A Mesa pola Normalización Lingüística

DENUNCIA DA MNL

Sanción da Axencia Tributaria á Mesa por solicitar recibir as notificacións en galego

A MNL afirma que a Axencia Tributaria remitiulle a notificación dun expediente sancionador por “resistencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria”.

marcos
LINGUA

A Mesa proba diante do Comité de Expert@s o “grave” incumprimento da Carta das Linguas

O incumprimento da Carta Europea das Linguas é “gravísimo” e así llo fixo saber a Mesa pola Normalización ao Comité de Expert@s que visitou Galiza. 

CULTURA

A Mesa aplaude a emisión do programa conxunto da TVG e a RTP e reclama maior comunicación

Como un paso histórico cualifica a Mesa a emisión do primeiro programa conxunto da TVG e a RTP e aproveita para pedir que se afonde na colaboración das dúas canles e, en especial, reclámalle á Xunta que facilite a recepción da radio e televisión portuguesa na Galiza. 

LINGUA

A Mesa súmase ás numerosas críticas e rexeita o Día das Letras a Filgueira

O pasado político de Filgueira Valverde como alcalde de Pontevedra durante o franquismo ten provocado un forte rexeitamento, tanto a nivel individual como por parte de asociacións como A Mesa, que lle solicita á Academia que “rectifique” e propón que a sociedade artelle alternativas, chamado que xa atopou varias respostas.

Abanca
Galiza

A Mesa reclama que Abanca se comprometa co galego

Que poña fin á deriva lingüística desgaleguizadora que Novagalicia Banco desenvolveu baixo control estatal é o que a Mesa reclama a Abanca. Pídelle un cambio de rumbo pilotado por un maior compromiso no emprego da nosa lingua.

Real Academia Galega
LINGUA

A Academia reacciona ao informe da Mesa e urxe á Xunta a atender a situación do galego no ensino

Dous días despois de que a Mesa presentara os alarmantes datos de uso do galego en educación infantil, a Academia urxe á Xunta a avaliar a situación do galego no ensino. 

Mesa
LINGUA

A Mesa solidarízase co alumno ao que lle abriron un expediente a instancias de Galicia Bilingüe

O seu presidente, Marcos Maceira, afirma que "o exercicio da liberdade de expresión non pode ser causa de abertura dun expediente".

mesaport
LINGUA

Marcos Maceira xa preside a Mesa: "Non é posíbel o desenvolvemento social sen defender a lingua propia”

A asociación en defensa do galego celebrou a súa asemblea na Coruña, un acto marcado pola renovación na Permanente e o adeus de Carlos Callón após doce anos como máximo responsábel. Tanto el como Iria Taibo recibiron unha homenaxe en forma de agasallos e a proxección dun vídeo de recordo, no que foi o momento máis emotivo da xornada.

galego
LINGUA

Análise: sete frontes abertas na nova etapa da Mesa pola Normalización

A semana que comeza será histórica para A Mesa, xa que significará a derradeira de Carlos Callón na presidencia. Será substituído por Marcos Maceira, no que dalgún xeito significa unha nova etapa para unha asociación cun traballo máis que recoñecido pero tamén cuestións que encarar nos próximos anos.

marcos
LINGUA

"Está prohibido impartir algunhas materias en galego, como a finais do franquismo"

Marcos Maceira, que será elixido a próxima fin de semana novo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, sinala como obxectivo "sumar máis vontades" e louva ao seu predecesor, Carlos Callón.

Valentín García con Xesús Vázquez
LINGUA

A Mesa pide a dimisión do secretario de Política Lingüística “verdugo do galego”

A Mesa apoia a petición de “dimisión ou cesamento” de Valentín García como secretario xeral de Política Lingüística e reclama “unha remuda  a fondo da Política Lingüística deste Goberno galego que non exerce de galego”. Segundo Carlos Callón, García “está a exercer de verdugo do galego por un prato de lentellas”. 

Carlos Callón
LINGUA

Carlos Callón pon ponto final á súa etapa ao fronte da MNL

O lingüísta e escritor Carlos Callón comunica mediante unha carta publicada nas redes sociais a súa despedida da presidencia da Mesa pola Normalización Lingüística despois de doce anos no cargo. O relevo producirase na asemblea do 26 de abril e a nova directiva será, segundo Callón, “de continuidade”. 

SG90P34
COMUNIDADE SERMOS

Sermos Galiza estrea 'Mesa e Mantel', a nova sección de cociña do semanario

Nas páxinas de Cultura estreamos un novo espazo dedicado á cociña. Receitas con produtos do país que recomendamos maridadas con algunha das millentas variedades de viño producidas en Galiza e cunha proposta musical. Anímaste a coñecela?

.
LINGUA

Nin “Ginzo” nin “Arosa”, a Mesa esixe ás canles televisivas respecto cos nosos topónimos

Nin “Ginzo de Limia” nin “El Ferrol” nin “Ría de Arosa” nin “El Cebrero”. A Mesa esixe á TVE e Telecinco que abandonen os nomes deturpados e usen a nosa toponimia oficial. Os casos recentes de topónimos españolizados provocaron numerosas queixas contra as televisións españolas. 

A conversa da mesa do lado

Para comprender o que é a literatura abonda con escoitar unha conversa entre descoñecidos, desde a distancia doutra mesa, nun café ou na antesala dun médico...

anpasgalegas
SOCIAL

Nove federacións de Anpas xúntanse para que as familias teñan voz "nos despachos"

Anpas Galegas está formada polas federacións de Cangas, Bueu, Compostela, Costa da Morte, Ferrolterra, Ponteareas, Vigo, Lugo e o Val Miñor. Na súa presentación pública deixaron claro que "non somos a confederación de ningunha plataforma", rexeitando as críticas realizadas desde algúns medios de comunicación.

Queremos galego
LINGUA

A Mesa denunciará ao Consello de Europa a marxinación do galego polo Estado español

A Mesa prepara a denuncia diante do Consello de Europa pola “vulneración” do Goberno español da Carta Europea das Linguas. O presidente da Mesa entrevistarase co Valedor do Pobo o próximo día 9 de decembro para lle solicitar que interveña no caso das discriminacións contra o galego. 

Galiza

A Mesa premia a San Luís polo uso do galego

A cadea San Luís é a gañadora da segunda edición dos Premio Abertos ao Galego, convocados pola Mesa pola Normalización Lingüística. O acto de entrega terá lugar esta sexta feira 22 de novembro ás 20.30 en Carballo. 

Premio_Facer_Pais_-_a mesa
LINGUA

Unha Mesa premiada por 'Facer país'

A Mesa pola Normalización Lingüística foi recoñecida cunha homenaxe en Láncara polo seu traballo e compromiso a prol do país desde 1986. Recibiu o premio 'Ramón Piñeiro Facer País' que organiza a Asociación Cultural 'Val de Láncara'.

Marx à mesa. Marxismo gastronómico

De todas as disposiçons e gostos que vam conformando um hábitus ao longo da vida, as alimentícias seguramente sejam as mais estáveis e duradoiras, as mais difíceis de mudar. “Do que se come cria-se”, “é-se o que se come”, e “a nostalgia –pensava Ernesto Guevara- começa pola comida”.