opinión

celta-crop
DEPORTES

O balón parado castiga o Celta, que volve caer en Balaídos (1-2)

O conxunto vigués caeu ante o Athletic en casa nun partido que se lle puxo moi costa arriba na primeira metade e que estivo preto de igualar no treito final após o gol esperanzador de Larrivey.

María Feijóo
MARíA FEIJOO, XORNALISTA

“Galiza continúa a ser a terra prometida para quen emigrou a Zarautz”

A xornalista María Feijoo vén de presentar o libro Orballo: crónica da inmigración galega en Zarautz, un traballo que ten como fontes privilexiadas a memoria oral da emigración. O escritor e investigador Xosé Estévez presentou o traballo desta filla dun emigrante de Nogueira de Ramuín que está accesíbel na rede. 

juan valdés para capa web
JUAN VALDÉS, PREMIO DE CIENCIAS SOCIAIS DE CUBA

“A UE estivo e estará subordinada á política exterior de EEUU cara a Cuba"

O A FONDO desta semana -disponíbel aquí- analisa a situación en Cuba. Coordénao Xulio Ríos, director do IGAI.

Xurxo Souto
CULTURA

“Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto, libro do ano nos Premios Irmandade

Que Yolanda Castaño era a gañadora como autora do ano xa se adiantara uns días antes de que a Federación de Libreiros entregara este sábado os seus premios. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto sería o recoñecido como mellor libro do ano. 

SOCIAL

Dereitos Civís acumula 45 denuncias contra axentes de Policía e Garda Civil

A plataforma afirma que se lles nega información sobre o estado de tramitación desas demandas alegando supostos ‘’motivos de seguridade cidadá’’.

Acto de EH Bildu en el BEC (Marisol RAMIREZ / ARGAZKI PRESS)
Euskal Herria

EH Bildu di que “esperar por cambios en España é como crer en ectoplasmas”

A formación vasca considera que “a posición do Estado é monolítica e agresiva” e considera “revolucionaria” a vía soberanista que defende.

Hamlet2
CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Hamlet: A Ira

Recén saído do forno está o último de Hamlet e o noso crítico de rock e outras lerias xa lle ten tomado a medida.

CULTURA

O segundo misterio da Virxe do Cristal

O primeiro misterio foi a aparición en 1630. O segundo é a súa desaparición co asasinato do párroco que a custodiaba. A Virxe do Cristal, a que cantara Curros e recollera Cabanillas, fica en paradoiro desaparecido e toda a comarca de Celanova sente a súa ausencia. 

Yolanda Castaño e María Reimóndez
FERNÁNDEZ PAZ E LEDICIA COSTAS, ENTRE OS PREMIOS ÁNXEL CASAL

Maria Reimóndez, mellor autora para as editoriais, Yolanda Castaño para as librarías

En menos de vintecatro horas, librarías e editoras entregan os seus premios anuais. As editoriais escollen a María Reimóndez como autora do 2015, as librarías optan por Yolanda Castaño. 

POLÍTICA

A UPG toma parte en México no XIX Seminario “Os partidos e a nova sociedade”

Hai 19 anos que se vén realizando na cidade de México o Seminario Internacional “Os partidos e a nova sociedade”. Desta volta a participación galega recae na Unión do Povo Galego, partido integrado no BNG.

Coanhadeira
XERARDO QUINTELA, ACORDEONISTA DE COANHADEIRA

“Os cartos de Enrique Iglesias deberían destinarse a bandas galegas”

Publicamos a entrevista publicada no semanario nº136 con Xerardo Quintela, acordeonista de Coanhadeira. Este sábado presentan o seu novo traballo, Bicos con luvas, no Teatro Principal de Compostela.

Folga de fame en Povisa
Galiza

Unha marcha apoia a folga de fame polo emprego en Povisa

Esta sexta feira, unha manifestación en Vigo defenderá os postos de traballo en Povisa e apoiará a folga de fame que tres traballadores e traballadoras manteñen desde hai catro días. 

maps
CULTURA

Maps to the Stars

Unha desapiadada mirada á sociedade hollywoodiense para público escéptico e para mitómanos que queiran desintoxicarse.

Manuel Anxo Fernández Paz, BNG TEO RP
POLÍTICA

O BNG empraza a Noriega a que renuncie a cobrar o salario do Concello de Teo

O portavoz municipal do Bloque considera “insostible desde a ética” manter unha dedicación exclusiva que supón 14.000 euros ao municipio mentres é candidato á alcaldía de Compostela.

INTERNACIONAL

Islandia retira a súa solicitude de adhesión á UE

O país non poderá presentar unha outra candidatura sen submeter a cuestión a referendo.

ses
O DÍA 24 SAE Á VENDA O SEU TERCEIRO DISCO, "TRONZAR OS VALOS"

Sés: “Precisamos unha revolución cultural para volver a ser pobo"

Do gaucho Martín Fierro recolle a frase “canto opinando que é o meu modo de cantar” para se presentar. Sés está de volta co seu terceiro disco, Tronzar os valos despois do extraordinario recibimento que tiveron os anteriores Co xenio destrozado e Admirando a Condición. As súas cancións queren agora tronzar valos, eliminar rúas prohibidas e convidar a pensar. 

Acto de presentación de candidatura en Compostela
Galiza

BNG-Asembleas Abertas inicia en Compostela a presentación das súas candidaturas

A candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Compostela encabezada por Rubén Cela defendeu un proxecto de cidade democrática fronte á corrupción e o caos do PP.

PARTICIPACIÓN MASIVA: 400 VOTOS A FAVOR E 318 EN CONTRA

O cadro de persoal aproba o novo convenio colectivo da CRTVG

O cadro de persoal da CRTVG -a radio e a televisión públicas da Galiza- votou favorabelmente o texto de convenio colectivo acordado polo comité de empresa e a dirección da compañía. A consulta, que tiña carácter vinculante, rexistou unha participación moi alta: o 80,9%.

Xulgado barcelona
SOCIAL

Un xulgado barcelonés recoñece os dereitos laborais das traballadoras sexuais

Nunha sentenza pioneira considérase probada a existencia dunha relación laboral que exixe a contratación das traballadoras, a súa alta na Seguridade Social e os dereitos e prestacións que dela se deriven. 

O poeta rianxeiro Manuel Antonio.
CULTURA

Rianxo homenaxea a Manuel Antonio en catro singraduras

“De catro a catro: catro singraduras en honra de Manuel Antonio” é o título do programa co que o Concello de Rianxo homenaxea neste mes de marzo ao seu poeta, ao se cumpriren oitenta anos da homenaxe popular que se proxectou en 1935.