música

O sacerdote e musicólogo Xesús Mato. (Foto: Europa Press)
CULTURA

Paradela homenaxea a vida e traballo de Xesús Mato

O sacerdote e musicólogo deulle nome ao grupo Fuxan os Ventos.
Mangüi Martín, baixista dos Diplomáticos de Monte Alto, faleceu este sábado, 14 de novembro (Foto: Concello da Coruña).
CULTURA

Fondo pesar e numerosas condolencias polo pasamento de Mangüi, baixista dos Diplomáticos de Monte Alto

O músico comezou a formar parte dos Diplomáticos de Monte Alto en 1990, cando botou a andar a banda.
Fotograma do novo vídeo do grupo de celtic punk. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O grupo Tecor Societário estrea novo videoclip

O grupo de celtic punk Tecor Societário vén de estrear "Vai por vós".
Capa de 'Apnea' (Foto: Cedida).
star
Música

Para comezar 2023

A beleza natural do papo-ruivo (Foto: Pixabay).
star
Música

Falar de música

O que se vai perdendo ou se transmite
O guitarrista Jeff Beck, nun concerto. (Foto: Ralph Arvesen / Zuma Press)
CULTURA

Morre o británico Jeff Beck, lenda da guitarra, aos 78 anos

O artista padecía unha meninxite bacteriana que provocou o seu pasamento esta terza feira.
A poeta e artista, Lucía Aldao (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Lucía Aldao: "A imaxe da artista que se retira para crear aquí non existe ou só existe en casos concretos"

Lucía Aldao, poeta e artista, vén de publicar PAVA2, un disco que dá continuidade ao que xa lanzara o pasado ano, PAVA. Aldao aborda as dificultades dos tempos nos traballos creativos, especialmente en relación coa economía e a exclusividade, así como a intención “de poder levar os nove temas ao directo no 2023”. 
Un momento da actuación das Tanxugueiras no programa especial do Benidorm Fest. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

"Cantan en otro idioma": RTVE descúlpase pola polémica coas Tanxugueiras

"En ningún caso pretenderon molestar ou faltar o respecto a ninguén e moito menos menosprezar a lingua galega, sen dúbida unha riqueza máis do noso país", sinala a Defensora da Audiencia en resposta a unha queixa.
Menezes (no centro) con Socorro Lira e Uxía, en 2010.
Do Brasil á Galiza

Margareth Menezes: a cultura como instrumento de democratización

En contraste coa violencia do bolsonarismo, o Goberno de Lula escolleu para dirixir o Ministerio de Cultura -que Bolsonaro extinguira- a Margareth Menezes, unha artista que defende a cultura como instrumento de transformación social e que cantou á Galiza e ao patrimonio lingüístico da lusofonía. 
O guitarrista e cantante da Coruña Brais Morán. (Foto: Cedida)
Contracultura

Brais Morán: "Sempre me gusta que cando alguén escoita a miña música me diga que lle soa a min"

Brais Morán pon a voz e a guitarra na súa banda, Nasaufunk, coa que pretende introducir os ritmos disco e funky no panorama actual da música galega. Morán aborda connosco as súas influencias, así como un futuro disco co que agarda conquistar o público, pois, como el di, "ao final é o que fago eu: música para bailar".
Sés está agora inmersa na xira de presentación do seu novo disco.
star
Entrevistas

Sés: "Estase perdendo a capacidade de debater"

Di Sés que amor e humor son o que caracteriza, verdadeiramente, o seu traballo. E non unha certa imaxe de panfletarismo sen contido que se lle apuxo tantas veces. Porque a análise crítica e a vehemencia non están, lembra, reñidas coa sensibilidade ou a tenrura. Só que, polo feito de ser muller, é máis probábel ser caricaturizada, non tomada en serio creativa nin intelectualmente. Falamos do seu novo disco, Diante un eco, que se posiciona contra os retrocesos políticos, sociais e culturais e segue avanzando na fusión de estilos que caracteriza a súa traxectoria.
O chifre do capador José María Rodríguez cuxo son inspirou a Miles Davis. (Foto Víctor Barros)
star
O chifre galego na música de Miles Davis

Historia dunha melodía

José María espera na parada do bus de San Miguel do Campo (Nogueira de Ramuín). Estamos nos anos 50. Agarda pola chegada de Alan Lomax, que se despraza até alí para gravar, para a súa recompilación de música popular, a melodía do chifre dos capadores. A gravación chega ao músico de jazz Miles Davis quen, fascinado pola súa sonoridade, fai unha versión dela no seu álbum Sketches of Spain. Hoxe, 70 anos despois, Celita recorda a historia do seu tío suxeitando entre as mans o chifre cuxa melodía deu a volta ao mundo.
Os libretistas (á esquerda) e o Cadro de Declamación do Recreo-liceo de Vilagarcía, nunha reposición de 'A lenda de Montelongo', 1932.
CULTURA

A zarzuela galega regresa aos escenarios

O Auditorio de Galicia acollerá o 12 de xaneiro A voz humana, representación operística coa dirección artística e escénica de Rafael F. Villalobos. No mesmo recinto representarase o sábado 14 a zarzuela galega A lenda de Montelongo, peza histórica en galego do compositor Bernardo del Río. A obra xuntará sobre o escenario a Cantigas e Agarimos, a Banda de Música Municipal de Santiago e o Coro Liceo de Vilagarcía

