opinión

Coia
DIEGO LORES, ODS-COIA

"A policía tomou o de Coia como un conflito persoal"

Activista de ODS-Coia, Diego foi denunciado pola policía municipal de Vigo que o acusa dun presunto delito de "atentado" contra a autoridade no marco das mobilizacións contra a instalación do Bernardo Alfageme.

ECONOMÍA

Caída en emprego e facturación do sector galego da automoción

O número de postos de traballo directos caeu nun 4% en 2014, de 19.000 a 18.150, segundo dados do Cluster.

O BNG PIDE QUE NON SE ASINE O CONVENIO COA AXENCIA ESTATAL

A Xunta non despexa as dúbidas sobre Meteogalicia

As incógnitas que pairan sobre o futuro de Meteogalicia continúan sen ser despexadas. Ana Pontón interesouse sobre o asunto na comisión 2 do Parlamento galego.

Folga de fame en Povisa
TRABALLO

Ouvidos xordos do PP e o goberno no conflito de Povisa

Malia o concerto asinado entre a Xunta e o centro hospitalario privado, a delegada territorial, María José Bravo asegurou que non tomará parte na resolución do conflito por se tratar dunha empresa privada. 

CULTURA

A literatura oral colle forza na AELG

A asociación é de escritores e escritoras mais a oralidade está a coller forza na AELG. Un grupo de traballo, coordinado por Antonio Reigosa, dará continuidade a Polafías, Xornadas de Literatura de Tradición Oral ou a iniciativa de Mestras e Mestres da Memoria. 

OPERACIÓN ZETA

Mato non se presenta ao acto de conciliación e Crespo tira por elevación contra Rajoy

Como era previsíbel, a conselleira de Traballo e Benestar non acudiu ao acto de conciliación pola querela apresentada contra ela polo suposto líder da Operación Zeta, o empresario coruñés Gerardo Crespo.

Verónica Martinez e Alberte Momán
CULTURA

Ponme un poema... con tapa e bebida

Vaso, tapa e poema. Así é a proposta da Fundación Vicente Risco para o Día Internacional da Poesía, a segunda edición de “Ponme un poema!” desta volta con Verónica Martínez e Alberte Moman. 

Galiza

Aduanas detén o presidente de Monbus e rexistra as oficinas da compañía en Lugo

[ACTUALIZACIÓN 18:10H] Raúl López foi detido, xunto con outras 9 persoas, por orde da xuíza Pilar de Lara que as vencella coa Operación Pokémon. Nun comunicado, a empresa garante a prestación de servizos e di descoñecer o contido da investigación, se ben partilla "a tranquilidade e seguridade manifestada polo noso presidente". Feijóo di non lembrar se se reuniu ou non co presidente de Monbus.

trans
SOCIAL

Transexualidade, a batalla en defensa das identidades de xénero

O nacemento da Asociación Chrysallis na Galiza, integrada por familias con crianzas transexuais, súmase á loita de activistas transfeministas como a de Laura Bugalho. Con ela e Cristina Palacios, presidenta de Chrysallis, falamos de diversidade de xénero.

SOCIAL

A RAG incorpora a endometriose ao seu dicionario

A Academia respondeu á solicitude presentanda pola asociación querENDO recollendo entre o seu léxico o nome da doenza.

Comarcas

Ponte Solidario, unha loita veciñal contra a exclusión social en Ponteareas

Xurxo Borrazas
CULTURA

Xurxo Borrazás reivindica o teatro no Manifesto Galego para os Premios María Casares

O escritor Xurxo Borrazás é o autor do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro que lerá no acto de entrega dos XIX Premios María Casares. No manifesto, Borrazás defende que os recortes ao teatro teñen como obxectivo “conter a lingua galega como emblema da nosa cultura”.

CULTURA

Xurxo Borrazás reivindica o teatro no Manifesto Galego para os Premios María Casares

O escritor Xurxo Borrazás é o autor do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro que lerá no acto de entrega dos XIX Premios María Casares. No manifesto, Borrazás defende que os recortes ao teatro teñen como obxectivo “conter a lingua galega como emblema da nosa cultura”.

INTERNACIONAL

Detidas 350 persoas nos protestos contra abertura da nova sede do BCE en Francfort

As mobilizacións foron convocadas polo colectivo anticapitalista Blockupy. Denuncian o despilfarro de diñeiro público e as consecuencias sociais das políticas comunitarias.

15-03-18 folga universidade 001
SOCIAL

Chaman a secundar masivamente a greve do 24M na universidade galega

Organizacións sindicais e estudantís informaron das manifestacións previstas nas sete cidades e do paro convocada para o vindeiro día 24 de marzo contra o ‘Decreto 3+2’. ‘’Queren desmantelar e privatizar o sistema público”.

ECONOMÍA

O salario medio galego fica 223 euros mensuais por baixo do español

É o cuarto territorio do Estado pola cola cos soldos máis baixos. 624 euros menos ao mes que en Euskadi, 311 menos que en Catalunya ou 400 menos que en Madrid.

Francisco P. Lorenzo
SÓ EN PAPEL

Sermos Galiza publica esta quinta feira un adianto editorial de “Cabalos e lobos”

Nas próximas semanas chegará ás librarías a novela Cabalos e lobos, a estrea literaria coa que o xornalista Francisco P. Lorenzo gañou o Premio Blanco Amor de Novela. O semanario Sermos Galiza publicará esta quinta feira un adianto do texto.

INTERNACIONAL

Netanyahu e a súa aposta de veto do Estado palestiniano gañan as eleccións en Israel

A dereita do Likud gañou os comicios en Israel por unha marxe maior da agardada.

pesca mariñeiros
TRABALLO

A crise destruíu en Galiza o 20% dos empregos no mar

Só nos dous primeiros meses de 2015 perdéronse 1.235 postos de traballo, unha media de 21 cada día. Desde 2008 até hoxe foron máis de 5.400 os empregos perdidos.

INTERNACIONAL

O SNP ten a chave de Downing Street