruña son verdadeiras obras de enxeñaría, infraestruturas sensíbeis con gran carga histórica que, a día de hoxe, se presentan nun estado de conservación cuestionábel. 
Cornamenta do cervo na Laxe dos Carballos, no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. (Foto: Manuel Santos-Estévez).
star
Reportaxes

Petróglifos: o patrimonio da pedra

A cronoloxía e distribución dos petróglifos é complexa pero, para comezar, cómpre preguntarse que son estes gravados. Unha primeira achega é a definición etimolóxica que xorde dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar), que dá orixe ao francés pétroglyphe. Con esta denominación refírense as tatuaxes prehistóricas nas rochas, normalmente graníticas, unha representación gráfica e simbólica ao ar libre, previa á aparición da escritura. Identificalos e catalogalos supón unha dificultade engadida por mor do seu descoñecemento e situación xeográfica, así como polo desinterese das Administracións, que deixan estes labores en mans de asociacións e colectivos. Malia todo, a Galiza é un dos lugares de Europa onde máis se concentran.
388 repor 1
star
Reportaxes

O esqueleto da balea

Combustíbel, margarina, xustillos, paraugas ou carne para as cociñas xaponesas son algúns dos destinos finais da caza dos cetáceos. Esta actividade realizouse na costa galega, polo menos, dende o século XII. O final deste lucrativo negocio chegou cunha moratoria en 1982. Despois dela, nos lugares onde se despezaban os animais, só quedan fábricas en ruínas.
Suso de Toro (Foto: Arxina).
star
Entrevistas

Suso de Toro: a Historia rescatada

A memoria volve atravesar a escrita de Suso de Toro. Se en Sete palabras indagaba na historia da súa propia familia e en Home sen nome esculcaba a memoria dos verdugos, na súa nova novela, Un señor elegante (Xerais), reconstrúe a traxectoria da familia Baltar, unha estirpe burguesa, republicana e galeguista. A lectura deste libro, como a dos seus artigos, permite comprender mellor o presente a través da súa conexión co pasado. Ao apuntar, unha vez máis, ás continuidades do proxecto franquista nun Estado que reprime militarmente a disidencia política. 
Anselmo López Carreira (Foto: Mark Zlick).
star
Entrevistas

Anselmo López Carreira: a memoria recobrada

Durante moito tempo, a existencia do reino da Galiza pasou desapercibida para a historiografía dominante. Aínda sendo discutíbel o seu significado desde o punto de vista político, á luz da documentación é innegábel que houbo unha entidade chamada Gallaecia que ocupou unha posición de centralidade na Idade Media no aspecto demográfico ou territorial. Anselmo López Carreira é coautor, xunto con Xosé Miguel Andrade, da última das achegas que analizan esta realidade, o libro O Reino Medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria (Xerais). Falamos con el. 
Nemésio Barxa (Foto: Nós Diario).
star
Entrevistas

Nemésio Barxa: avogado do pobo

Defender a Galiza, a cultura, o idioma e o pobo, pelexar en prol das persoas máis excluídas: labregas espoliadas por Fenosa, traballadores despedidos por Alcoa, vítimas da ditadura franquista... Eis a paixón e a vida do avogado Nemésio Barxa, que bota a ollada atrás para ver aquel neno nado en Caldesiños (Viana do Bolo), fillo de mestres da República; e para lembrar o Ourense onde logo medraría en contacto co antigo galeguismo e co novo nacionalismo. Con toda a súa bagaxe, Barxa conversa sobre a Galiza que vén, os novos retos e a situación da Xustiza.