Tamén estará en Compostela a palestina Adanía Shibli e representantes do xénero criminal como Rosa Ribas, Miguel Barrero, Joao Tordo ou Bieito Iglesias, así como nomes galegos como Rosa Aneiros ou Diego Ameixeiras
Óscar Manuel Guzmán (Vilamarín, Ourense, 1970) vén de ser galardoado co Premio de Novela Vilar Ponte, que impulsa o Concello de Viveiro, pola súa obra 'Pero... Como morren as pegas?', onde mestura unha trama propia da novela negra con outros temas como a migración, a conexión da Galiza con Portugal e os lazos de sororidade entre as protagonistas femininas.
O caderno de verán Máisque acompaña Nós Diario achega ás lectoras e lectores desde esta terza feira ao sábado o relato inédito A Néboa que Diego Ameixeiras escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, Ameixeiras, un dos principais representantes da novela negra galega, reflexiona, nunha historia de desamor e misterio, sobre a distancia entre a realidade e a forma en que esta é percibida.
A noticia sorprendeu a todos: Domingo Villar falecía onte, con tan só 51 anos de idade, tras sufrir un infarto cerebral. O autor, pai do noir galego e un dos escritores con maior proxección internacional, deixa unha triloxía policial de enorme éxito popular e un volume de contos que se converteu na súa derradeira obra.