Mariano Raxoi

Rajoy
POLÍTICA

Os papeis de Bárcenas rexistran pagamentos a Rajoy

O diario El País publica hoxe as anotacións do ex tesoureiro Luís Bárcenas. Do seu contido tírase que o presidente do PP e do Goberno, Mariano Rajoy, recibiu pagamentos en negro por valor de 25.200 euros anuais durante 11 anos. Moncloa afirma que o diñeiro era limpo e que foi declarado.
Rajoy en Perú con Humala
Mundo

Parabéns de Rajoy ao Goberno cubano

O presidente do Goberno español sofre un lápsus e agradece ao "Goberno cubano do Perú" as súas contribucións, nun acto co presidente do país, Ollanta Humala.
Rajoy
POLÍTICA

Mariano Rajoy limita a súa intervención sobre o caso Bárcenas a 7,5 minutos

O presidente español comparecerá no Congreso para dar explicacións sobre os sobresoldos pagados por Bárcenas, porén, limitou o tempo das súas respostas a través da escolla dunha sesión de control ao goberno en troca dunha sesión plenaria extraordinaria.
Galiza

Rajoy decide investigarse a si propio nun proceso en que non declarará Bárcenas

A tesoureira do PP Carmen Navarro instruirá unha investigación interna arredor das contas do partido. O PP xa non desbota que houbese pagamentos en negro. Mais da investigación exclúese a quen podería deitar luz sobre ela: a Luis Bárcenas.
Galiza

Feijóo avala a "honestidade" de Rajoy pese a que o presidente do PP non denunciou os manexos de Bárcenas

No congreso do PP galego que o reelixiu esta mañá como presidente co 98,7 por cento dos votos, Feijóo saiu en defensa de Rajoy. Cualificouno de "político honrado a carta cabal", precisamente cando se sabe que Rajoy non denunciou os pagamentos en negro que realizaba o seu tesoureiro, Luis Bárcenas.
POLÍTICA

Rajoy non explica por que Bárcenas continúa a ter despacho en Génova

Elusivo como sempre, Rajoy bota man da ironía para despachar as primeiras perguntas sobre os pagamentos en negro a funcionarios e dirixentes do seu partido. "Sobresoldos no PP? Si, home", contestou aos xornalistas en Almeria.
Rajoy
POLÍTICA

Mariano Rajoy: "Cantos non galegos terían tomado estas decisións?"

O presidente do executivo español cae nos tópicos cando intenta gabar a súa xestión de goberno nunha entrevista concedida ao Financial Times.
Dúas persoas foron levadas a comisaría para seren identificadas
SOCIAL

Rajoy visita Compostela entre protestas

Acto condecoración Albor en Fonseca
POLÍTICA

Protestas contra Rajoy e Feijóo en Compostela

Un Rajoy nervioso non quixo responder á preguntas da prensa no acto entrega da medalla da Gran Cruz da Orde de Isabel La Católica ao ex-presidente da Xunta, Fernández Albor. No exterior, a Plataforma de afectad@s polas Preferentes de Compostela e Ferrol berraban consignas contra os que consideran culpábeis da súa situación.
Lores
POLÍTICA

O alcalde de Pontevedra planta a Rajoy e Feijóo na súa visita á cidade

Miguel Anxo Fernández Lores asegura que "na situación actual, non temos nada que celebrar".
Galiza

Do "típicamente gallego" Rajoy ao "nada gallega" Elvira Fernández

A revista Yo Dona elabora o que califica de 'retrato íntimo de la primera dama española', Elvira Fernández, compañeira de Mariano Rajoy. A revista califícaa de "pasional, directa y nada gallega". Máis un tópico no que conflúen desde machismo, a caspa e españolismo para non pouc@s usuari@s das redes sociais.
Rajoy e Mas
Països Catalans

Mas quere unha reunión con Rajoy para lle demandar oficialmente facer o referendo

O goberno catalá quere unha reunión co presidente español, Mariano Rajoy, para lle prantexar de forma oficial o poder facer o referendo de autodeterminación.  Rajoy, que recoñeceu que en Catalunya hai un "problema político", sinalou estar disposto a entrevistarse con Artur Mas "cando el queira, como sempre". Iso si, o marco, sinalou o presidente español, será o da Constitución española.
ECONOMÍA

O recibo da luz subirá "o duplo ou o triplo" do que dixo Rajoy

Facua informa de que o incremento adicional procederá da portaxe progresiva da electricidade, que encarecerá o recibo nun 3% de media, e nun 7,4% para os fogares que teñan un consumo meirande. O Goberno español anunciou unha suba do 3% a partir de xaneiro
Rajoy
ECONOMÍA

O grupo Prisa presiona a Rajoy posicionándose a prol do rescate

O anuncio da saída de Mario Monti e a chegada de Silvio Berlusconi de novo á política fixo tremer --após semanas-- os mercados financeiros da eurozona. O aumento da prima de risco esperta as voces que demandan a solicitude dun rescate financeiro, entre elas o grupo Prisa.
Rajoy
INTERNACIONAL

Rajoy enrócase en que a Constitución "non se toca"

O presidente do goberno español, Mariano Rajoy, manifestou no acto oficial de conmemoración da aprobación da Constitución española, que a Carta magna "non se toca" e que está "plenamente vixente". Un afirmación realizada na tradicional recepción no senado na que non tomaron parte @s deputad@s nacionalistas de Galiza, Euskal Herria e Catalunya nin @s representantes de IU
Protesta diante de Novagalicia Banco
ECONOMÍA

Concentracións do BNG denuncian "o espolio do aforro galego" coa complicidade de Feijóo e Rajoy

@s nacionalistas realizaron concentracións diante das sedes de Novagalicia Banco en Vigo e A Coruña.
vellos
ECONOMÍA

O goberno de Rajoy anuncia que non pagará @s pensionistas a suba do IPC

As pensións subirán só un 1% en 2013, un 2% as inferiores a mil euros. Mais a inflación pechou en novembro rozando o 3 por cento.
Mariano Rajoy
POLÍTICA

Un ano de duros recortes e forte resposta social tras a vitoria de Rajoy

Esta terza feira cúmprense 365 días da vitoria electoral de Mariano Rajoy. Durante este ano os incumprimentos do seu programa electoral marcaron o arranque da lexislatura, porén o primeiro ano de mandato tamén estivo protagonizado polas masivas respostas sociais ás políticas do seu executivo.
Entrega Orzamentos xerais do estado no Congreso
INTERNACIONAL

Rajoy saca adiante os orzamentos estatais adimitindo só 7 das 3.771 enmendas presentadas

Após tres semanas de debate parlamentario no Congreso, os orzamentos xerais do Estado pasan ao Senado, tras sacalos adiante o PP na Cámara baixa. O Partido Popular aceptou só 7 das perto de 4.000 enmendas presentadas
Mariano Rajoy
SOCIAL

Rajoy anuncia nun acto de campaña en Catalunya unha moratoria nos desafiuzamentos

O presidente do goberno español, Mariano Rajoy, aproveita un acto de campaña en Catalunya para avanzar algunhas das cuestións que poderia abranguer a nova norma. Porén, esta non posuirá carácter retroactivo e non será de aplicación nos casos que xa se estean a tramitar. Aliás, o anuncio prodúcese despois da aprobación no Consello de Ministr@s dunha nova norma pola que se axilizaban aqueles desafiuzamentos por aluguer aos 10 días após a sentenza.