opinión

TRABALLO

O sector gandeiro galego bótase á rúa contra os baixos prezos

"A actual situación de imposición de contratos conducirá á ruína total senón se toman medidas para controlalo", aseguran dende a Organización de Produtores de Leite, que convoca unha protesta para esta segunda feira. 

Concentración na Estrada contra as granxas de visóns
Galiza

Máis de 200 persoas protestan na Estrada contra as granxas de visóns

A plataforma convocante reuniu polo momento 19.000 sinaturas contra a apertura de novas granxas na Galiza, que concentra o 80% destas instalacións no estado. 

Parcela afectada (Foto: Plataforma veciñal)
Galiza

Unha plataforma veciñal loita por manter Santa Cruz aberta ao mar

Denuncian a construción dun edificio de 18,5 metros no litoral da vila de Oleiros que racharía co gran valor patrimonial, paisaxístico e medioambiental da zona.

Atasco
Galiza

Novas retencións nas peaxes da AP-9 malia as advertencias a Audasa

Rexistráronse esta sexta feira nas peaxes de Santiago e Pontevedra, afectando aos vehículos que se dirixían cara as Rías Baixas.

iglesias
POLÍTICA

A Xunta presentará o contrato con Enrique Iglesias a próxima semana

A directora de Turismo, Nava Castro, confirmou que remitirán o acordo co cantante polo que se pagaron máis de 300.000 euros para a gravación dun vídeo. 

Carlos Negreira (esquerda) e Abel Caballero (dereita) Fotos: FEMP
POLÍTICA

Os alcaldes de Vigo e A Coruña manobran para eludir as acusacións por enchufismo

Abel Caballero e Carlos Negreira foxen dos debates sobre corrupción que afectan á súa xestión, a menos de dous meses das eleccións municipais.

INTERNACIONAL

A líder dos independentistas escoceses imponse no primeiro debate electoral

As enquisas coinciden en sinalar a Nicola Sturgeon como gañadora, por diante do actual primeiro ministro e o líder da oposición laborista.

CULTURA

Os premios AELG 2015 xa teñen finalistas: 31 obras compiten nas 8 categorías

As gañadoras da 16º edición do concurso daránse a coñecer o día 9 de maio na Gala das Letras no Círculo de las Artes de Lugo.

INTERNACIONAL

Irán e as potencias mundiais chegan a un acordo sobre o programa nuclear persa

O goberno de Teherán comprométese a limitar o seu programa nuclear, que sufrirá estritos controis, a cambio do levantamento das fortes sancións económicas e diplomáticas. 

Momento do rescate das forzas kenyanas (Foto: NTV Kenya)
INTERNACIONAL

Un atentado terrorista deixa 147 mortos nunha universidade de Kenya

O grupo islamita somalí Al Shabab reivindicou o ataque como represalia pola presenza de militares kenyanos no seu territorio.

SOCIAL

Unha muller asasinada e outra ferida grave en dous novos casos de violencia machista

O primeiro agresor foi detido minutos despois en Vitoria, mentres que o segundo quitouse a vida no seu domicilio.

Lubitz (Foto: Facebook)
INTERNACIONAL

Lubitz informouse sobre suicidios un día antes da traxedia aérea

Os investigadores encontraron a segunda caixa negra do avión e contan xa con 150 mostras de ADN para confirmar a identidade das 150 vítimas.

INTERNACIONAL

Bélgica denuncia que Facebook rastrexa ilegalmente ás usuarias

Un informe demostra que a rede social utiliza arquivos que violan as leis europeas de protección de datos para investigar o comportamento dos e das internautas.

Artur Mas
INTERNACIONAL

Mas considera a Podemos un obstáculo para o proceso independentista

Asegura que a formación de Pablo Iglesias “fai un gran favor aos intereses do Estado español” nunha entrevista co diario 'Wall Street Journal'.

Manoel de Oliveira (Foto: Wikipedia)
CULTURA

Falece o centenario cineasta portugués Manoel de Oliveira

Vaise un dos referentes da gran pantalla, o realizador máis lonxevo do mundo e o último director europeo que comezara no cine mudo.

Momento da actuación policial
SOCIAL

A agresión da GNR contra tres concelleiras do Bloque chega ao Parlamento luso

O Bloco de Esquerdas pregunta ao Goberno portugués que medidas tomará fronte a “intervención policial desproporcionada” do pasado 28 de marzo en Monção.

The Sweet
CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar... The Sweet: Strung Up (1975)

Dicía Gene Simmos, que se non existiran The Sweet, Kiss tampouco existiría. Sen dúbida, estamos ante unha das bandas máis influentes e carismáticas do glam rock.

Palestina
INTERNACIONAL

Palestina poderá denunciar a Israel por crimes de guerra

Ingresa como membro oficial da Corte Penal Internacional pese as presións do estado israelita e do seu aliado USA para evitalo.

Facebook Sermos Galiza
RéCORD DE USUARI@S úNIC@S NA HISTORIA DO WEB

As 10 pezas máis vistas de Sermos Galiza no mes de marzo

Marzo foi un moi bon mes para Sermos Galiza. O web atinxiu o seu máximo histórico en utilizadoras/es únicas/os, ao alcanzar os 88.516. A nosa audiencia viu un total de 455.578 páxinas. Relacionamos a seguir as 10 pezas máis vistas do mes.

pobreza
Galiza

Un país no camiño da desigualdade

En cinco anos produciuse un incremento da desigualdade en Galiza do 14,4%, porcentaxe moi superior á media do Estado, 8,6%. O país afástase da igualdade e integración social, advirte un informe de Foessa, e xa son 166.000 os fogares galegos que viven en exclusión.