internacional

INTERNACIONAL

Os antidisturbios levarán un número de identificación á vista, mais non será o da súa placa

O ministerio de Interior acata as recomendacións da Defensora del Pueblo e colocarao en todas as prendas da policía española, que irá colado cun velcro na parte posterior do uniforme

INTERNACIONAL

Pyongyang revólvese contra as manobras dos USA e Corea do Sur: "á menor provocación, responderemos"

Un comunicado asinado polo Goberno de Kim Jong-un e o Partido dos traballadores declara o "estado de guerra" e advirte a Seúl e Wáshington que "chegou a hora de saldar contas cos imperialistas"

Nicolás Maduro
INTERNACIONAL

Os inquéritos colocan Maduro 22 puntos por diante da dereita

Segundo os datos tirados polo Instituto Vanezolano de Análise de Datos (IVAD), o candidato bolivariano obtería o 53,8% dos apoios fronte ao 31,6% da Mesa de Unidad Democrática encabezada por Henrique Capriles. 

INTERNACIONAL

Continúa o corralito en Chipre: só 300€/día

Voltan a abrir hoxe os bancos chipriotas após 10 días de feche consecutivo. Mas o corralito non se levanta. As restricións para as retiradas de fondos mantéñense. Só se poderá tirar 300 euros en metálico ao día por persoa.

Cantó
INTERNACIONAL

Toni Cantó pergunta por que Arnaldo Otegi ten “facilidades para tuitear desde prisión”

O preso independentista ten unha conta en twitter, @ArnaldoOtegi, que xestionan compañeir@s, amig@s e familiares.@s pres@s non poden ter celular, nin ordenador nin acceso a internet

Palestina
INTERNACIONAL

Israel contra a infancia palestina: máis de 25.000 crianzas detidas

O recente operativo do exército de Israel para deter, baixo acusación de "terrorismo", a 30 crianzas cando estas ían cara o colexio alarmou mesmo a unha parte da sociedade israelí. ONGs denuncian torturas e mesmo abusos sexuais a menores palestinos presos en cadeas de Israel

Alba Saor
INTERNACIONAL

Medra en Escocia o impulso ao 'Si' á independencia

A diferenza de voto entre partidarios e unionistas diminúe a 10 puntos cunha nova enquisa publicada polo Sunday Times que se realizou despois do anuncio da data do referendo. O partido máis valorado é o Scottish National Party.

Laiki bank
INTERNACIONAL

O diñeiro ruso será quen pague o resgate á banca internacional acordado por Bruxelas e Nicosia

Acordo de última hora e de madrugada en Bruxelas entre a UE e Chipre. Os depósitos de menos de 100.000 euros ficarán indemnes, grazas á presión popular e ao voto contrario do Parlamento de Nicosia ás condicións do resgate. O acordado onte supón que o resgate a Chipre  -10.000 millóns de euros- será financiado basicamente polos depósitos superiores aos 100 mil euros. Na práctica, o que se resgatan son os bancos chipriotas e quen asumirá a parte do león da factura será o capital ruso investido na illa mediterránea.

INTERNACIONAL

Cen euros como máximo nos caixeiros de Chipre

A medida pretende evitar a fuga de depósitos para non pagar o 20% da quita. 

Parabéns Escocia!
INTERNACIONAL

NewsNetscotland.com publica o artigo de Pilar Fernández que apareceu esta sexta feira en Sermos Galiza

A nosa colaboradora na sección de Opinión enviaba os parabéns a Escocia polo seu proceso soberanista cunha análise sobre a información nese país.

INTERNACIONAL

Chipre acorda coa 'Troika' unha quita do 20% aos depósitos de máis de 100.000 euros

O goberno chipriota acordou coa Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional, a denominada 'Troika', adoptar esa medida para os depósitos do Banco de Chipre.

Manifesto Galego no Día Internacional do Teatro

Sempre pensei, e así o digo nalgún poema: só somos como nos soñamos cando amamos.  Mais engadiría a isto que só da mao do teatro somos capaces de nos soñar nos outros, ao nos reflectir nas súas personaxes.
Chipre
INTERNACIONAL

Altos funcionarios de finanzas da UE traballan xa coa hipótese de Chipre saír do euro

Segundo a axencia de noticias Reuters, altos funcionarios de Finanzas da Eurozona traballan xa sobre a hipótese de que Chipre saia da zona euro.

INTERNACIONAL

TVE traballa nun especial sobre a abdicación do Borbón

Un erro da canle pública española permite o acceso en aberto a un documento en linguaxe XML que repasa a biografía do Rei e leva por título Abdicación del Rey Juan Carlos. 

Anuncio da data do referendo en Escocia
INTERNACIONAL

18-9-2014: referendo en Escocia

A axenda autodeterminista en Europa xa ten unha data riscada en vermello no calendario. O referendo en Escocia, pactado por Londres e Edimburgo, será o 18 de Setembro de 2014. O SNP, partido que goberna con maioría absoluta, pide o voto a prol da independencia.
Marcha en solidariedade cos presos kurdos
INTERNACIONAL

O líder curdo Abdullah Öcalan chama a un cesamento ao fogo da guerrilla

O dirixente do PKK (Partido dos Traballadores de Curdistán) fixo desde prisión un chamamento aos combatentes para que “que calen as armas e falen as ideas” advogando por unha solución "política" para o conflito 
Chipre rescate
INTERNACIONAL

Comezan as represalias: O BCE ameaza con cortar o crédito a banca chipriota a terza feira

O Banco Central Europeo di que a partir do 26 cortará a financiación de emerxencia. Nicosia recoñece que sen esa inxección o seu sistema bancario non durará unha semana
manifestación presos
INTERNACIONAL

O Estado español amaga con se rebelar contra o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos pola 'Doutrina Parot'

España xoga ao alarmismo: derrogar a Doutrina Parot deixaría libres a centos de “violadores, terroristas e asasinos en serie”. O ministro do Interior español insinúa que non cumpirrá o fallo do Tribunal de Estrasburgo se anula dita doutrina. o Tribunal iniciou a súa deliberación sobre esta medida de excepción aplicada polo Estado español
China
INTERNACIONAL

Cambio de garda e de modelo en China

Tempos de cambio en China. A grande factoría do planeta dá síntomas de esgotamento. O novo liderado colectivo ao fronte do Partido Comunista aposta en pasar do Made in China ao Created by China. A man de obra abundante e barata xa non garante o crecimento exponencial do PIB. O investimento en tecnoloxía avanzada e en actividades de alto valor engadido é o horizonte. Un informe do Igadi, ao que tivo acceso Sermos Galiza, dá as chaves da mudanza.
Chipre
INTERNACIONAL

Chipre: unha semana máis de corralito

Até a vindeira terza feira @s cidadáns chipriotas non poderán retirar diñeiro dos seus depósitos bancarios. Unha confiscación sen precedentes na UE. Chipre negocia unha saída rusa á crise. E a igrexa ortodoxa chipriota fixo aparición en escena