medio ambiente

star
Andar e Ver

O litoral de Sanxenxo

O  concello de Sanxenxo conta con 36 quilómetros de costa, nas rías de Pontevedra e Arousa, así como no mar aberto, con importantes valores naturais, especialmente na enseada do Umia e nos cantís e praias entre A Lanzada e Portonovo. 

390 Andar e Ver
star
Andar e Ver

O Monte Lourido

As parroquias homónimas da Ramallosa ven pasar o Miñor xusto no treito final do río. Ao sur está Santa Cristina; ao norte, San Pedro da Ramallosa, na marxe dereita. De sempre foi unha zona intensamente poboada, ao que hai que sumar nas últimas décadas unha forte presión turística, notábel sobre todo no verán.
388 Andar e Ver
star
Andar e Ver

Da Fírveda ao río Limia

O concello da Porqueira ocupa un estreitamento do val do río Limia, na parte sur da chaira, e elévase cara ao sur, acadando as máximas altitudes no linde cos concellos de Calvos de Randín e Os Blancos. 
387 Andar e Ver
star
Andar e Ver

De Santa Mariña a Camelle

Unha camiñada pola cerna da Costa da Morte. Día claro, mar de fondo, grandes ondas que escachan desde lonxe, vento lixeiro en contra que ergue e despeitea as cristas... E camiño por diante para horas
386 Andar e Ver
star
Andar e Ver

O río Conso, das Hedradas a Pradoalbar e máis alá

Após as datas de Entroido, nas que moitas persoas aproveitan para se achegar ao sur oriental gozar dos festexos, é unha boa ocasión para facer unha ruta pola contorna.
385 Andar e Ver
star
Andar e Ver

Costa de cervo

O concello de Cervo atópase na Mariña, á beira do Cantábrico. 
383 Andar e ver
star
Andar e Ver

Da praia de Valarés a Corme

Os camiños pola costa de Ponteceso son escasos, o relevo abrupto, con caídas verticais de ata máis de 100 metros, e sen abrigos, o que non fai nada doada a subsistencia nin favorece o asentamento de poboacións, e se non hai xente non hai camiños, tanto é así que nos máis de 40 quilómetros de costa do concello só se atopa unha poboación litoral, a vila de Corme, asentada no abrigo da súa enseada e xa dentro da ría. 
382 Andar e Ver
star
Andar e Ver

Costa de Bueu

O concello de Bueu está situado na banda do sur da ría de Pontevedra e inclúe no seu territorio as illas de Ons, Onza e os illotes dos arredores.
381 Andar e Ver
star
Andar e Ver

Fervenzas do rego da Patela

Días de inverno, tempo de fervenzas. Os regatos cheos, ben alimentados polas choivas, as árbores sen follas e as beiras lavadas polas enchentes, sen fentos nin outras plantas estacionais que dificulten a marcha ou agochen buratos e outras pexas e atrancos do terreo, fan máis doado achegarse ás fervenzas, aínda que hai que ter máis coidado coa humidade que fai esvaradías as rochas polas que, moitas veces, hai que camiñar. 
378 Andar e ver
star
Andar e Ver

Camiñando á beira do río do Castro

En San Sadurniño, ao longo do río do Castro, hai un roteiro con dúas partes: a primeira, de algo máis de 5 km, que vai desde a igrexa de Naraío até o castelo; e a segunda desde a área de lecer do Saíme á área de lecer do Pozo de Lamas. 
379 Andar e ver
star
Andar e Ver

Pola costa entre Cee e a praia de Gures

O litoral de Cee ten tres partes diferenciadas e separadas, dúas protexidas na ría de Corcubión e no seo de Fisterra, e outra exposta na costa da Morte. 
A autora, Ana Pêgo. (Foto: Kalandraka).
star
Libros

Librum magnificus

S e este fosse um país normal saberíamos desta obra através da sua maravilhosa e vizinha editora original: a Planeta Tangerina, que põe especial cuidado para que as suas propostas literárias tenham um bom acompanhamento ilustrado. 
382 Arquitectura
star
Arquitectura

Acougo en terra hostil

Algunhas das máis asombrosas construcións vexetais urbanas álzanse nas nosas prazas achegando silencio e acougo.
Unha das reportaxes do caderno 'Producir' de mañá. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Crecemento verde ou transición ecolóxica?

A urxencia dunha resposta aos retos da evidente crise ecolóxica
Plantación de eucaliptos. (Foto: Arxina)
SOCIAL

A Xustiza rexeita catalogar o eucalipto como invasor e relativiza os informes a favor

O Concello de Teo lamenta o fallo en contra do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid e critica que "os expertos científicos contratados, baseen a argumentación en criterios económicos que menosprezan o debate científico". Aseguran que explorarán outras vías para lograr esta clasificación.
Auga residual que parte da mina de Varilongo. Ecoloxistas en Acción
SOCIAL

Santa Comba insta á concesionaria da mina de wólfram a paralizar unhas obras que carecen de permisos

Ordenou a paralización as obras que está a levar en dominio público mais sen contar cos preceptivos permisos municipais, advertindo a compañía que de en caso contrario adoptará as medidas cautelares oportunas para garantilo. Entidades ecoloxistas denunciaron estes feitos ante Augas da Galiza e mais a Fiscalía.
Infografía dos danos provocados ao río Eume nas pasadas décadas (Imaxe: Colectivo Terra).
SOCIAL

Entidades ecoloxistas e veciñais piden rematar con décadas de maltrato ao Eume

Tras o episodio de turbidez que mantivo dez días fechada a billa de Pontedeume, a Xunta incoou un expediente a Endesa e realizou obras na estación depuradora. Desde o ecoloxismo e os movementos sociais piden actuar no que consideran a orixe do problema: as lamas do encoro.
Texto Raquel C. Pérez + Infografías Coletivo Terra
Novo episodio de turbidez no río Eume o 1 de decembro (Imaxe: Colectivo Terra).
SOCIAL

O Eume volve dar mostras de turbidez

O Colectivo Terra amosa nunhas fotografías a cor abrancazada das súas augas e a rotura da barreira instalada pola Xunta.
Vacas pastando nunha leira (Xunta).
SOCIAL

Animalistas denuncian a difusión de vídeos de cans adestrados atacando "brutalmente" vacas e porcos

Falan de "crueldade" de cans adestrados para atacar "brutalmente" a vacas e porcos en dúas localizacións que se poderían situar, segundo estiman ambos os colectivos, entre Ourense e Zamora.

Amnistía paisaxística