Nós Diario

A deputada nacionalista Mercedes Queixas (Foto: Nós Diario).
LINGUA

O BNG preguntará no Parlamento polo veto a 'Nós Diario' nas axudas á prensa

A formación advirte do incumprimento de diversas normativas galegas e europeas en materia de promoción da lingua.
A escultura das 'Marías', en Compostela, cun exemplar de 'Nós Diario', que nesta terza feira alcanza os 500 números (Foto: Arxina).
SOCIAL

500 días facendo un xornalismo por e para a Galiza

No día en que se publica o número 500 de 'Nós Diario' preguntamos ás e os subscritores que opinan destes case dous anos nas rúas.
Exemplares de 'Nós Diario' nun quiosco de Compostela (Foto: Arxina).
LINGUA

As reaccións ante o veto da Xunta: "Debería haber un baremo para repartir fondos aos medios"

A Mesa denunciará perante o Consello de Europa o "incumprimento" da Carta Europea das Linguas no reparto das axudas á prensa por parte da Xunta. Aliás, o Colexio de Xornalistas exixe un "baremo" para o reparto dos fondos, e desde o BNG apuntan que a defensa dos valores e a lingua do país debería ser "determinante".
O artigo incorpora artigos de análise de diversas temáticas realizados en exclusiva para este especial.
SOCIAL

Anuario 2021: resumo e análise do ano que remata

O vindeiro sábado 18 de decembro ‘Nós Diario’ vén acompañado dunha publicación especial: o anuario 2021, que recollerá unha selección das informacións máis destacadas e que incorpora artigos de destacadas figuras galegas en materia política, económica, laboral, social, cultural, memorialística e deportiva. Reserva o teu exemplar, de balde con ‘Nós Diario’, para non ficar sen o máis relevante de 2021. 
O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. aprobou as propostas de traballo para 2022. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. chama a apoiar ‘Nós Diario’

O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., editora de Nós Diario, reclama o apoio das galegas e galegos após a exclusión do medio das axudas da Xunta da Galiza á prensa.
marcos maceira
LINGUA

A Mesa denunciará perante o Consello de Europa o veto da Xunta a ‘Nós Diario’ nas axudas aos medios

A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou na mañá da sexta feira que recorrerá ao Consello de Europa para denunciar a exclusión de Nós Diario nas axudas aos medios da Xunta da Galiza malia cumprir os criterios da convocatoria de subvencións.

SOCIAL

Que che parece que a Xunta exclúa das axudas aos medios 'Nós Diario' malia cumprir os criterios recollidos na convocatoria?

O Goberno négase a incluír o xornal no reparto de axudas aos medios galegos co único argumento de que non é un diario "porque só se publica de terza feira a sábado", malia que a OXD define "diario" como "calquera publicación que se edita catro ou máis días por semana".

Unídevos a Nós

grafico
A empresa recorre ante o TSXG

A Xunta veta 'Nós Diario' nas axudas á prensa

O Goberno négase a incluír o xornal no reparto de axudas aos medios galegos co único argumento de que non é un diario "porque só se publica de terza feira a sábado", malia que a OXD define "diario" como "calquera publicación que se edita catro ou máis días por semana".
O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. aprobou as propostas de traballo para 2022. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Máis Nós

A primeira mostra do que hoxe é 'Nós Diario' chegou en 2019, concretamente o sábado 30 de novembro. Pasaron dous anos desde que, como dicía o editorial daquel número cero, “a utopía virou en realidade poñendo o foco nun xornalismo galego, independente, valente e feminista que só renda contas perante a verdade e a honestidade”.
Sen titulo
CULTURA

Primeiro cupón para o libro definitivo sobre o escudo do Reino da Galiza

Os cupóns publicaranse na contraportada do xornal desde hoxe até o vindeiro sábado, cun cupón comodín o vindeiro 28 de setembro. Isto permite adquirir O escudo do Reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional por un prezo especial para lectoras e lectores de 15,90 euros.
Partal, Obelleiro e Otamendi durante a sesión na que participaron. (Foto: Nós Diario) #nósdiario #dbalears #diaridebalears #conferencia #mediosdecomunicación #maríaobelleiro #vicentpartal #martxelootamendi
SOCIAL

