Unha maternidade que non se idealice nin se estigmatice. A artista viguesa Andrea Costas Lago afonda nunha experiencia biopolítica que viviu como unha "revolución existencial" e que pode servir para revisar o papel simbólico da maternidade na sociedade actual.
Desapego está integrado por un conxunto de pezas (imaxes fotográficas, vídeos e instalacións) nas que a artista reflexiona sobre a experiencia da maternidade propia dende un punto de vista non idealizado, deixando constancia das contradicións e desafíos que supón esta oportunidade ofrecida pola vida para cuestionarse e medrar.
A Cidade da Cultura, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco) e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) achegan novas exposicións. No Museo Centro Gaiás o público poderá ver máis de cen obras desde o século XVIII até a actualidade.
As preocupacións das novas xeracións de artistas poden verse agora na exposición 'Future Stories', no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, unha mostra na que a identidade, a memoria, a condición feminina, as fronteiras entre o dixital e o real, ou a preocupación polo medio natural protagonizan o discurso plástico.
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo exhibe, até o vindeiro 16 de outubro, unha exposición de Francisco Leiro centrada en obras que teñen a figura humana como tema principal. Sen ser unha retrospectiva, a mostra permite observar a evolución do artista, así como a fidelidade aos seus principios estéticos.