música

Sés - 'Diante un Eco'
CULTURA

Sés - 'Diante un Eco'

A cantautora galega Sés presentou esta sexta feira o seu oitavo proxecto, o disco Diante un Eco, con doce temas entre os que están a canción homónima, Cantan as balas ou Para cando eu morra, e que a levará de xira polos principais escenarios da Galiza, o Estado español e Latinoamérica.

O álbum continua a liña da vocalista de Bergantiños, que xa avisaba hai unhas semanas sobre a temática do álbum. "É o eco dun pasado tráxico, do retorno aos totalitarismos, da lousa dunha profunda e crecente desigualdade social, dos retrocesos na igualdade de xénero", resume a artista nun comunicado.

Sés, que leva once anos de carreira nos que se consolidou como unha das principais referentes da música galega, resume que os seus obxectivos son cantar a súa verdade e a partir dela construír un discurso que chame á lucidez e conduta crítica para construír unha sociedade e un futuro mellor para os nenos e nenas.

Na presentación do disco anunciou unha xira que parte do país: A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Narón recibirán a cantautora nos días 10 e 17 de decembro, 14, 21 e 28 de xaneiro e 3 de febreiro, respectivamente. A continuación, seguirá o seu percorrido por distintas cidades, con citas previstas en Ponferrada e Madrid.

Loita amada está composta por Pablo Carracedo, 'Jásper', e Nébeda Piñeiro. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Loita amada: "Nos tempos actuais estase perdendo moito o sentido da concienciación e da esperanza"

Nébeda Piñeiro e Pablo Carracedo, coñecido no mundo da música como Jásper, presentan novo proxecto, Loita amada, cuxo primeiro disco verá a luz o próximo 19 de decembro. En conversa con 'Nós Diario' abordan a creación do proxecto, coa idea de transmitir unha reivindicación concreta: "Que os condicionamentos externos non van frear as nosas ansias de liberdade".
Paco Cerdeira, 'Pakolas', publicará o segundo traballo con Ramona como protagonista. (Foto: PixelinPhoto)
Contracultura

Pakolas: "A filosofía que seguín sempre é facer música como se fose para adultos e letras para crianzas"

Paco Cerdeira, músico infantil coñecido como Pakolas, conversa con 'Nós Diario' sobre o seu próximo libro-disco, 'A Ramona pequena' (Galaxia), onde contará aventuras da infancia da personaxe que protagonizou o seu anterior proxecto. Cerdeira aborda o seu proceso de composición e a participación das crianzas xa que, como el di, "é como os magos: facer un truco de maxia é cuestión de práctica, mais á hora de facelo realmente é case máis importante a representación teatral".
O artista Pablo Milanés. (Foto: Javier Salas)
CULTURA

Falece aos 79 anos o cantautor cubano Pablo Milanés

O artista, que se mudara a Vigo en 2014, residía actualmente en Madrid para ser tratado dunha enfermidade.
A música e cantante Sofía Trigo, coñecida como Wöyza. (Foto: Nos Diario)
Contracultura

Wöyza: "Cando estás no Courel e cantas os versos de Uxío Novoneira, sentes algo especial"

Sofía Trigo, música e cantante coñecida como Wöyza, é a responsábel da dirección artística en The Galician Messengers, que estreará EP o próximo 29 de novembro en plataformas dixitais. Trigo relata a historia detrás dalgúns dos temas, así como das mesturas de ritmos que ofrece o grupo xa que, como ela di, "non nos etiquetamos porque non encaixamos".
O músico e escritor Xurxo Souto, coa súa característica buguina, nunha actuación (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Tomiño recupera a memoria da música represaliada

O artista Xurxo Souto impartirá un obradoiro sobre músicos e músicas asasinados polo franquismo.
Andar de xirité significa non ter paraxe. (Foto: Pixel Shot)
LINGUA

Palabras con memoria: lingua danzante

Nova edición de 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

As tres propostas finalistas nos Premios Narf: Madalena Gamalho, Mallou e Noar. (Fotos: Komunika Kultura)
CULTURA

