star
CULTURA
BDra Gráfica sacará a banda deseñada á rúa en Pontevedra e homenaxeará Miguelanxo Prado
11/xuño/24
A banda deseñada galega e internacional tomará as rúas de Pontevedra entre o 27 e o 30 de xuño coa chegada da segunda edición de BDra Gráfica. Na praza da Ferrería instalarase unha gran carpa de 30 metros que contará con 24 postos, entre librarías e editoras, para coñecer a obra de profesionais como Miguelanxo Prado, Bartolomeu Seguí, Ana Miralles, Antonio Altarriba, Bea Lema, Carlos Portela e Keko.