'Nós Diario' participa nos actos polo 25 aniversario do xornal 'dBalears'

A directora de 'Nós Diario', a xornalista María Obelleiro, tivo oportunidade de debater sobre as linguas nos medios de comunicación con seus homólogos en 'Berria' e 'VilaWeb', Martxelo Otamendi e Vicent Partal, respectivamente.
Dentro da letra 'n' capitular, no 'Sherborne Missal' (1399 Ca.), aparece o escudo. Na esquerda lese "Rex Galacie". (Foto: Nós Diario)
Nós Diario ofrece un libro de Héitor Picallo nunha oferta para subscritores a un prezo excepcional

O escudo do Reino da Galiza podes telo na túa man

Dentro da colección Monografías de Nós Diario preséntase o libro O escudo do Reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional da autoría do investigador Héitor Picallo. Terá un prezo especial para subscritoras de 7,90 euros e, para as persoas que cubran a cartilla que sae hoxe co xornal, de 15,90 euros.
Letreiro da parroquía de Prada, A Veiga (pradaveiga.es)
CULTURA

Nós Diario afonda no mundo dos apelidos no seu novo coleccionábel

A obra constará de 31 fascículos que se publicarán de terza a sexta feira nos meses de setembro e outubro. Nela trataranse algo máis de 200 apelidos.

seoane
MEMORIA E HISTORIA

'Restaurar a memoria democrática galega', especial de 'Nós Diario' no 17-A, Día da Galiza Mártir

Oito páxinas con artigos e achegas de diferentes expertos na memoria dos represaliados e represaliadas polo franquismo.  
nis diario mobil
SOCIAL

Nós Diario, primeiro medio en galego en superar os 40.000 seguidores en twitter

A conta oficial de Nós Diario é a cuarta máis seguida entre os xornais que se publican na Galiza.

Estudantes de Bacharelato do IES Vilar Ponte de Viveiro durante as probas da ABAU (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Textos de ‘Nós Diario’ na ABAU e nas oposicións a docente de Secundaria

Un artigo de Laura Novelle caeu como comentario de texto de Lingua e Literatura Galega na ‘selectividade’ extraordinaria que decorre estes días.

Páxina dupla co primeiro relato de 'Un verán en Galeusca'. (Foto: Nós Diario) #galeusca #unveránengaleusca #máis #caderno #verán #relatos #álexrozados
CULTURA

O caderno Máis regresa para fornecer 'Un verán en galeusca'

O proxecto, que vai polo seu terceiro ano, fornecerá relatos de autoras da Galiza, Euskadi, Catalunya e Irlanda. A primeira entrega será a de Andrea Barreiro, que poderá atoparse esta sexta feira nos quiosques e puntos de venda habitual de 'Nós Diario'.
Confín dos verdes castros e valeroso clan! Novo coleccionábel de Nós Diario
CULTURA

Confín dos verdes castros e valeroso clan! Novo coleccionábel de Nós Diario

Tomando prestada parte da letra do himno galego de Pondal, preséntase o coleccionábel “Confín dos verdes castros e valeroso clan!”. A nova publicación de Nós Diario, disponível a partir do 1 de xuño, permitirá un achegamento ao mundo dos castros da man de arqueólogos e especialistas que teñen un coñecemento de primeira man sobre a evolución e a orixe dun dos elementos que nos define como pobo.

Novo coleccionábel - 18 entregas en xuño – De terza a sexta feira con Nós Diario.

Foto Xela Celia Armas
'Aí vén o maio!'

Celia Armas: “Follas Novas representa a consolidación do empeño consciente de Rosalía de Castro por escribir en galego”

Neste 4 de maio Nós Diario inicia un novo coleccionábel sob o título Aí vén o maio!. Celia Armas García, escritora e profesora de Lingua e Literatura Galega, é a autora do fascículo centrado en Follas Novas. Falamos con ela sobre este título.