música

A primeira liga presencial de rap improvisado en galego organizada por CeibaRimas decorreu na facultade de Comunicación da USC. (Foto: CeibaRimas)
CULTURA

Compostela, berce da primeira liga presencial de rap improvisado en galego

CeibaRimas fomenta o uso da lingua galega no mundo do hip-hop.
Marc Ribot. (Foto: Dena Flows)
star
Música

Bella Ciao

Martiño Senande, Olalla Liñares e Antía Ameixeiras son integrantes de Oîma. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Oîma: "Acaba o concepto de grupo, mais seguimos a ser tres persoas amigas e ás que lles gusta a música"

Olalla Liñares, no clarinete de Oîma, fala da disolución do grupo de folk tras sete anos xunto con Antía Ameixeiras no violín e Martiño Senande no acordeón diatónico. Liñares fala de celebrar a despedida, das persoas que estiveron no camiño e dunha última actuación que non foi "un concerto ao uso, senón algo moi especial".
Xosé Lois Romero & Aliboria. (Foto: MUMI)
CULTURA

Músicas no Miño, mercado sen fronteiras

A Eurocidade Tui-Valença acolleu no cambio de mes o III Encontro Profesional de Música Galiza Portugal, unha feira transfronteiriza que para axentes, artistas e programadores galegos e galegas funciona como o único mercado en activo da industria musical con presenza no país.
A Coral Polifónica de Betanzos recibindo onte o seu galardón. (Foto: Vía Láctea)
CULTURA

A Coral Polifónica de Betanzos recibe a Medalla de Ouro Marcial de Adalid

O xurado destacou que a agrupación contribuíu a “enaltecer e divulgar dentro e fóra da Galiza a música galega”.
A artista presenta o seu primeiro traballo en solitario. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Catuxa Salom: "A miña maneira de compoñer é moi sociolóxica, porque non podo evitar analizar a sociedade"

A música Catuxa Salom descóbrenos 'Nunha aldea', o seu primeiro traballo en solitario. Fala de volver ás raíces, de valorar a lingua e de cumprir os soños que están idealizados, xa que, como ela di, "cando tes unha paixón, aínda que non queiras e esteas enfadada con ela, sempre volve".
Detalle do libro 'O Eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago'.
CULTURA

Un libro analiza o 'eco' musical do Camiño

Este sábado preséntase en Viascón (Cerdedo-Cotobade) a obra multidisciplinar 'O eco das estrelas. Música medieval no camiño de Santiago'. Escrito por catro profesionais de varias materias, este estudo descobre aspectos pouco investigados das relacións entre o románico, a lírica e a música galega na Idade Media.
Marcelo DoBode levou os temas de 'Turoqua' aos escenarios galegos durante o verán. (Foto: Beatriz Císcar)
Contracultura

Marcelo DoBode: "Nos conservatorios aprendes a cantar ou tocar, mais non se ensina educación emocional"

Marcelo DoBode, músico e actor, aborda a influencia da natureza nos seus proxectos creativos e a composición do seu último disco, 'Turoqua'. DoBode desvélanos os traballos que virán e tamén as dificultades á hora de subir a un escenario, xa que, como el di, "un mal concerto vas ter seguro, porque hai días que a enerxía non está, estás canso ou sentimentalmente pasan cousas, e ao final é facer un papel de ti mesmo para intentar dar 
o mellor".
Magín Blanco.
Axenda

Música en Pontevedra: "Caderno de cores e cancións" de Magín Blanco

O espectáculo musical de Magín Blanco terá lugar a partir das 12.30 horas no Museo de Pontevedra
Capa de 'Cantigas de maio', de Bernardo Moreira.
star
Música

Cantigas para despois dunha revolución

O disco presenta versións de cancións de Zeca Afonso, Fausto, Sérgio Godinho e José Mário Branco, tratándoas con respecto e proporcionándolles un fondo musical jazzístico repleto de elegancia sen traizoar o propósito primixenio.
Abe Rábade emprega a metáfora do bosque para crear a música de 'Botánica'.
star
Entrevistas

Abe Rábade: "Neste disco, o galego non é un ingrediente máis, é unha parte que, dalgunha maneira, lle dá sentido a todo o conxunto".

