opinión

Parlamento
DEBATE NO PARLAMENTO

O PP presume de Lei de Emprego Público fronte á unha oposición que a considera un paso atrás

BNG, AGE, PSOE e grupo mixto pediron a devolución dun proxecto que, aseguran, profundiza o deterioro dos servizos públicos. Pola contra, @s populares lóuvana como ‘’pioneira’’ no Estado.

Xulio Ríos recortada 340
XULIO RíOS, COORDENADOR DUN A FONDO SOBRE CUBA

"Esta é unha gran oportunidade para saír dunha canella sen futuro"

Que horizontes se perfilan para a Cuba posbloqueo? Dende a illa, responden para o A Fondo que se cociña para esta quinta feira voces tan comprometidas co seu país como ignoradas dende fóra.

SOCIAL

O TSXG confirma a ‘’ilegalidade’’ das quendas de 1.300 traballadores da Consellería de Benestar

Este persoal laboral presta os seus servizos nunha ducia de centros da provincia da Coruña. A Xunta fixou quendas de 7 días de traballo seguidos ou a libranza dun único domingo ao mes.

María Xesús Neira
10M: GREVE DE FAME EN POVISA

"A Xunta estase a lavar as mans co que acontece en Povisa"

Tres representantes do comité de empresa encetan esta terza feira unha folga de fame indefinida contra os despedimentos anunciados. Denuncian "chantaxes" por parte da dirección do centro hospitalario perante a negociación dun novo convenio colectivo. 

BNG
"Só 35 DOCENTES TEñEN MENOS DE 30 ANOS"

Galiza posúe o persoal universitario máis envellecido do estado

O portavoz do BNG denunciou o "envellecemento" que atinxe o sistema universitario galego nun encontro con profesorado, estudantes e pesoal de servizos da UDC. 

A ASOCIACIóN REUNIRASE CON BNG E PSDEG

querENDO levará a endometriose ás prazas de abasto

A asociación de mulleres con endometriose desenvolverá actos o 28 de marzo nas prazas de abasto para concienciar sobre esta doenza. 

Daniel Moreiras
DANIEL MOREIRAS, AUTOR DA "PALE TILLA" DE "PÁRAMO PICTURES"

“A Enrique Iglesias déronlle 302.000€ e nós gastamos 150 en facer a parodia en galego”

Son os autores do vídeo do momento, da parodia “galega” do videoclip de Enrique Iglesias que arrasa nas redes. Daniel Moreiras explícanos canto gastaron e como elaboraron a nova produción da Páramo Pictures, autores tamén do vídeo máis visto da historia da música galega. 

.
Galiza

Máis de corenta empresas da alimentación participan nun proxecto comercial no Brasil

A Asociación Galega de Viticultura, a Rede galega de Empresas e a Asociación Campalgo impulsan un proxecto de comercialización no Brasil no que participan máis de corenta empresas galegas do sector de alimentación. 

Jorge Coira
JORGE COIRA, DIRECTOR DE CINE

"Paréceme preocupante que haxa tan poucas directoras"

Jorge Coira non só é un director de ampla experiencia, senón tamén o actual presidente de CREA, a asociación de directores/as e realizadores/as de Galicia. Dende ese mirador, conversamos con el sobre a situación do audiovisual.

eva almazán 340
EVA ALMAZÁN, TRADUTORA EDITORIAL

“O Premio Nacional de Tradución é un fito da historia cultural galega”

Formou parte da equipa que verqueu ao galego o Ulises, merecente do premio estatal de Tradución. Eva Almazán fálanos da situación da tradución no A Fondo que publicamos a quinta feira 5 de marzo (disponíbel aquí).

Killer_Barbies-Dressed_To_Kiss-Frontal
CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar... Dressed To Kiss (Killer Barbies)

POLÍTICA

Falece Cacharro Pardo

O que foi polémico presidente da Deputación de Lugo polo PP durante case un cuarto de século morre aos 78 anos. 

Presentación pública da Marea de Vigo [Foto: VIGOdixital]
MUNICIPAIS 2015

A retirada de Podemos frustra as candidaturas cidadás en Vigo

A Marea de Vigo, apoiada por EU e Anova, é a única das 5 plataformas xurdidas na cidade que tería asegurada a súa candidatura para o 24M. A formación que lidera Pablo Iglesias anunciou que non apoiarán ningunha.

oliva
MEMORIA E HISTORIA

Memoria do aceite

Os documentos de finais da Idade Media falan de que na Galiza había cultivo de oliveiras e produción de aceite e que foron os Reis Católicos quen mandaron cortar parte delas. Xoán Costa fai memoria do aceite galego e afonda nas razóns políticas para a súa desaparición. 

CARA AO 8-M

"Cómpre visibilizar a loita polas liberdades sexuais"

Elisabet é unha das voces que compoñen a Asociación Nós Mesmas. O colectivo LGTBIQ tamén fai parte da convocatoria do 8 de marzo. 

Lucía López Bayo
CARA AO 8-M

"É importante a colaboración entre as mulleres"

Lucía López Bayo é xornalista e unha persoa implicada no desenvolvemento, como o nome do colectivo do que fai parte.

 

SOCIAL

Sexualidade e filosofía na XXXII Semana da Aula Castelao

Pontevedra acollerá do 6 ao 10 de abril máis unha Semana galega de filosofía.

Xuntanza CIG Ensino e conselleiro
POLÍTICA

O novo conselleiro de Educación non se compromete a readmitir o persoal docente do Celga

A CIG-Ensino entrevistouse con Román Rodríguez. Para a central sindical, "constátase que o novo conselleiro vai ter unha política seguidista", afirmou Anxo Louzao. 

capa
CRíTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

'Forza maior'

Unha análise do comportamento humano perante situacións extremas. 

Os Minhotos na Casa de Manuel María
CULTURA

Os Minhotos en concerto na Fundación Manuel María

“Os Minhotos” xunto coas cantareiras “Zoelas” son os protagonistas do concerto que este sábado acollerá a Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. Dun poema do autor tiran o seu nome e o do disco que están a presentar, “Pinga D´Auga”.