medio ambiente

Un camión da empresa mineira, nas pistas de acceso que levan aos terreos onde se situaría a canteira (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Veciñanza das Somozas oponse á apertura dunha canteira cuxos estudos ambientais datan de 1996

Unha empresa quere, 25 anos despois, iniciar a actividade mineira na parroquia de Recemel.
Acto fundacional do colectivo veciñal, este domingo en Monfero (Foto: Monfero di non).
SOCIAL

Monfero tamén di "non" aos proxectos eólicos

Constitúese a plataforma "Monfero di non" neste municipio, após se coñecer o pasado 29 de maio o parque eólico que prevé construír Iberdrola.
A esquerda imaxe de Turismo da Galiza, a dereita follas de acivro. (Foto: Turismo da Galiza / jacilluch)
SOCIAL

Turismo da Galiza descoñece como é un acivro

Ducias de persoas cuestionaron o traballo de Turismo da Galiza, unha entidade pública dependente da Xunta, despois dunha publicación en redes sociais na que amosan o seu descoñecemento do acivro, confundíndoo co capudre.
Pozo Azul no río do Conho ('conho', en portugués, é un penedo redondo illado no medio do río).
star
SOCIAL

As bondades dos bosques de ribeira

Con motivo do 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, destacamos a importancia dos bosques fluviais e convidamos a gozar deles. No filme O neno culpábel, que narra a vida dun cativo inglés acusado de asasinato, o único momento da cinta na que sorrí Ray, o protagonista, é cando xoga no bambán situado no bosque traseiro da súa casa. Pode ser casualidade a escena, que sexa polo bambán ou quizais, como conclúe o estudo publicado na revista BioScience, o motivo sexa estar na natureza, nomeadamente nun bosque, baixo os beneficios que proporciona á saúde mental das persoas. Segundo esta investigación publicada en 2017 o medio natural ten a capacidade de recuperar a fatiga mental producida polos episodios do estrés da vida cotiá.
 
Parque eólico Corzán, en Negreira, operado por Energías Renovables del Noroeste (Foto: Belén Bouzas).
Máis de 130 colectivos apoian a mobilización

Manifestación contra o modelo eólico: "Non é transición enerxética, é unha demolición"

Galiza exporta un de cada tres megawatts de enerxía eléctrica producidos no territorio. Aliás, conta coa terceira maior potencia eólica instalada do Estado, unha cuestión que non impediu este mes de xuño a suba da factura da luz. O país vai camiño de se converter nun "polígono industrial" inzado de aeroxeradores, segundo denuncian os máis de 130 colectivos que hoxe, con motivo do Día do Medio Ambiente, se manifestan en Compostela, Quiroga e Ponferrada contra o modelo de planificación enerxética.
Complexo de Sogama en Cerceda nunha imaxe de arquivo. (Foto: Sogama)
SOCIAL

Sogama produciu na planta de Cerceda 0 kg de compost en ano e medio

A planta de biorresiduos abriu hai e medio despois dun investimento de dous millóns e medio de euros, nese tempo non se produciu ningunha cantidade de abono e só tres concellos aceptaron levar alí os seus residuos orgánicos. A pesar disto, tres plantas de biorresiduos están en construción na Galiza.
Roda prensa eólicos manifestación
SOCIAL

"Eólica así non!": Convocan unha manifestación o 5 de xuño en Compostela

Unha manifestación percorrerá as rúas de Compostela o próximo 5 de xuño con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente  para esixir a paralización inmediata dos proxectos eólicos que se atopan en tramitación.

lobo cuntis foto concello cuntis-min (1)
SOCIAL

O lobo enfermo atopado nunha casa abandonada de Cuntis por veciños recupérase nun centro

Algúns territorios opóñense á protección do lobo ibérico. (Foto: Xunta de Castela e León)
SOCIAL

Os Gobernos de Galiza, Asturies, Cantabria e Castela e León acordan ir ao Supremo pola caza do lobo

A conselleira galega de Medio Ambiente dixo que “"non se pode protexer en exceso unha especie en prexuízo doutras".

