libro

Couto, Rosón, Domínguez, Varela, Alvarellos e Lourenzo, na presentación de onte.
Premios Follas Novas

O sector do libro prepara a súa gran festa

Os galardóns de honra serán entregados a Ediciós do Castro, á libraría Númax de Santiago e á escritora mexicana Lydia Cacho.
'Non temerás os coches amarelos' é a primeira novela de Marta Villar. (Foto: Cedida)
Contracultura

Marta Villar: "Parece que canto máis avanza o feminismo, con máis violencia reaccionan os homes"

A xornalista Marta Villar vén de publicar 'Non temerás os coches amarelos' (Xerais), a súa primeira novela. Nesta conversa, expón as distintas temáticas presentes no libro, así como o papel do xornalismo na actualidade e mais o debate en relación á neutralidade na profesión xornalística.

Discreción

Noa Díaz, deputado do PSdeG.
POLÍTICA

PSdeG reclama a Xunta axudas para o libro galego

Noa Díaz critica o “desleixo, despreocupación e falla de apoio” por parte do Goberno galego ao sector do libro.

 

Maurizio Polsinelli é coñecido pola súa vertente musical no dúo 2naFronteira. (Foto: Eduardo Irago)
Contracultura

Maurizio Polsinelli: "Díaz Castro colocou Galiza no meu mapa conceptual inoculando a necesidade da beleza"

Maurizio Polsinelli, músico de orixe italiana, vén de dar un empuxón á súa vocación poética coa publicación de 'O deber do lume' (Medulia). Polsinelli repasa as lembranzas que compoñen esta obra e a inspiración que atopou entre algúns poetas en lingua galega: “Podo dicir con seguridade que Díaz Castro colocou Galiza no meu mapa conceptual porque é quen de inocularte na forte necesidade de beleza”, salienta.
T. S.. Eliot.
star
CULTURA

T. S. Eliot, a mística do vangardista

Kalandraka vén de publicar, en tradución ao galego de Martín Veiga, os 'Catro cuartetos' de T. S. Eliot, un libro fundamental na historia da poesía que serve para entender, tamén, a sociedade caótica e desorientada dos nosos días. A última das súas grandes obras combina o sentido místico do poeta cos recursos de vangarda que contribuíro en gran maneira a transformar a poesía do século XX.
O escritor Xosé Monteagudo (Foto: S. G.).
star
Libros

Reconstruír a memoria

‘O reiciño de Galiza’ adapta ao cómic un relato orixinal de Victor Hugo (Foto: S. G.).
star
Libros

A traizón a un rei ten un prezo

O poeta de celanova Baldo Ramos, que vén de publicar 'Criptografías' e 'As aldeas da memoria'. (Foto: Santos Díez / AELG)
star
Análise

Poética con imaxes da autenticidade

Xoán Carlos Domínguez Alberte é profesor de ensino público e escritor.

Un hotel de primeira?

MIguel de Lira na presentación de 'Chévere. Trinta e cinco anos de axitación cultural'. (Foto: Kalandraka)
CULTURA

Xa se coñecen os finalistas dos Premios Follas Novas

O libro sobre a historia da compañía Chévere acada tres candidaturas.
O autor do poemario, Fran Alonso.
star
Libros

Xogo, fatiga e introspección

Analizamos 'Poemas inmóbiles de movemento estático', de Fran Alonso.
A escritora francesa Annie Ernaux.
star
Libros

O corpo aberto

Analizamos a novela curta 'O acontecemento', de Annie Ernaux.
Varias persoas len nunha das casetas da Feira de Boloña.
star
Día da Literatura Infantil e Xuvenil

Censuras na literatura para nenas e nenos

Cada vez é máis frecuente que aparezan nos medios de comunicación polémicas vencelladas á persecución de temas que poden resultar controvertidos na literatura dirixida á infancia e á xuventude. Xa sexa por cuestións de linguaxe 'politicamente correcta' ou por casos evidentes de censura moral e política, a edición de libros para nenos e nenas é o obxecto de discusións que reflicten os termos nos que se dá o debate político 
na sociedade actual.  
 
Joseba Sarrionandia en Vigo, o pasado 21 de marzo, Día da Poesía.
star
Entrevistas

Joseba Sarrionandia: cultura contra a globalización

Joseba Sarrionandia é un dos autores máis prolíficos e máis recoñecidos da literatura vasca. Formado en Filoloxía e Socioloxía, é autor dunha obra ampla na que collen poesía, narrativa, ensaio e literatura infantil e xuvenil, e recibiu infinidade de premios polo seu traballo. Kalandraka traduce agora a súa última obra: 'Unha volta ao mundo', un libro ilustrado polo artista cubano Ares no que se reproduce o diálogo entre unha profesora de Historia e a súa neta sobre a viaxe de Elcano arredor do mundo. Un conto que, en realidade, invita a revisar os relatos oficiais e a incentivar o espírito crítico ante calquera discurso.
O 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Abril, mes de libros

David Otero é escritor.
A escritora recolle no libro algunhas críticas aos valores humanos dominantes na actualidade. (Foto: Cedida).
Contracultura

María Reimóndez: "O mundo vexetal, que non entendemos, ten unha visión da existencia distinta á nosa"

María Reimóndez, escritora e tradutora, vén de publicar o libro 'Multitudes' (Xerais), que continúa a historia dos seres completos que protagonizaron Cobiza. Nesta conversa, Reimóndez refírese a esta fusión entre a realidade humana e o mundo vexetal, así como ás causas dunha distopía que pouco a pouco vai abríndose cara a unha nova realidade. Defende que a novela achégase á esperanza.

35% LIX

Unha novela desapercibida

Detalle da capa de 'Xente ao lonxe'.
star
Libros

Eduardo Blanco Amor e a renovación da novela galega