medio ambiente

Deceas de persoas baixo o alumeado de Nadal de Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

Adega advirte da pegada no medio ambiente do consumismo no Nadal

Ofrece un manual para unhas festas "máis verdes".
O informe do UNEP deste ano puxo o foco no transporte marítimo e aéreo de bens e de persoas. (Foto: ONU)
Informe anual sobre emisións do Programa da ONU para o Ambiente

A 'recuperación verde' da pandemia podería diminuír a velocidade do cambio climático

Non lle restan moitas oportunidades á humanidade para asegurar a súa supervivencia no vindeiro século. O cambio climático acelérase coa acción humana, con consecuencias que farán case inhabitábel o planeta. Só a acción desde os Gobernos pode reverter a situación, e no regreso a 'outra normalidade' pode estar a chave.
serra iribio danos parque eolico 2
SOCIAL

A sentenza do Iribio apunta ao "o amplo baleiro legal" en materia ambiental na Galiza

As entidades ambientais agrupadas na plataforma Salvemos O Iribio agardan que a sentenza que anula a aprobación da Xunta do parque eólico sente "precedente xurídico".
serra iribio danos parque eolico 2
SOCIAL

O TSXG anula a autorización da Xunta ao parque eólico do Iribio

En tres sentenzas diferentes estima os recursos presentados polo ecoloxismo galego e sostén que o proxecto contravén a lei vixente.
O profesor de Filosofía e creador do Proxecto a prol dun monte vivo, Rafael Saco. (Foto: Nós Diario)
Rafael Saco, profesor no IES Félix Muriel, fala do seu proxecto escolar

Rafael Saco: “Debemos seguir vinculando a educación coa situación medioambiental”

Rafael Saco, profesor de Filosofía no IES Félix Muriel de Rianxo e creador do Proxecto a prol dun monte vivo, explica as características da iniciativa e opina sobre a importancia de crear conciencia no que á realidade medioambiental se refire. Saco expón que se trata dun proxecto escolar de carácter interdisciplinar que se está a levar a cabo no seu instituto desde o curso pasado en colaboración coas mancomunidades da zona.  
Turismo rural (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Un nadal no rural

A pandemia provocou unha diminución considerábel nas viaxes de lecer. Quer por medo quer por precaución, agora máis que nunca estase a procurar a seguridade e a tranquilidade que as grandes cidades e os destinos turísticos convencionais non ofrecen. As casas rurais semellan a mellor opción á hora de elixir o lugar onde pasar as vacacións. O rural simboliza illamento, natureza, espazo aberto, aire limpo e pouca xente. É o sitio perfecto onde pasar tempo en familia ou con amizades evitando as aglomeracións.
Arroaces (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Viaxe á biodiversidade mariña

A riqueza das augas galegas é unha gran descoñecida. De feito, o océano como ecosistema é, sen dúbida, a parte máis ignorada do noso planeta. Isidro Mariño embarcouse en 2011 nunha empresa que pretende mitigar esa ignorancia e mostrar algúns dos tesouros da costa de Galiza. Mariño é o capitán e patrón do Chasula, un barco de pesca de 1959 que desde hai nove anos organiza diferentes rutas polo mar de Arousa para observar aves e mamíferos mariños, principalmente, pero tamén para coñecer a xeografía, a xeoloxía e outros moitos aspectos socioculturais e medioambientais das rías e do mar aberto.

Avea (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Natureza na pel: cosmética natural feita na Galiza

Fortalecer o cabelo con pementos de Padrón, tomar un relaxante baño de mel, hidratar o rostro con algas, protexer os beizos con caléndula ou rexenerar a pel con drago son algunhas das propostas de coidado e benestar das firmas galegas de cosmética natural. A oferta é moi variada e cada proxecto é diferente, mais todos eles conxugan natureza, tradición e innovación para producir unha cosmética sustentábel, ecolóxica e de proximidade.
Pardela escura (Foto: Xabier Vazquez Pumariño).
star
Reportaxes

Estaca de Bares: paraíso ornitolóxico

Estaca de Bares é, case sen dúbidas, o mellor lugar de Europa para ver aves mariñas. Por alí pasan cada outono máis dun millón de aves dunhas 50 especies diferentes: un dos maiores espectáculos que a natureza ofrece ao paxareiro afeccionado e ao ornitólogo experto. Cada ano pasan tamén por alá moitas persoas afeccionadas á ornitoloxía de todos os recunchos de Europa. Mais non é só unha cuestión de turismo. Se cadra, xuntos, aves e ornitólogos, están contribuíndo sen sospeitalo a construír un futuro máis sustentábel.
Comuneiras de Pinzás xunto coas vacas vienesas (Foto: Gustavo Rivas)
star
Reportaxes