 

O lema empregado polas manifestantes foi "renovábeis si, pero non así". (Foto: Adega).
SOCIAL

O Baixo Miño clama contra a instalación de megaparques eólicos na Serra da Groba

Baixo os lemas  “renovábeis si, pero non así” e “eólica así non”.
Rego da furna
star
Suplemento 'Gozar'

Gozar do Río Ouro e Rego da Furna

Visitamos a Reserva Natural Fluvial do Río Ouro, Rego da Furna na Serra do Xiltral.
A fábrica de pasta de papel de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Os informes de Ence sobre o mercurio continúan baixo chave

O BNG reclamará nesta quinta feira no Parlamento galego que se fagan públicos.
Parque eólico do Sil en Nogueira de Ramuín (Foto: Iberdrola).
SOCIAL

Adega organiza un ciclo de palestras sobre o impacto da enerxía eólica

A próxima cuarta feira, 5 de maio, a asociación ecoloxista Adega pon en marcha un ciclo de mesas redondas baixo o título “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza”. Serán cinco xornadas que se desenvolverán até o 2 de xuño.

agro
star
SOCIAL

Máis aló do prato: os problemas da distribución e consumo de alimentos

A maneira en que se producen, distribúen e consumen alimentos vai derivar en diversas consecuencias sociais, ambientais e sanitarias. Estes impactos varían en escala e en dimensión, segundo sexa a forma de producir e de consumir e son analizados na Guía “Máis aló do Prato: analizando a dieta alimentaria na miña contorna”, un traballo publicado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Xavier Simón, David Pérez-Neira, María Montero, Damián Copena e a Cooperativa Somos Terra debullan os factores que afectan a alimentación.
Manada de lobos. (Foto: Carlos Castro / Europa Press
)
SOCIAL

Estes son os 19 concellos que alegaron contra a norma que aumenta a protección do lobo

Un total de 19 concellos galegos presentaron alegacións contra a normativa estatal que aumenta a protección do lobo. A ollos da asociación animalista Libera, o dato demostra “o rotundo fracaso institucional” da “campaña antilobo da Xunta”.

Unha cotorra arxentina (Myiopsitta monachus) levando un anaco de silveira
para facer o niño.
star
SOCIAL

As nosas veciñas: as aves que podemos ver na Galiza

Aínda que apuros da vida cotiá non permiten que nos paremos moito, compartimos as cidades con diferentes especies de aves que paga a pena coñecer. O educador ambiental Ramsés Pérez convídanos a coñecer os paxaros que surcan as vilas galegas. Do pardal, á gaivota, pasando polos estorniños e as andoriñas, entre moitos outros.
euclapit
SOCIAL

Valongo, en Portugal, di adeus aos eucaliptos para plantar sobreiras

En 2017, o Goberno portugués anunciaba unha moratoria para a plantación de eucalipto, que daquela ocupaba 26% da superficie forestal en Portugal, onde o movemento ecoloxista se ten posicionado en contra da eucaliptización. Agora é Valongo, municipio do distrito de Porto, quen di adeus á especie invasora e quen anuncia a plantación de sobreiras.

A melaleuca danada polo temporal (Foto: Ecoloxistas en Acción Vigo).
SOCIAL

Ecoloxistas en Acción esixe salvar a "emblemática" melaleuca de Vigo

Demanda unha actuación urxente  do servizo de Parques e Xardíns do Concello de Vigo para preservar a singular árbore.
Tecor societario na Pobra de Trives (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Ecoloxistas critican as axudas da Xunta aos cazadores para actuar nos Tecor

O Goberno galego financiará labores de roza, sementeira e construción de tobeiras nos Tecor ao sector da caza, a fin de recuperar as poboacións de perdices rubias e coellos de monte. Ecoloxistas en Acción oponse a estas subvencións por non resolveren os problemas da fauna da Galiza.
Residuos para incinerar en Sogama (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Máis de 500.000 toneladas de residuos industriais acaban ao ano en vertedeiros da Galiza

A Galiza produce 2,8 millóns de toneladas de residuos industriais ao ano, 7% deles son perigosos e 18% do total (máis de 500.000 toneladas) non se valorizan e elimínanse mediante o seu almacenamento en vertedoiros legais, segundo os últimos datos da Xunta.