internacional

Victor Jara
INTERNACIONAL

Juiz chileno ordena prender 8 ex-militares pelo assassinato de Víctor Jara

A resolução judicial acusa dois ex-oficiais como autores do crime de homicídio qualificado e outros seis como cúmplices. Victor Jara foi detido o dia depois do golpe de Pinochet . O seu corpo apareceu com 44 impactos de bala e as mãos mutiladas, abandonado num terreno.
Evo Morales
INTERNACIONAL

Bolivia expropia catro filiais de Iberdrola para garantir a igualdade de tarifas e subministración en todo o país

O presidente de Bolivia, Evo Morales, vén de decretar a nacionalización de catro filiais de Iberdrola. Unha decisión adoptada para garantir, sinalou o presidente boliviano, a igualdade e equidade en tarifas e acceso á electricidade entre toda a cidadanía independentemente do lugar do país onde more. Algo que non se garantía coa empresa española
INTERNACIONAL

Deputad@s do PP de Madrid xogan ao 'Apalabrado' namentres o partido privatiza hospitais

Unha imaxe difundida pola prensa española permite ver claramente o taboleiro de xogo durante o pleno extraordinario da Lei de medidas fiscais. Cómpre destacar que os cargos d@s dúas parlamentares están vinculados á Acción social. Amb@s pediron desculpas nas súas contas do Twitter empregando unha coñecida fórmula: "no volverá a ocurrir''
INTERNACIONAL

O PP de Madrid privatiza 6 hospitais e impón o repagamento dun euro por receita

A maioría absoluta da formación conservadora saca adiante a Lei de medidas fiscais e administrativas sen considerar ningunha das 200 emendas presentadas polos grupos parlamentares da oposición. A taxa dun euro por receita aplícase en Catalunya desde xuño e o Goberno español recorreuna perante o Constitucional
Noam Chomsky
INTERNACIONAL

Noam Chomsky: “A situação dos media na América Latina é um escândalo"

Nesta entrevista a Tiempo Argentino, Chomsky reflecte sobre o problema da concentração dos media na América Latina, sobre os movimentos (Occupy e outros) que vêm dando sinais de potencial mudança na sociedade dos EUA, sobre a importância relativa das “redes sociais”. –
caviar e champán
INTERNACIONAL

FMI celebra o Nadal cun xantar austero: 380.000 euros en ostras, caviar e bebida a eito

Catro páxinas de menú. O xantar de Nadal ofrecido polo FMI en Washington tivo de todo menos austeridade, esa regla que o Fondo pregoa e impón para estados e países: Caviar, ostras, bebida a discreción e cociña típica de cinco países conformaron parte da mantenta da festa que reuniu aos e ás funcionarias deste organismo, alén de convidad@s de prestixio
Borbón
INTERNACIONAL

O discurso de El Rei, o menos visto da historia malia ser emitido por 25 canles

A mensaxe de Nadal do rei español, emitida por 25 canles de TV, foi visto por menos de sete millóns de espectadores. O peor dato desde que se miden as audencias desta comparecencia do Borbón. Aliás, e nos 10 minutos de intervención do monarca, reduciuse o índice de consumo televisivo.
INTERNACIONAL

O 51% votaría 'si' a unha Catalunya independente

Un inquérito difundido este domingo polo xornal Ara confirma os datos de sondaxes realizadas nos últimos meses: a consulta gañaríana @s que están a favor dun estado propio, e as dúbidas da poboación xiran ao redor da posibilidade de seren expulsad@s da UE, información difundida polo Goberno español nos medios de comunicacións afíns e que foi refutada pola propia Comisión europea: "a lexislación internacional non di nada que se pareza a iso"
INTERNACIONAL

O EZLN reaparece: 50 mil persoas mobilízanse en Chiapas

Nun breve comunicado, o Subcomandante Marcos advirte ao goberno do PRI que encabeza Peña Nieto: 'Ouviron iso? É o son do seu mundo derrubándose'. A demostración de forza d@s zapatistas paralizou o tráfico en San Cristóbal de las Casas durante máis de seis horas
INTERNACIONAL

Irrompen no sorteo da Lotaría para berrar pola sanidade pública e contra o ERE en Telemadrid

Pola volta de dúas ducias de persoas aproveitaron a retransmisión en directo do sorteo para sentaren entre o público do Teatro Real da cidade española. No intre en que cantaron o primeiro premio, erguéronse lucindo batas brancas contra a privatización ou unha copia ampliada do décimo 00925, o número de empregad@s que irán á rúa co ERE do PP madrileño
Galiza

