internacional

salman_the corsair
ORIENTE MEDIO

A Arabia Saudita, o rostro islámico do imperialismo

Desde mediados do século XX, A Arabia Saudita é un dos principais parceiros dos EUA no Oriente Medio. Na rexión compite polo liderado face ao seu rival histórico, o Irán, o que fundamenta a súa asociación tácita con Israel.  Escribimos sobre este país no Sermos Galiza 252. Eis un extracto.

Córsega
INTERNACIONAL

Córsega, o nacionalismo faise grande

En apenas dous anos unha candidatura unitaria do complexo mapa do nacionalismo corso conquistou o goberno da illa (2015) e obtivo 3 dos 4 deputados que se elixían por este territorio para a Asemblea francesa (2017). O 2018 testará a solidez dun proxecto que París non oculta que mira con preocupación.

DAESH ISIS
INTERNACIONAL

Rusia “pode ter matado” o líder do Daesh

O Ministerio de Defensa ruso inicia unha investigación para verificar se Abu Bakr al Bagdadi foi eliminado nun ataque aéreo nas aforas de Al Raqa.

INTERNACIONAL

Cinco candidatos nacionalistas pasan á segunda volta das lexislativas francesas

Por circunscricións de Córsega, Bretaña e Alsacia. A candidatura vida esquerda abertzale, Euskal Herria Bai, logrou 10,4% dos votos en Iparralde.

Parlamento Irán @Tasnimnews_EN
INTERNACIONAL

Ataque terrorista de Daesh contra o Parlamento iraniano e mausoleo de Khomeini

No mínimo sete persoas mortas, se ben hai fontes que elevan o número a doce.

Igancio echeverria
INTERNACIONAL

Prosegue a busca do galego desaparecido no atentado de Londres

Ignacio Echeverría, de 39 anos de idade, naceu en Ferrol e viviu nas Pontes até os 18 anos. Non figura entre as persoas hospitalizadas polo ataque terrorista. 

londres ataques @yankifarbewr
INTERNACIONAL

Daesh reivindica ataque terrorista de Londres

A Policía xa coñece a identidade dos tres atacantes mais non a fará pública de moneto. Hai unha ducia de persoas detidas.

ignacio-ramonet
Ignacio Ramonet

“O auxe da extrema dereita é consecuencia das políticas neoliberais”

Ignacio Ramonet (Redondela, 1943) vén de visitar Galiza para pronunciar unha conferencia na Coruña e para participar nunha homenaxe ao xornalista e escritor Ramón Chao en Vilalba. Director de Le Monde Diplomatique en español e teórico do altermundismo, o experto en xeopolítica reflexiona nesta conversa sobre a actualidade política en Europa, a crise da socialdemocracia e o “imperio da vixilancia”. Publicamos un extracto da entrevista recollida no Sermos Galiza 248.

diwan bretón
INTERNACIONAL

Diwan, as escolas en bretón, fan 40 anos

A primeira abriu en maio de 1977 con 5 alumnos. Hoxe son 46 centros por toda Bretaña e máis de 4.260 alumnos.

londres ataques @yankifarbewr
INTERNACIONAL

Doce persoas detidas polo ataque terrorista de Londres

Dez mortos, entre eles os 3 atacantes, e 48 feridos no atentado. Unha furgoneta atropelou varias persoas na Ponte de Londres e despois houbo acoitelamentos nun mercado próximo, Borough. O ataque prodúcese a poucos días das eleccións lexislativas. É o segundo atentado en Inglaterra en apenas 15 días. A primeira ministra, Theresa May, afirma que cómpre revisar a estratexia anti-terrorista e dar máis poderes ás forzas de seguridade. Hai unha ducia de persoas detidas.

Donald Trump EUA
INTERNACIONAL

Trump retira Estados Unidos do Acordo do Clima de París: “É un mal negocio”

O presidente estadounidense di que quer renegocialo para que "sexa xusto" para os EUA. Nun comunicado conxunto, Alemaña, Francia e Italia xa lle responderon que o pacto non é negociábel.

Irlanda gaélico belfast
INTERNACIONAL

Máis de 12.000 persoas maniféstanse pola oficialidade do gaélico na Irlanda do Norte

O unionismo vetou as demandas e peticións de recoñecemento oficial para a lingua propia da illa.

Banda Bassotti e activistas con poboación de Donbass
INTERNACIONAL

Ucraína acusa Banda Bassotti de terrorismo por facer unha caravana solidaria a Donbass

O goberno de Kiev solicitou a colaboración de executivos europeos para deter e extraditar activistas que tomaban parte nesta iniciativa impulsada polo coñecido grupo italiano de punk-ska. 

cornualles
INTERNACIONAL

A esquerda nacionalista logra 4 escanos nas eleccións en Cornualles

Os conservadores convértense na primeira forza do Concello córnico, desbancando os liberais-demócratas, que gobernaban en coligazón dos independentes.

merkel alemania
INTERNACIONAL

CDU arrebata o seu bastión aos socialdemócratas a catro meses das eleccións federais

O partido de Merkel superou en Renania-Westfalia o SPD, que gobernou este land durante 45 dos últimos 50 anos. A extrema dereita entra no parlamento de Dussedeldorf, do que fica fóra Die Linke.

gales
INTERNACIONAL

O independentista Plaid Cymru afiánzase como segunda forza en Gales

Aumentou a súa representación nunhas eleccións municipais nas que o laborismo seguiu coa súa sangría e a extrema dereita de UKIP perdeu a súa representación neste territorio.

Voto eleccións
INTERNACIONAL

A participación en Francia ás 12:00 é do 28,2%, dous puntos menos que en 2012

Máis de 45 millóns de franceses están chamados a votar na segunda volta das presidencias galas. Todas as enquisas apontan unha vitoria de Macron.

Estados Unidos exército EUA afganistán
INTERNACIONAL

O ex-presidente afgán afirma que Estados Unidos axuda o Daesh

Hamid Karzai asegura nunha entrevista que o grupo terrorista “é un produto estadounidense”.

macron
INTERNACIONAL

O partido de Macron denuncia un “pirateo masivo” de documentación

En Marcha di que é un intento de “desestabilizar” as eleccións francesas como, engade “xa aconteceu en Estados Unidos”.

brunocolombia
COLOMBIA

Bruno Carvalho: “O proceso de paz en Colombia precisa da maior solidariedade internacional”

O xornalista, colaborador de Sermos Galiza, palestrou en Compostela e Vigo no marco do Foro Internacionalista da UPG arredor da situación no país latinoamericano.