opinión

David Cal
DEPORTES

David Cal retírase, "non me atopaba motivado"

O maior deportista galego de toda a historia confirmou a súa retirada.

TEATRO
CULTURA

Os concellos do BNG comprométense cun decálogo a apoiar o teatro

No Día Mundial do Teatro, o BNG fixo público un decálogo de propostas para a promoción das artes escénicas que se compromete a desenvolver desde os concellos que gobernen. 

Filgueira Valverde
CARA AO DÍA AS LETRAS GALEGAS

Galaxia rompe o xeo e publica Filgueira Valverde

A poucos días de rematar o mes de marzo, Galaxia rompe o xeo arredor da figura de Filgueira, a quen a RAG lle dedica o Día das Letras Galegas, e faino ao grande: cunha das súas bibliotecas de autor. 

vicio
CRíTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

'Puro vicio'

Psicodelia nun filme de intriga. 

Amarante
CULTURA

"Cultura que une", unha rede de encontro da Galiza e Portugal

Cultura que nos Une é unha rede de persoas e entidades para o encontro de Galiza e Portugal. Unha xornadas en maio e xuño en Amarante e A Coruña botan a andar a iniciativa. 

Luis iglesia e Xabier Deive
CULTURA

Luís Iglesia e Xabier Deive comezan a despedir “Sede de mal” en Pontevedra e Vigo

O 10 de abril en Vigo e o 11 en Pontevedra, os actores Xabier Deive e Luís Iglesia comezan a despedida do espectáculo Sede de mal despois de máis dun ano de representacións. Preparan Filosofando, que dirixirá Avelino González. 

Xesús Alonso Montero
A RAG VALORA UN POSÍBEL RECURSO AO TC

Alonso Montero: “A sentenza é unha mala noticia para a causa da lingua galega”

Como unha mala noticia para a causa da lingua galega recibe o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero a noticia da senteza do Tribunal Supremo que rexeita o recurso presentado contra do decreto do plurilingüísimo. A RAG está convocada a unha xuntanza coa Xunta. 

INTERNACIONAL

O copiloto agachou a Germanwings que non estaba en condicións de voar, di a fiscalía

A pesquisa realizada no apartamento de Andres Lubitz en Dusseldorf deu lugar a un achado que pode explicar a razón que levou ao copiloto a estrelar deliberadamente o Airbus nos Alpes franceses: o pretenso suicida tería rachado unha nota médica que lle aconsellaba non voar o día do sinistro.

LINGUA

O Supremo admite que o uso do galego non é "igual ou equivalente" ao do castelán

A sentenza do Tribunal Supremo que rexeita o recurso da Academia Galega contra o decreto de plurilingüísimo recoñece, malia iso, que o uso do galego non é “igual ou equivalente” ao castelán. Mantén a ilegalidade dos dous puntos que xa anulara o Superior de Galiza. 

señora compra familias fogares
MÁIS DE 600 MIL PERSOAS, EN RISCO DE EXCLUSIÓN

A metade dos fogares galegos ingresa menos de 1.652 euros ao mes

Segundo o IGE o 56% das familias chega con dificultade ou moita dificultade a final de mes. Os últimos dados publicados son de 2012 mais evidencian a queda de ingresos familiares ao longo do último quinquenio, marcado pola crise económica

Foto: Corsini
DÍA MUNDIAL DO TEATRO

A nova compañía ilMaquinario Teatro triunfa con “Perplexo” nos Premios María Casares

Mellor espectáculo, dirección, adaptación, iluminación e vestiario. “Perplexo” de ilMaquinario Teatro, fundada hai menos de tres anos, triunfa nos María Casares. A “Ultranoite no País dos Ananos” de Chévere consegue mellor música, actor e texto.

LINGUA

O Supremo rexeita o recurso da RAG sobre o decreto que reduce a presenza do galego

O Tribunal Supremo dá a razón á Xunta e reafirma nos seus aspectos básicos o fallo do Tribunal Superior de Xustiza galego en relación ao decreto que limita a presenza do galego no ensino.

cerco
POLÍTICA

O Partido Popular 'amordaza' a rúa

A lei de Seguridade Cidadá e a reforma do Código Penal entrarán en vigo o 1 de xullo após seren aprobadas no Congreso español.

POLÍTICA

A Audiencia absolve @s edís de Compostela condead@s por prevaricación

O tribunal entende que o pagamento con fondos públicos da defensa dun concelleiro imputado na Pokémon non vulnera o ordenamento xurídico.

Imaxe: Que pasa na Costa
LINGUA

“Nuestra Sra de la Barca”, un ataque en pedra ao galego

A rehabilitación do Santuario da Virxe da Barca non só provocou o descontento da veciñanza, a Mesa denuncia a “intolerábel agresión á nosa lingua” ao incluír a sinalización en pedra do nome traducido ao español. 

Ponte nas Ondas
CULTURA

Ponte... nas ondas! conmemora os seus vinte anos con tres horas de radio

A conmemoración tiña que ser, por obriga, a través das ondas. Tres horas de radio ao vivo festexarán os 20 anos de Ponte... nas ondas!, un proxecto de comunicación, cultura e encontro de Galiza e Portugal. 

SOCIAL

A Xunta autoriza unha transnacional a cobrar polas proxeccións audivisuais no ensino

Motion Picture Licensing Company cobrará 1,25€ por estudante en concepto dunha suposta licenza.

INTERNACIONAL

Analizan os rexistros da caixa negra pertencente ao Airbus A320

Angela Merkel, Mariano Rajoy, Artur Mas e François Hollande desprazáronse até o lugar do sinistro onde os servizos de resgate procuran os restos mortais da pasaxe.

Xosé Lois García
CULTURA

O amigo galego de Herberto Hélder

Que Herberto Hélder non concedía entrevistas é referencia nos obituarios do poeta portugués que morreu esta segunda feira en Cascais. Algúns medios portugueses mesmo se refiren a ese texto insólito que o escritor Xosé Lois García publicou na revista Luzes de Galiza. García mantivo máis de trinta anos unha estreita amizade co poeta. 

CULTURA

Un poema para conmemorar o 25 cabodano de Carvalho Calero

Este 25 de marzo cúmprese o 25 aniversario da morte dun dos grandes das nosas letras, Ricardo Carvalho Calero. A el dedicámoslle o A Fondo que sairá do prelo esta quinta feira. Rendémoslle humilde tributo coa escolla dun dos seus poemas.