A Mesa pola Normalización Lingüística

ECONOMÍA

Pórtico pon na mesa un ERE extintivo para o 60% do seu persoal

A empresa ten unha débeda de 45 millóns de euros e está en concurso de acredores. O expediente afectará a máis de 200 empregad@s en Galiza.

LINGUA

A Mesa aposta por estender a idea do consumo lingüístico responsábel

Ferrol acolleu a asemblea xeral ordinaria da organización que preside Carlos Callón. Un alto no camiño para coller folgos, recapacitar e pular na defensa do idioma. Entre outras decisións, atar en curto á Xunta para velar que cese na política agresiva para co galego; ou ben recuperar a revista 'LongaLíngua'.

Comercios galegos
LINGUA

A Mesa recoñece o uso da nosa lingua no mundo empresarial co premio “Abertos ao Galego”

A gañadora será unha empresa que destaque polo uso normalizado do galego. A Mesa pola Normalización Lingüística convoca a segunda edición do Premio Abertos ao Galego. 

Galiza

Cuarta feira 25-S, encontro BNG-CxG coa coligación “unitaria galega” sobre a mesa

As fichas móvense sobre o taboleiro, coas eleccións europeas 2014 no horizonte. O BNG informou esta sexta feira que a próxima cuarta, 25 de setembro, manterá un contacto con Compromiso por Galiza.

Queremos galego
LINGUA

A Mesa denuncia a “política lingüicida de Atila Núñez Feijóo” 

A entidade realizará un estudo para observar cal é a presenza das linguas no sistema educativo galego, para ver se continúa “a liña de laminación do idioma propio, agudizada nos últimos anos”

Museo Militar da Coruña
Galiza

A Mesa fixo varios chamamentos este verán ao exército polo seu desprezo ao galego

A denuncia feita pública onte por Sermos Galiza da prohibición do uso do galego por parte do exército na súa actuación na extinción de incendios súmase a outras recentes que mostran o desprezo que algúns sectores militares manifestan aínda coa nosa lingua. Neste verán, a Mesa desenvolveu varias iniciativas destinadas a corrixir a eliminación do galego no ámbito castrense. 

SOCIAL

A Mesa do Parlamento admite o escrito d@s abolicionistas pola emisión de touradas en TVE

A plataforma Galiza, Mellor Sen Touradas (GMST) protestou pola retransmisión dun festexo taurino en horario protexido e apostan por “un debate serio sobre os contidos de maltrato animal en televisión”

Cartel das Festas
CULTURA

A Mesa denuncia que o galego é “lingua de segunda fila” nas Festas de María Pita

Ausencia de programas de man en galego e difusión en español a través das redes sociais. O Concello da Coruña volve marxinar o galego na difusión das Festas de María Pita e a Mesa denuncian que o goberno de Negreira trata á lingua e a cultura galegas como “parente pobre”. 

Traiñeira de Perillo
DEPORTES

Traiñeiras: Kaiku bate na mesa, Tirán mantense firme, e Meira e Ares seguen de proa na LGT

A traiñeira sestaotarra recuperou esta fin de semana nas augas de Getxo e Zumaia o primeiro posto da Liga. Tirán mantense quinta e está a rexistrar unha temporada memorábel. Na Liga Galega, Meira, na categoría A; e Ares, na B; seguen a meter proa

 

UNED
LINGUA

A Mesa denuncia que UNED obriga nos exames a dicir que 'Carballino' ou 'Arteijo' son formas correctas

A Mesa denunciou que os manuais da Universidade a Distancia aconsellan aos xornalistas “non respectaren a toponimia legal, argumentando que estas formas só se deben usar nos ámbitos oficiais”

Deputación da Coruña
Galiza

A Mesa denuncia que a Deputación da Coruña exclúe o galego na nova sinalización viaria

A asociación presentou un escrito de protesta na institución que preside Diego Calvo, do PP, e solicita que se cumpra “coa legalidade” ante o que considera unha nova marxinación da lingua propia.

Escola infantil
LINGUA

A Mesa di que nunca desde o franquismo houbo tantos problemas para a escolarización en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia “obsesión” do presidente Feijóo por “acabar co ensino en galego malia as sentenzas do TSXG” e afirma que nunca desde o franquismo “as nenas e nenos de fogares galegofalantes tiveran tantos obstáculos para se escolarizaren na súa lingua materna como desde que goberna Núñez Feijóo”. 

Parlamento baleiro
POLÍTICA

O PPdG volve propor a redución de deputad@s para aumentar a súa presenza no Parlamento

Todas as forzas da oposición que teñen representación na Cámara rexeitan esta iniciativa, que tildan de "manobra" da dereita. Rebaixar os escanos de 75 a 61, se ben non beneficiaría sempre o PPdG, non o prexudicaría nunca

LINGUA

A Mesa advirte a Gas Natural Fenosa que denunciará ante Consumo calquera paso atrás na atención en galego

Susana Méndez, vicepresidenta da Mesa: “Animamos a cidadanía a presentar queixas nas oficinas de Consumo se a compañía lles nega a atención en galego”.

Galiza

A Mesa en defensa dos camiños de ferro reivindicou o mantemento das liñas en Ferrolterra

Coincidindo co centenario da súa construción, a plataforma cidadá manifestouse a prol da "modernización" destas infraestruturas e contra a supresión de liñas anunciada polo goberno español

LINGUA

A Mesa acusa o PP de lles ter ofrecido diñeiro "para nos domesticar"

O presidente desta asociación en defensa da lingua, Carlos Callón, sinala que esta práctica, frecuente nos gobernos de Fraga, se mantén hoxe en distintas administracións vinculadas á formación, ora de maneira "sibilina" ora directamente

POLÍTICA

Sermos Galiza emitirá en streaming o debate pola soberanía

A través da nosa web poderás seguir en directo o debate organizado polos Comités arredor da soberanía de Galiza. 

imaxe da acción da CIG-Ensino contra a reforma educativa do Goberno español
Galiza

Sindicatos abandonan a Mesa Sectorial por entender que Educación só procuraba “facer o paripé”

A CIG, así como o resto de organizacións agás Anpe, abandonaron a Mesa Sectorial onde se ía debater o repagamento do comedor, por entender que as intencións da Consellería son unha "burla". A central nacionalista anuncia que defenderá no pleno do Consello Escolar de Galiza unha emenda á totalidade na que esixe a retirada do novo decreto

LINGUA

A Mesa exíxelle a Feijóo que desista na teima de manter vixente "un decreto cadaverizado"

Reclaman que a consellaría de Educación sente a negociar unha nova norma que regule a presenza do galego nas escolas e que se axuste "ao Estatuto, á Lei de normalización lingüística, ao Plan xeral de normalización da lingua galega e á Carta europea das linguas"
LINGUA

Galiza, Catalunya e Euskadi únense contra a lei da 'wertgoña'

Os representantes da Mesa, o CIEMEN e Kontseilua pularán por "unha alianza entre comunidades lingüísticas" para enfrontar a 'lei da wertgoña'. Esta terza feira darán unha conferencia de imprensa conxunta en Madrid e reuniranse cos grupos parlamentares.