Miguel Fernández Lores, "O Premio Intermodes vén apoiar o noso modelo de cidade alternativa e contemporánea"

A cidade de Pontevedra vén de ser galardoada pola súa política de mobilidade co premio Intermodes, outorgado pola axencia que traballa ao amparo da Unión Europea.  O alcalde Miguel Fernández Lores explica o modelo alternativo que o goberno municipal defende e que transformou a cidade para a deseñar á medida da veciñanza. Suma un recoñecemento aos xa recibidos que están a converter a cidade do Lérez nun modelo de urbanismo. 
pacto ciu erc
INTERNACIONAL

CIU e ERC asinan un acordo "para cumpriren co mandato do pobo"

Artur Mas (CIU) e Oriol Junqueras (ERC) rubricaron un acordo para a gobernabilidade de Catalunya en que se contempla de forma explícita convocar un referendo pola independencia en 2014. Mas sinala que este pacto procura "cumprir a vontade do pobo", mentres que o voceiro de Esquerra convida de xeito explícito a Iniciativa e CUP a partillar o proceso
INTERNACIONAL

CiU e ERC selan o acordo: a consulta será en 2014

O presidente en funcións de Catalunya e líder de CiU, Artur Mas, e o líder de ERC, Oriol Junqueras, veñen de pechar un acordo de gobernabilidade que implicaba o compromiso de lle por data ao referendo sobre autodeterminación
INTERNACIONAL

Bruxelas pide ao goberno español que retrase aínda máis a idade de xubilación

A Comisión Europea parabenizou esta terza ao executivo presidido por Mariano Rajoy por retrasar a idade de xubilación aos 67 anos, mais ínstalle a profundizar máis nesa liña
moore
INTERNACIONAL

A Casa Branca repite o mesmo discurso en cada matanza sen controlar o mercado das armas

Obama, Bush e Clinton. Tres presidentes e o mesmo discurso despois de matanzas multitudinarias mais ningunha medida de control e limitación do mercado de armas, cada vez máis libre. O cineasta Michael Moore -autor de Bowling for Columbine- ven de pendurar na súa conta de twitter unha montaxe con fragmentos das intervencións dos tres dirixentes americanos.
adopción
Galiza

A crise fai descender á metade as solicitudes de adopción internacional

A crise estase deixando sentir tamén nas solicitudes de adopción internacional que caíron á máis da metade desde o 2004. Os datos da Consellería de Traballo e Benestar recollen 683 solicitudes nese ano fronte ás 302 do 2011. Para o peche deste ano prevese un descenso aínda maior xa que a cifra do primeiro semestre recolle só a presentación de 114 solicitudes.
Manifestación en Portugal
INTERNACIONAL

Portugal sai à rua contra os cortes nas maiores manifestações após o 25 de Abril

Em Lisboa mais de 100.000 pessoas e igual número no Porto, além de mais de trinta protestos ao longo do pais. Portugal saiu à rua, mais uma vez, e desta volta com inusual força para amostrar o protesto pelas medidas impostas pela troika e contra os cortes do Governo.
Anacos, de X. Baños
Galiza

"Anacos" de Xacio Baños, premiada no Festival de Cine Internacional de Cartagena

A curta "Anacos", de Xacio Baños, ven de ser recoñecida co premio Carabela de Plata ao mellor filme no concurso de curtametraxes do Festival Internacional de Cine de Cartagena. Súmase ao premio especial de xurado no Festival de Cine Español de Málaga, a mención especial do Xurado do Festival Internacional das Palmas e o de mellor guión no Cortocircuito de Compostela.
INTERNACIONAL

O masacre de Connecticut leva ao primeiro plano o libre mercado das armas nos EEUU

O asasinato de 26 persoas, vinte delas menores de entre 5 e 10 anos, por parte dun mozo de vinte anos nun colexio de Connecticut abre de novo o debate silenciado na recente campaña electoral americana. Case a metade das casas americanas teñen armas.
Protesta estudantil en Portugal
INTERNACIONAL

Uma multitudinária manifestação em Lisboa dirá não às políticas do governo luso

A CGTP-IN convoca para este sábado uma mobilização em Lisboa contra os orçamentos 2013 e as medidas apresentadas nestes últimos dias pelo governo de coalizão português. Entre elas, a redução da indemnização por despedimento de 24 para 12 dias por ano trabalhado.