historia

A investigadora Xoana Pintos, a terza feira nas xornadas na USC. (Foto: Arxina)
MEMORIA E HISTORIA

Xoana Pintos: "A facultade de Ciencias da USC foi a máis feminizada"

A doutora en Bioloxía da USC Xoana Pintos impartiu esta terza feira a conferencia 'Científicas, invisibilidade e represión franquista' na xornada 'Ciencia e Memoria Histórica Democrática' na facultade de Física da USC. Con tal motivo, Nós Diario conversa coa investigadora sobre o papel das mulleres na universidade durante o século XX.
Mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos. (Foto: Nós Diario).
Unha nova intervención dana un muro do cenobio máis antigo da Galiza

A Deputación de Ourense ameaza o mosteiro de San Pedro de Rocas

A Deputación de Ourense teima en ensanchar a estrada de acceso ao mosteiro de San Pedro de Rocas para que poidan acceder grandes autobuses. O proxecto pon en perigo varios elementos patrimoniais de incalculábel valor arqueolóxico, histórico e paisaxístico dun Ben de Interese Cultural.
Asistentes á IV Asemblea das Irmandades da Fala: 1ª fila: Castelao, Arturo Noguerol, Losada Diéguez e, máis afastado, Antonio Sánchez González; 2ª fila: Ánxel Casal, Antón Vilar Ponte, Blanco Torres, Otero Pedraio e Vázquez Monxardín; 3ª fila: Manuel Antonio, coa súa "paipa", Lustres Rivas, Ramón Vilar Ponte e Xosé María Calviño Mariño. / Fundación Otero Pedrayo
star
Reportaxes

Ásemblea Nacionalista de Monforte: cen anos da odisea galeguista

En febreiro de 1922, unha parte moi importante da historia do nacionalismo galego dilucidouse en Monforte de Lemos. Durante tres días, referentes do galeguismo reuníronse para debater e conformar a constitución dun movemento político, cultural e social que aínda hoxe encadra e vertebra o discurso do nacionalismo. Un século despois, a semente do galeguismo segue a agromar da terra co obxectivo que Castelao manifestou: vencer.
Retrato de María Vázquez no que o seu pai escribiu: "Mestra de Miño, fusilada polos fascistas de Pontedeume o 21 de agosto do 36".
star
Reportaxes

María Vázquez. A mestra na memoria

María Vázquez Suárez foi, segundo as crónicas da época, a primeira muller en falar en público en Miño. Tamén unha persoa comprometida non só politicamente coa II República e as ideas socialistas, que defendía como afiliada á UXT e militante do PSOE, senón tamén como feminista e mestra dunhas nenas ás que ofreceu os máis avanzados métodos educativos do seu tempo. Por todo iso non resulta sorprendente que o seu sexa un deses nomes silenciados, ocultados polo paso do tempo e o accionar do fascismo español, que lle arrebatou a vida en 1936.
 
Expediente consultado no Arquivo Histórico de Protocolos da Coruña. (Foto: Ángel Arcay)
MEMORIA E HISTORIA

As mulleres espontáneas: control e "protección" das embarazadas fóra do matrimonio

O investigador betanceiro Ángel Arcay vén de ser premiado polo seu estudo sobre as "mulleres espontáneas". O historiador, Ana María Romero Masiá e Miguel García-Fernández explican as chaves e a importancia deste concepto xurídico case descoñecido e único na Galiza dos séculos XVIII e XIX. 

Historias e historia

CULTURA

Galería de imaxes da presentación do último ensaio de Francisco Rodríguez

Presentación do ensaio 'Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza', de Francisco Rodríguez. (Foto: Arxina)
'Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza' revisa a historiografía existente

Francisco Rodríguez presenta o seu último ensaio sobre o reino da Galiza

Francisco Rodríguez presentou na cuarta feira, no Museo do Pobo Galego, un ensaio sobre o reino medieval da Galiza  que desvela a ocultación e a manipulación dunha parte esencial da nosa Historia. A obra, de máis de 500 páxinas, reconstrúe o esplendor daquel reino en contra da "manipulación ao servizo de Castela".
 
Restos óseos no xacemento de Adro Vello, no Grove.
CULTURA

A zona arqueolóxica do Adro Vello será declarada Ben de Interese Cultural

A zona arqueolóxica do Adro Vello será declarada Ben de Interese Cultural (BIC), o que na práctica suporá a protección do sobranceiro xacemento grovense. A necrópole foi tamén protagonista no derradeiro pleno municipal, no que se aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG a respecto do conxunto arqueolóxico.
Francisco Rodríguez (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Francisco Rodríguez: "Que Galiza tiña todas as potencialidades para ser unha nación con Estado é unha realidade contundente"

Á volta de 1972, Francisco Rodríguez escribía no seu libro sobre Curros Enríquez que no século XIX e na Baixa Idade Media atopábanse moitas das chaves que explicaban a situación da Galiza. Cinco décadas despois achega unha publicación, Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I A relevancia do reino medieval galego, editado pola AS-PG, resultado de moitos anos investigación, onde percorre a historia do reino da Galiza, cunha especial dedicación aos feitos acontecidos no século XIV. O vindeiro 9 de febreiro presenta no Museo do Pobo Galego, en Compostela, o primeiro tomo da investigación. Na entrevista publicada no semanario "Sermos Galiza" deste sábado -que se vende co Nós Diario- desvendamos algunhas das claves da nova publicación.
Tumba de Afonso VIII no Panteón dos Reis da Galiza, 
na Catedral de Santiago. (Foto: Xan Muras)
star
A relevancia do reino medieval galego

Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza

Sendo inminente a saída do meu libro, Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I A relevancia do reino medieval galego, editado pola AS-PG, agradezo o convite de Nós Diario para falar da súa intención. Exprésoa a través dalgúns parágrafos do seu Pórtico. 
Xosé Velo.
star
Reportaxes

Xosé Velo. Na procura da liberdade

O 21 de xaneiro de 1961, o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) secuestrou o barco Santa María -renomeado como Santa Liberdade- como medida de protesta e presión internacional contra as ditaduras de Franco e Salazar na altura. O ideólogo da operación, Xosé Velo, gañou a posteridade cunha das maiores xestas antifascistas da historia, mais a súa vida, a medio camiño entre a Galiza e Venezuela, dá moito máis de si.
Alberto Núñez Feixoo e Xosé Sánchez Bugallo visitan as novas salas guiados por Manuel Vilar e Justo Beramendi (Foto: Arxina).
CULTURA

O Museo do Pobo Galego abre ao público as primeiras coleccións de 'Historia da Galiza'

A primeira fase do proxecto abrangue desde a Prehistoria ao Reino Suevo e terá continuidade na primavera cunha nova ampliación do espaxo expositivo.
Octavio Beares. (Foto: Manuel Barreiro)
star
Entrevistas

Octavio Beares:"Que autores como Castelao ou Maside se achegaran a Banda Deseñada é moi importante e había que sinalalo"

Octavio Beares é licenciado en Xeografía e Historia e exerce dende hai anos como crítico, divulgador e teórico da banda deseñada. Foi co fundador da revista CuCo, Cuadernos de Cómic e é membro da Asociación de Críticos e divulgadores de cómic (ACDCómic). Vén de publicar o libro A historia do cómic en Galicia onde fai un percorrido ameno e moi didáctico pola historia da nosa BD cunha ollada xeral que abrangue máis de 120 anos e coa que pretende darnos unha visión panorámica da aparición e evolución da novena arte na nosa terra.
Helena Girón tamén dirixiu xunto a Samuel M. Delgado 'Irmandade' e 'Plus Ultra'. (Foto: Helena Girón)
CULTURA

Helena Girón: "O filme xorde da necesidade de pensar como nos relacionamos con referentes históricos"

O filme Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel M, Delgado, suma un novo recoñecemento. Logo de lograr unha mención especial na sección Zabaltegui-Tabakaler do Festival Internacional de Cine de Donostia, fíxose tamén co premio á mellor longametraxe do festival Novos Cinemas de Pontevedra. Entrevistamos a súa directora, Helena Girón.
Xosé Ramón Fernández Oxea e Isabel Algarra.
star
Mapas

Isabel Algarra, galega de Xaén

"Non é galega; pero canto paisano vai á cadea por actividades patrióticas perto da Vila do Oso e Madroño, conta coa súa axuda desinteresada, tenra e heroica. Aos nosos presos non lles falta nunca nada grazas a súa astucia e dilixencia". 
Fotograma de 'Eles transportan a morte'.
'Eles transportan a morte' gaña o Premio Novos Cinemas á mellor longametraxe

Contra a épica da colonización

Reescribir a "conquista" de América, darlles un lugar na Historia ás mulleres, aos pobos, aos desposuídos. Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel Delgado, foi a triunfadora do festival Novos Cinemas de Pontevedra cun relato desmitificador sobre a colonización e a orixe do capitalismo.
Paco Boluda.
CULTURA

Paco Boluda, ilustrador: "Semella que até a chegada dos romanos eramos un salvaxes, e foi todo o contrario"

No ano 2019, o ilustrador Paco Boluda botaba a andar unha obra autoeditada baixo o título de Kallaikos, centrada no mundo galaico. Desde entón, a obra tivo unha grande acollida e chegou a cidades como Río de Janeiro, Roma ou Lisboa.
Un instante da presentación do volume histórico. (Foto: CCG)
MEMORIA E HISTORIA

A asemblea que demandou máis autogoberno para Galiza volve 500 anos despois

O Centro Sociocultural Mingos de Pita, en Melide, acolleu a presentación dunha publicación que documenta a Asemblea de Melide decorrida en 1520, xuntanza que tivo consecuencias políticas no Reino da Galiza.

Cadro "Las cigarreras" de Gonzalo Bilbao.
star
Mapas

"A Terranova"

Non era nin máis nin menos que unha traballadora da Fábrica de Tabacos da Coruña orgullosa do seu oficio e consciente da súa clase. Cando a finais de febreiro de 1833 os responsábeis da factoría decidiron diminuír a carga de traballo e, de facto, reducir os xornais do cadro de persoal non dubidou en pórse á fronte dunha protesta que rematou por converterse na primeira folga de mulleres da historia do movemento obreiro galego.