historia

O autor, Martín Fernández Calo. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Señores do pasado

Gañador do Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña na súa pasada edición de 2019, Callaici Principes forma parte dese conxunto de propostas ensaísticas que, sen o apoio institucional ou a iniciativa persoal dos seus autores terían moi complexo ver a luz. 
Retrato de Antonio Reigosa. (Foto: Edicións Embora).
star
Libros

Galeguidade a media voz

Ademais do seu percorrido como narrador para a xente máis nova, é posíbel que o máis destacado da produción editorial de Antonio Reigosa haxa que buscalo no concepto da Galiza encantada.
Retrato de Manuel García Barros. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Loitando sempre

Manuel García Barros é considerado unha figura modesta da literatura galega, de obra curta e certo aire costumista.
Tapa de 'Suán' (Foto: Nós Diario).
star
Música

Electrónica de base para outras músicas do pobo

Subtitulado "Vento do sul que zoa de onte pra mañá", Suán ofrece toda unha declaración de intencións da vontade das dinámicas e o compromiso asumido por Trépia desde que deixou a primeira liña do palco para irrigar o tecido de base desde o asociacionismo, cunha ineludíbel dimensión, non abondo recoñecida, no mantemento vivo da tradición. 
392 Mapas
Mapas do reino

O Beato de Valcavado. Galiza nun mapamundi do século X

O Beato de Valcavado, tamén coñecido como Beato de Valladolid por conservarse nesta cidade desde o século XVII, foi unha das copias máis antigas dos beatos que chegou até nós. 
Detalle da Galiza no mapamundi. (Foto: Nós Diario).
star
Mapas

O reino da Galiza nun mapamundi do século XII

As novas sobre a orixe do mapamundi do Beato de Manchester, tamén coñecido como Rylands, por atoparse custodiado na biblioteca da cidade británica dese nome, son escasas.
Nas súas orixes, a patinaxe foi un deporte practicado exclusivamente polas mulleres da elite. (Foto: Robert Tinker).
DEPORTES

A patinaxe na Galiza cumpre 140 anos

Do 'skating' de 1880 ao 'Roller derby' da actualidade, as mulleres seguen sobre rodas
Anselmo López Carreira (Imaxe:  Mark Zlick/Arquivo AELG).
Historiador

Anselmo López Carreira: "Sánchez Albornoz e Castelao representan visións contrapostas da historia medieval"

Durante moito tempo, a existencia do reino da Galiza pasou desapercibida para a historiografía dominante. Aínda sendo discutíbel o seu significado desde o punto de vista político, á luz da documentación é innegábel que houbo unha entidade chamada Gallaecia que ocupou unha posición de centralidade na Idade Media no aspecto demográfico ou territorial. Anselmo López Carreira é coautor, xunto con Xosé Miguel Andrade, da última das achegas que analizan esta realidade, o libro O Reino Medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria (Xerais). Publicamos unha longa entrevista con el no semanario Sermos Galiza.
traballo de campo
Caderno de Verán

A Pobra do Brollón: Un proxecto de "arqueoloxía heroica"

A Asociación de Veciñas e Veciños María Castaña de Cereixa, na Pobra do Brollón, apostou na descuberta das súas orixes en 2016. Após catro anos o proxecto conta con apoio institucional público e privado e xa se fixeron seis escavacións con éxito. Ademais, noutros lugares ponse como exemplo da colaboración da comunidade nun plan de tal calibre para procurar as raíces. Texto Redacción
José Antonio Durán
CULTURA

Falece o escritor e historiador José Antonio Durán aos 79 anos

Durán foi autor de numerosas obras sobre destacados persoeiros galegos e un dos primeiros investigadores sobre o movemento agrario na Galiza.
11-09-2013   Remodelación do museo da Fonsagrada 017
Caderno de Verán

Museos etnográficos: Un pé no futuro sen esquecer as raíces

O interese por traballar a prol da comunidade fixo que a veciñanza da Fonsagrada creara en 1984 un padroado para abrir e xestionar a súa propia sala de exposicións. Hoxe son moitos concellos os que seguiron o exemplo mentres divulgan e educan a rapazada ao recordar como se chegou até onde están agora.
Caderno Coñecer 21/07/2020
Nós Diario

As 'Outras caras da guerrilla' protagonizan as páxinas centrais do caderno 'Coñecer'

