O Sergas gastará este ano máis de 670.000 euros en cregos para a sanidade pública
Os efectos da política de recortes en sanidade que deteriora e precariza áreas como Atención Primaria, Pediatría, Urxencias ou Psiquiatría non afecta aos servizos relixiosos nos hospitais públicos e concertados de Galiza. A partida para capeláns aumenta ano tras ano: 54.000 euros mensuais en 2019 para pagar salarios e cotizacións aos capeláns que prestan asistencia relixiosa en centros sanitarios públicos.