historia

Lito García Lago
star
Libros: 'Pasou o que pasou', de Lito García Lago

Os tolos anos 80

Pode que o que máis resalta nun libro coma este, polo menos para as persoas que non viviron (ou non lembramos, por idade) a vida pública daqueles anos, sexa a colección de eventos estrambóticos que tiveron lugar daquela
O cabaleiro Jacques
de Lalaing.
star
MEMORIA E HISTORIA

Ponthus, rei literario da Galiza, no ‘Pas de la Fontaine des Pleurs’

Ningunha persoa versada en literatura francesa medieval pode dubidar da importancia que outrora acadou Le roman de Ponthus et Sidoine, obra anónima que recentemente hai quen a atribúe a Geoffroi de La Tour Landry, cabaleiro francés e escritor do Livre du Chevalier de La Tour Landry pour l’enseignement de ses filles. Porén, a autoría daqueloutra obra non está asegurada e disque se redactada entre 1390 e 1425. A partir de entón, como achega Henrique Harguindey, elabóranse copias que esparexen a fantástica historia de Ponthus, fillo do rei da Galiza, e Sidoine, filla do rei da Bretaña.
Cabeceira do xornal anarquista. (Foto: CCG) #culturaproletaria #xornal #anarquismo #emigración
CULTURA

O xornal da emigración anarquista galega, 'Cultura proletaria', regresa de Nova York

O Consello da Cultura Galega fornece os diarios desde o Arquivo da Emigración Galega. A colección foi recuperada por un grupo de traballo dixirido polo profesor Bieito Alonso.
A familia real en Meirás con Francisco Franco (Imaxe: Nós Diario)
star
MEMORIA E HISTORIA

Memoria, que memoria? Os escenarios dunha nova lei da memoria marcada actualmente en tramitación

É posíbel que non lle acaia adxectivación ningunha. Que a memoria sexa só iso, memoria; e que a pretensión de arrexuntala non sexa máis que unha trampullada. Primeiro engadíronlle o de “histórica”, sen reparar no símil que propuxera o finado historiador británico T. Judt de comparalas con dúas medias irmás. Unha, a memoria, nova, espelida e fermosa, a outra, vellouqueira, aburrida e de escaso atractivo; pero que non poden vivir unha sen outra. A historia precisa do rego constante da memoria e esta vese alterada con frecuencia pola primeira. Agora quérenlle aquelar o engadido “democrática”, cando é evidente que pouco democrático hai na memoria, sempre persoal, verdadeira, indiscutíbel, subxectiva, certa, “vasmo dicir ti a min que o vivín”, pódeche retrucar unha testemuña si lle argúes desde o andel da aburrida academia. Así que, na verdade, do que vai o asunto é de non chamarlle ás cousas polo seu nome.
Batalla naval en 1588, no canal da Mancha, entre as mariñas española e inglesa
star
Reportaxes

Inés de Ben. A heroína esquecida

A historia conta que María Pita foi a heroína contra os ingleses que quixeron invadir A Coruña, pero do que non deixou constancia foi do decisivo papel que tiveron as coruñesas no asedio. Unha das máis destacadas foi Inés de Ben, comerciante da Peixaría, que non só deu todos os bens da súa tenda para loitar contra o inimigo, senón que estivo en primeira liña e foi gravemente ferida. O seu valor non foi nunca recoñecido: rematou os seus días viúva, con dous fillos e cega. A única "xustiza" que lle concederon foi poder exercer a mendicidade. 

O verniz das mulleres

José Castro ‘O Piloto’ após ser asasinado. (Foto: Arquivo particular)
star
Unha herdanza para xulgar pola historia

A morte de José Castro Veiga ‘O Piloto’ (II)

A morte de José Castro Veiga é resultado dun operativo dirixido polo tenente da Garda Civil, Alberto Díaz López, coa colaboración dos axentes da benemérita de diversos cuarteis da Ribeira Sacra. Porén, a memoria do Piloto continúa aínda viva. 
Un momento na preestrea do documental. (Foto: Deputación de Pontevedra)
MEMORIA E HISTORIA

A música acentúa o silencio da memoria na preestrea de 'Acorda'

A deputada nacionalista María Ortega insta ás institucións públicas a "camiñar do lado das vítimas".