Sementando alternativas: a loita contra o deserto verde

Nas últimas décadas a expansión do eucalipto no monte galego non dá visos de deterse. Malia as consecuencias medioambientais que isto ocasiona, este proceso foi amparado polas institucións co argumento de ser unha fonte de riqueza para un rural cada vez máis abandonado. Plantándolle cara ao modelo, moitos colectivos e comunidades de montes están demostrando que outra xestión do territorio é posíbel para crear riqueza e ser sostíbel ecoloxicamente. 
O oso é un dos animais dos que máis lendas se contaron e tamén dos que menos quedan. (Foto: Cosme Damián).
star
Reportaxes

Fauna que fala: Historias da ollada humana sobre os animais

O desexado desconfinamento descóbrenos paisaxes coñecidas que se presentan novas, cheas de luz no solleiro da liberdade recuperada. Nesas paisaxes, neses ecosistemas sostidos por forzas miúdas de valor universal aniñan, crían, voan e nadan estes animais obxecto de lenda, sabedoría e relato na intrahistoria da explicación ao inexplicábel en tempos pasados. Os animais salvaxes como corpo para os conflitos, amores, sucesos históricos e explicacións climáticas de todo aquilo por onde voltamos a pasar os ollos na saída do fogar. Sermos Galiza fala con tres expertas no natural –e no romance biolóxico da lenda– arredor da convivencia e historias cos animais que poboan a Galiza.
388 repor 2
star
Reportaxes

Materia Viva: Salgado e Liñares

A sustentabilidade estase a converter nun elemento fundamental da arquitectura contemporánea. Búscanse edificacións que consuman moi pouco ou mesmo que sexan totalmente autónomas. Mais hai quen vai alén disto e trata de alcanzar tamén o equilibrio ambiental e dos materiais, con intervencións que alteren a paisaxe o mínimo e construcións con materiais naturais e renovábeis como a madeira. 
O lobo (dereita) é unha das especies emblemáticas da biodiversidade galega
star
Reportaxes

A caza en tempos de pandemia

Considerar a caza para controlar danos na agricultura como actividade esencial, en plena pandemia, é unha decisión cando menos controvertida. Martiño Nercellas Méndez, biólogo e vogal de biodiversidade da asociación ecoloxista Adega, analiza as evidencias científicas do uso da actividade cinexética para controlar a biodiversidade e as problemáticas concretas na Galiza, que se move entre os peores indicadores de protección da natureza do Estado.
Glenfeshie
star
Reportaxes

En Extinción: a biodiversidade galega ameazada

Moitas especies que hoxe existen, mañá poderían non facelo. A perda da biodiversidade é outra das grandes amezas que en materia ecolóxica afronta o planeta, con especial impacto a nivel local. As causas da diminución das poboacións son case sempre a acción humana, a través de diferentes manifestacións, especialmente co incremento da temperatura global. Ofrecemos un repaso dalgunhas destas especies en perigo de extinción na Galiza, que, de seguirmos a tendencia actual, poderían converterse axiña en pouco máis que carne de lembranza.
capa-oscar villán
star
Reportaxes

Ecodesafíos: por unha transición ineludíbel

2019 foi un ano marcado pola presenza inexorábel da crise climática, materializada nas protestas dos Venres polo futuro ou o Movemento Galego polo Clima. A emerxencia mantense en 2020, coa evidencia da transición ecolóxica como un dos principais desafíos que verá este século. Inauguramos década cunha previsión, da man das tres principais asociacións ecoloxistas con actividade na Galiza (Adega, Verdegaia e Greenpeace), dos puntos que van marcar a axenda en materia ambiental, conectados no fráxil equilibrio dun ecosistema do que, non o esquezamos, formamos parte. 
Manuel Gallego (Foto: Iago Valverde).
star
Entrevistas

Manuel Gallego: sobre o esencial

Como cada mañá, Manuel Gallego acode  ao seu estudio da Coruña. Aos seus 84 anos segue, xunto aos seus colaboradores, deseñando edificios para o futuro. Atarefado, pensado nas novas obras, mantense activo. Sendo un dos máis recoñecidos da profesión, continúa a traballar coa modestia dun artesán que fai simplemente o que mellor sabe facer.

star
Andar e Ver

De Chanteiro a Ares

Propomos un percorrido a pé pola beira norte da ría de Ares, un tramo de cantís en granitos, xistos e lousas coas formacións típicas deste tipo de rochas que acadan en varios puntos máis de 50 metros de altura.
 
394 Andar e Ver
star
Andar e Ver

Primavera desde a fiestra

Isto que ides ler foi escrito o ano pasado por estas datas, cando tiven que pasar uns días acompañando unha persoa da familia nun hospital e, a maiores de todas as cousas que se fan para encher as longas horas de permanencia neses lugares, dediquei moitas a contemplar a natureza.
391 Andar e Ver
star
Andar e Ver

O foxo de Entrecabezas na terra de Viana

Os foxos de lobos, construcións para atrapar e matar estes animais, son relativamente comúns nas montañas galegas, norte de Portugal e zonas limítrofes.
392 Andar e Ver
star
Andar e Ver

Paseo fluvial e literario polo río Madanela

O concello de Vilalba atópase no centro-norte da Terra Chá, entre a chaira e as serras do Xistral e A Carba.