As execucións de Amador Domínguez Pan e José Pedreira de la Iglesia van acompañadas -entre outros moitos contidos- pola lembranza da finada Elvira Varela Bao no suplemento sobre patrimonio cultural e natural, historia, arte, museos e arquivos de Nós Diario.
Caderno Coñecer 7 de xullo de 2020
SOCIAL

Un plan secreto para reunificar Galiza e Portugal, no centro do suplemento 'Coñecer'

A análise dun plan para a reunificación do reino da Galiza e do de Portugal chega acompañada -entre outros moitos contidos- por unha entrevista ao historiador Dionisio Pereira ou polas reflexións de Miguel Anxo Rodríguez arredor da retirada de estatuas.
Escenas dos traballos no campo e no mar, dos oficios e a industria artesanal, das feiras... nada escapou do obxectivo do fotógrafo. (Foto: Carlos Valcárcel)
CULTURA

O obxectivo de Carlos Valcárcel retrata unha Galiza que xa non existe

A Editorial Canela edita un volume que recolle case 200 fotografías de Carlos Valcárcel nas que inmortaliza unha Galiza da que queda entre pouco e nada, a comprendida entre os anos 60 e 80 do século pasado. 
O caderno 'Coñecer' trata de historia, cultura, patrimonio...
Nós Diario

'Galiza nas vidreiras de Mechelen' protagoniza as páxinas centrais do caderno 'Coñecer'

A viaxe de Héitor Picallo tras o escudo galego por Flandres vai acompañada -entre outros moitos contidos- pola reflexión de Mercedes Rozas sobre 'O Crime perfecto' no suplemento sobre patrimonio cultural e natural, historia, arte, museos e arquivos de 'Nós Diario'

Edson Arantes do Nascimento, 'Pelé' (centro), sobre o céspede de Riazor con Garrincha, Jair, Milton Santos, Zagallo, Pepe e Didí sobre o céspede de Riazor.
Nós Diario

'Pelé, o rei do fútbol na Galiza' abre o caderno 'Xogar' desta semana

Billarda, vela, baloncesto, balonmán ou roller derby teñen un oco esta semana no suplemento deportivo de Nós Diario, que abre unha reportaxe histórica sobre a visita galega de Edson Arantes do Nascimento en 1959, quen botou un raio de luz brasileira sobre as vidas dunha poboación que tiña no fútbol unha vía de escape

As pancartas nacionalistas reconvertidas en sacas (Foto: Nós Diario).
Nós Diario

Pancartas e sacas: a urxencia de recuperar a memoria do nacionalismo

O caderno 'Coñecer' achega información sobre unhas sacas "que agora vemos colgadas ao ar despois de ser lavadas e preparadas para lles sacar o mofo e as humidades do tempo, e que eran as pancartas que as mozas e mozos da AN-PG utilizamos nos anos 1975-76 na campaña Pola liberdade das presas e presos políticos nacionalistas que foran encarcerados en 1975 despois do asasinato de Moncho Reboiras".
Ilustración antiga de Betanzos que se atopa como cabeceira na web do 'Anuario Brigantino'.
Cultura

O 'Anuario Brigantino', pioneiro na rede

A revista histórica é unha das máis recoñecidas a nivel galego
Persoal do hospital de Ourense premiado polo seu labor na epidemia gripal de 1918 [Imaxe: Vida Gallega].
A pandemia deixou 25.000 mortes na Galiza

O virus da gripe de 1918: 25.000 falecementos en dous meses

A extensión do coronavirus devolveu á actualidade a gripe de 1918. A epidemia chegou á Galiza en outubro 1918, ficando arredor de 25.000 mortas nun prazo de dous mes. A pandemia deixou en coiros o réxime da I Restauración, que aproveitou a traxedia para amordazar a protesta e recortar os dereitos e as liberdades.

CCG_ig_album_viaxeiras_John_Elliot_0006
CULTURA

As mulleres non mandaban, e na Galiza tampouco

“A familia estaba revestida dun cuño patriarcal ou patrucial, en contra do mito persistente que atribúe un presunto carácter matriarcal á familia tradicional galega”. Con esta contundencia expresa o historiador Xavier Castro no seu último ensaio o seu rexeitamento á crenza no matriarcado galego.