Pepa a Loba: a ovella máis negra

Raquel Fernández comezou co seu proxecto en marzo de 2020. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Raquel Fernández: “É importante que poidamos ter referentes galegas, non só homes ou mulleres de fóra"

Raquel Fernández é a graduada en Historia que deu comezo á conta de Instagram @mulleresgalegas como unha ferramenta para organizar as súas investigacións persoais sobre distintas mulleres da Galiza, e acabou por convertela nun proxecto de divulgación para dar a coñecer o labor silencioso de moitas destas mulleres que axudaron a construír o país e a nosa identidade nacional. O seu obxectivo é saldar esa débeda que a sociedade contraeu coas nosas devanceiras para que reciban o seu recoñecemento.
Vista aérea do faro de Illa Pancha, 
no concello de Ribadeo.
star
Máis aló de simples sinais marítimos

Faros da Galiza: cultura luminosa

Nunha terra na que a pesca ten un peso especial como sector produtivo e o litoral é elemento identitario de moitas vilas, non é de estrañar que os faros foran gañando interese co paso das décadas. Malia que a Galiza pode presumir de ter o faro romano máis antigo do mundo en funcionamento, hai moita máis historia e atractivo lonxe da Torre de Hércules. Mesmo as autoridades portuarias que xestionan estas infraestruturas caeron na conta do seu potencial turístico e sacaron a concurso dependencias para o seu aproveitamento.

Irse, tal vez fuxir

Veladas todas

Pailebote Constantino Candeira en 1918, no que estivo embarcado o poeta Manuel Antonio.
star
Reportaxes

Camposancos: Labirintos da memoria

A memoria constitúe a columna vertebral da identidade. Os chamados lugares de memoria son unha intersección entre o histórico e o afectivo que acaban erixindo os fitos nos que se apoia a conciencia dun pobo. Nun país cuxa Historia foi escrita, na súa meirande parte, por estudosos que desdeñaron o seu papel, estes lugares deben reconstruírse de xeito que recuperen o seu papel de motores da autoconciencia. A Pasaxe, o porto de Camposancos (A Guarda), pode ser un exemplo de espazo onde se entrecruzan as voces desa Historia. 
Xan Rodiño foi o gañador da xornada. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Xan Rodiño: "Estamos nun momento histórico de mudanzas, como ten acontecido no pasado"

Xan Rodiño é licenciado en Ciencias da Educación e un dos impulsores da Liga Nacional da Billarda, que desde este ano conta con federación deportiva. Coñeceu o fútbol profesional como xogador durante sete tempadas da SD Compostela, tendo adestradores como Arsenio Iglesias ou Fernando Castro. Agora vén de publicar o libro 'Poesicatrices' (Edicións Fervenza) no que mostra a súa esperanza no futuro da humanidade.
mapa estreleira
SOCIAL

Da ‘Guerra do Francés’ ao ‘Nunca Máis’: 35 fitos recollidos nun mapa para entender a Galiza contemporánea

Preséntase este sábado no Museo do Pobo Galego.
Gravado do rei Edgberto de Wessex recollidas nunha crónica do século XII.
Información do Reino

Milia de Wessex, mar por medio

O casoiro de Milia de Wessex e  Rodrigo Romaes explícase no marco dos intensos contactos diplomáticos desenvoltos polos reis galegos diante doutras monarquías europeas.
A profesora de Historia do IES Ricardo Mella de Vigo, Leonor Giménez, co recoñecemento do premio (Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Leonor Giménez: "O alumnado de Historia está intoxicado de tanta información que nada lle sorprende"

A Facultade de Historia do campus de Ourense da USC puxo en marcha este curso académico o Premio 'Xente que fai Historia: Como ensinas Xeografía e Historia?'. Nel, convidábase ao profesorado desta materia de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos galegos a presentar os seus proxectos de ensino máis innovadores. A iniciativa gañadora foi para o proxecto interdisciplinar 'Cartas desde a miña trincheira', da profesora Leonor Giménez, do IES Ricardo Mella de Vigo, que implicou ao alumnado de 4º curso.

Contemos

Meirás, a historia recuperada