Os Premios Narf quecen motores cunha xornada formativa para artistas musicais

A gala final do Concurso Fran Pérez 'Narf' poderá ser seguida o vindeiro 11 de decembro a través da canle de YouTube da área de Cultura da Deputación da Coruña, e será presentada polo xornalista Luís Pardo.
Capa de 'Marea de música'.
star
Música

Retrato dunha época e proba de compromiso

En pouco tempo, vinte e catro artistas e bandas foron quen de sincronizarse para xuntar, de maneira completamente desinteresada, outras tantas pezas para un disco que tiña como obxectivo que non se esquecese a catástrofe nin a ultraxe que supuñan a desidia e a incompetencia das autoridades.
O violinista cubano Eduardo Coma. (Foto: Luar na Lubre)
CULTURA

Falece o violinista Eduardo Coma, membro de Luar na Lubre durante 15 anos

O músico de orixe cubana levaba dúas semanas na UCI por mor dunha parada cardiorrespiratoria.
Certame aRi[t]mar do pasado decembro en Compostela (Foto: Nós Diario).
CULTURA

aRi[t]mar estrea nova web para continuar a promover a música e poesía da Galiza e Portugal

Esta plataforma en liña, Play.aRi[t]mar, está impulsada pola Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela.
PicoAmperio e LaMontagne.(Foto: Nós Diario).
CULTURA

LaMontagne & PicoAmperio presentan o seu primeiro disco

Primeiro disco de LaMontagne e PicoAmperio mentres a artista Catuxa Salom adianta un novo clip.

A memoria das emocións

'Un mapa', de Belém Tajes.
star
Música

A busca das orixes

Neste Un Mapa, Belén busca as súas orixes arxentinas e por iso está en castelán.
Glenn Gould. (Foto: Nós Diario)
star
Música

O paradoxo da perfección

Calquera melómano freta as mans ante un banquete de varias horas nas que Gould mostra a súa obsesión polo detalle.
Monoulious DOP - 'Sábado'
CULTURA

Monoulious DOP - 'Sábado'

Os artistas musicais Miguel Cabana, Nani García e Miguel García. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A Coruña reúne o jazz "máis internacional"

A terceira edición do ciclo 'Butaca de jazz' aposta pola música galega.
20221022113754_IMG_0072
CULTURA

Fotografías, partituras e sons inéditos celebran 50 anos de historia de Fuxan os Ventos

Desde hoxe e até comezos de ano pódese visitar no Vello Cárcere de Lugo a exposición 'Fuxan os Ventos. 50 anos de historia', que recolle unha ampla variedade de documentos da longa historia do grupo.
Os membros de Son da Rúa Hugo Guezeta, That Bass e Álex Arnoso. (Foto: Son da Rúa)
Contracultura

Hugo Guezeta: "Sempre é mellor rematar dunha forma planificada, agora que os tres nos levamos ben"

Hugo Guezeta, vocalista en Son da Rúa, aborda a disolución do grupo de rap tras sete anos xunto a That Bass como DJ e beatmeker e Alex Arnoso como guitarrista e beatmaker. Hugo Guezeta repasa os últimos concertos e os logros que permanecen aínda que o proxecto remate, xa que, como el di, “son este tipo de cousas coas que tes que quedar”.
O músico Pedro Lucas xunto a Tareixa Novo, "voz" de Fuxan os Ventos. (Foto: Arxina)
Contracultura

Pedro Lucas e Tereixa Novo: "Fuxan os Ventos foi, é e seguirá sendo historia musical da Galiza e parte de moitas xeracións"

Tareixa Novo e Pedro Lucas repasan os cincuenta anos que Fuxan os Ventos fará mañá, 22 de outubro. Lembran para Nós Diario algúns dos momentos máis icónicos do grupo e abordan o seu futuro. A banda recibiu este mes o galardón honorífico nos Premios Martín Códax da Música. Ademais, o Cárcere Vello de Lugo abrirá mañá as portas dunha exposición que celebra o medio século de vida do grupo.