"Botánica. Bailan a modiño co espazo comendo a propia luz. Viven sen plan previo cos finais do seu ambiente. Lentura e silencio". Este texto de Abe Rábade preside o seu disco número quince, Botánica, no que presenta un proxecto no que o jazz se entrelaza coa música tradicional, coa de cámara, co pop, para dar con algo novo. Se cadra, nunca chegara tan lonxe, abríndose a unhas texturas que, partindo da idea metafórica do bosque, alcanzan mesmo unha forma diferente de afrontar a creación e, por que non, a vida. Un ecosistema musical inédito e sorprendente.
Presentación do festival Maré no Parque de Bonaval. (Foto: Festival Maré)
CULTURA

O festival Maré máis feminino e internacional volta a Santiago de Compostela após a pandemia

O evento acollerá 35 propostas musicais artísticas en nove espazos distintos da cidade.
Tanxugueiras. (Foto: Rocío Cibes)
star
Música

Mainstream

O galego chegou ao mainstream, e agora que? "Tanxugueiras" caso illado ou haberá outras que aproveiten a súa brillante e triunfante estela?
Grande Amore (Nuno Pico). (Foto: Janite)
star
Entrevistas

Grande Amore: "O tema da lingua xa está universalizado, xa nin se discute"

Hai cousas que están cambiando no panorama musical galego e o éxito de Grande Amore -Nuno Pico- é unha mostra máis. Como Baiuca. Ou Boyanka Kostova. Ou Tanxugueiras. Como el di, úneos unha afinidade que non é tanto de estilo musical. Senón de formas de relacionarse co público, de producir e distribuír o seu traballo ou mesmo de ver o mundo. Con debates que xa non o son porque hai cuestións, como o compromiso co galego, que xa se dan por supostas. Aínda que a súa relación coa política poida ser outra. Falamos con Nuno. 
O pianista Juan Carlos Cambas fala da emigración entre a Galiza e a Arxentina no seu traballo.
Contracultura

Juan Carlos Cambas, pianista: "Esta é a historia de miles de emigrantes galegos, é a mesma historia repetida moitas veces"

Juan Carlos Cambas, pianista, fala do seu primeiro disco, A viaxe, que presenta -tras dez anos de traballo en colaboración con 30 artistas de diferentes países- no Teatro Principal de Pontevedra o sábado 17. Para Cambas, este proxecto representa unha travesía tinguida pola emigración entre a Arxentina e a Galiza co obxectivo de, como el di, "sandar esa historia".
A artistas portuguesa, Ana Bacalhau (Foto: Ana Bacalhau).
CULTURA

Ana Bacalhau e Andrea Motis, as dúas novas confirmacións para o San Froilán 2022

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua no Concello lugués, foi a encargada de anunciar a confirmación destas dúas artistas.
Contracultura

Brais González: "Encantaríame poder levar a ópera á Serra do Courel, porque é de onde saíu todo"

Brais González, pianista e compositor, vén de estrear a súa primeira ópera no 55 Festival delle Nazioni de Città di Castello (Italia). González fala de 'Loba Branca', esta obra que pretende render homenaxe á lenda da Serra do Courel e que logrou emocionar o público italiano a través dunha, como el di, “lección de vida, o respecto a natureza e a relación entre os animais e os seres humanos”.
Quando o público vibra em mil maneiras.
star
Música

Cantar num concerto

Cantar num concerto é maravilha quando sem estridências o canto chega a ser coral, harmónico e levado por um rapto ou enlevo solidário de irmandade
Sinner na súa actuación do pasado día 7. (Foto: Revenidas)
CULTURA

O festival Revenidas comeza a súa fin de semana máis ambiciosa en Vilaxóan

As Revenidas proxectan unha fin semana chea de música e de festa popular na edición con maior dimensión desde o seu comezo. 
A Orquestra Vigo 430, nun momento da súa actuación.
Axenda

Concerto musical no Castelo de Sobroso

O concerto englóbase dentro do programa 'Música no Ar' e terá lugar a partir das 19.00 horas no Castelo de Sobroso