O Barómetro da cultura galega 2023, presentado esta quinta feira en Compostela, revela que 2022 foi, en termos culturais, un bo ano, pero moi lonxe das expectativas levantadas tras a saída da pandemia.
A pandemia e, sobre todo, a tecnoloxía mudaron a nosa forma de relacionarnos coa cultura. Así o explica o último documento de traballo elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, que mide o comportamento cultural da cidadanía nas últimas dúas décadas.