As integrantes de Samudra Trío son Jimena Andión, Yamini Teresa Prabhu e Laura Lorenzo (Foto: Cristina Padín).
Contracultura

Samudra Trío: "Hai moitos prexuízos dentro da industria musical á hora de dar oportunidades á clásica"

Jimena Andión, Yamini Teresa Prabhu e Laura Lorenzo son as integrantes de Samudra Trío, un grupo de música clásica que vén de publicar o seu primeiro traballo, Odisea. Andión, Prabhu e Lorenzo abordan as dificultades que presenta a industria musical ante o xénero clásico, mais tamén das que atopan na academia como mulleres novas coa idea de introducir compositoras non europeas nas súas referencias, xa que, como elas din, “aínda queda moito traballo por facer”. 
Xosé Velo.
MEMORIA E HISTORIA

Avance do álbum 'Adiante. A palabra de Xosé Velo', con música de Sindo Otero

O Comité de Memoria Histórica de Celanova e a Fundación Moncho Reboiras están a traballar na recuperación da obra do poeta, activista e intelectual celanovés Xosé Velo, un labor que xa dá os seus primeiros froitos. Hoxe, cando fai 90 anos a publicación en Celanova do primeiro e único número de Adiante, semanario da Mocedade Galeguista, ambas as institucións publican un anticipo do disco Adiante. A palabra de Xosé Velo, no que o músico Sindo Otero recrea e musica cinco poemas do prolífico autor.

Velo fora, precisamente, un dos fundadores daquelas mocidades galeguistas e editor do semanario Adiante, que dá título tamén a un dos poemas recuperados para este álbum musical, que se está a gravar nos estudos Visué de Suevos (A Coruña), co acompañamento nas voces de Camila Álvarez e Manuel Abalo, e no piano e na produción de Nacho Varela.

Portada do disco 'Adiante'.
Portada do disco 'Adiante'.

Este traballo, informan desde ambas as entidades, constará de cinco pezas orixinais con letras de Xosé Velo, entre as que se inclúen dous poemas manuscritos polo propio Velo e un audio coa súa voz. O poema que titula o disco, Adiante!, escribiuno en 1932.

Sindo Otero Badás, nado en Bande en 1965, é músico de profesión e ex membro de Kérkennai, formación coa que actuou a nivel nacional e internacional. En 2020 xa presentara unha versión musicada do poema Carceleiriña, que fai parte tamén desta obra.

Adoración dos Magos na igrexa de San Bieito do Campo, Santiago de Compostela. (Foto: P. Lameiro)
A tradición recupera vitalidade ao longo do país

Os Cantares de Reis, unha forma excepcionalmente rica do patrimonio

Os cantos de Reis constitúen un xénero que provocou formas musicais propias e que constitúe unha parte sorprendentemente rica do patrimonio inmaterial da Galiza. Os tipos de canto mudan segundo os lugares en que se dean, mais a tradición de reunirse para ir cantar de casa en casa é a mesma en todo o país.  
Á esquerda, os actuais integrantes de Zapato Veloz, Eros Pérez, Jonatan Castaño y José Manuel Martinez, que retomaron en 2019 o legado iniciado a comezos dos 90; á dereita, a atracción 'El Torito Vacilón', na Estrada, obxecto da polémica. (Fotos: Zapato Veloz | Asociacion de Comerciantes da Estrada)
A Estrada

A voltas co 'comanche': Zapato Veloz exixe unha "rectificación pública" de Xoán Reices, que reitera que "é unha canción machista"

A banda de orixe asturiana emite un comunicado, ao que tivo acceso 'Nós Diario', no que cualifica de "lamentábeis" as declaracións do candidato á Alcaldía da Estrada do BNG, Xoán Reices, quen reitera que a canción, que di nunha estrofa "soy de los que pasan a las indias por la piedra", "asenta a idea da cultura da violación". Pola súa parte, a produtora de Zapato Veloz afirma que "será que a canción só lle 'esperta' a el os seus instintos máis maníaco-sexuais".

Roxelio Groba.
CULTURA

Falece o músico Rogelio Groba aos 92 anos

O compositor Rogelio Groba faleceu na tarde desde 1 de xaneiro na Coruña. Groba é unha referencia da música galega dos últimos 70 anos.

Mar & Ilha. De esquerda a dereita, Rui Silva, Sara Miguel, Jorge 'Canarinho' Silva e Marcos Fernández.
star
Música

Música dos Açores no mundo

A propia Sara Miguel ten declarado que se trataba de experimentar como podería soar a guitarra dos Açores nas cancións de países para onde os habitantes das illas emigraron ao longo deste século,
A cantautora Laura Lamontagne e o DJ e produtor Pico Amperio (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Laura Lamontagne e Pico Amperio: "O disco é unha forma de agradecer as cantigas"

Laura Lamontagne, cantautora, e Pico Amperio, DJ e produtor musical, unen as súas habilidades en Algo que sinalar, o seu primeiro disco, onde combinan poesía, sons do hip hop e música medieval galego-portuguesa. Ambos abordan a acollida deste traballo e a súa forma de achegarse aos sons que lles caracterizan, algo que, como din, “dá un valor á experimentación e á liberación das formas”.