opinión

ttip1
Galiza

Galiza súmase á xornada de mobilización xeral contra o TTIP o 18 de abril

Ese día terán liugar accións simultáneas en Europa e América do Norte. Organizacións e entidades como a CIG denuncian o ‘’secretismo’’ e ‘’escurantismo’’ das negociacións. Unhas xornadas de Ecoar debullarán o que supón o tratado.

QUEDA DEMOGRÁFICA: O CENSO CAE EN 14 MIL GALEG@S EN 2014

216 concellos: máis persoas xubiladas que mozas

Os dados do IGE reflicten un descenso poboacional de máis de 14 mil persoas en 2014, máis persoas xubiladas que mozas en 216 concellos e máis de 3 mil núcleos poboacionais con menos de dous habitantes ou ningún. 

Comarcas

Condenan a 1 ano de prisión o veciño de Coia prendido nos protestos contra o Alfageme

Xurxo Romero foi condenado por delitos de "resistencia" á autoridade e "lesións" a un axente da policía local. A sentenza tamén exixe o pagamento de 1.135€ de indemnización ao policía. 

Comarcas

Cultura non proporá musealizar o barco que Caballero colocou na rotonda de Coia

Declina colocar no Museo do Mar o buque alegando que "o propietario" é o Concello de Vigo e a esta institución corresponde, dixo Anxo Lorenzo, determinar o futuro deste ben patrimonial. 

International_criminal_court
INTERNACIONAL

Palestina denuncia Israel na Corte Penal Internacional

Presentará a primeira demanda o 1 de abril por crimes de guerra na operación 'Bordo protector'.

.
CULTURA

Voz de alerta para salvar o xacemento de Estabañón

MariñaPatrimonio, ADEGA e o Colectivo “Pensamento e Sementeira” urxen medidas para protexer o xacemento arqueolóxico de Estabañón, diante de temporais que poden rematar por destruílo. 

XUNTA DE PORTAVOCES

Máis un non do PP a investigar no Parlamento o sinistro de Angrois

Francisco Jorquera (BNG) enfatiza a “necesidade” de “esclarecer” a verdade e “depurar responsabilidades”. Xosé M. Beiras (AGE) acusa o PP de “cirscarse nos mortos”. @s populares argumentan que xa se falou do tema no seu momento.

REFERENTE DA ECONOMíA CRíTICA E DEPUTADO DE SYRIZA

Lapavitsas defende que para "rachar coa austeridade" Grecia debe "liberarse do euro"

É unha das principais figuras da economía crítica. Costas Lapavitsas é máis que iso: desde as eleccións de xaneiro 2015, ten un escano no Parlamento europeu, no grupo parlamentar de Syriza. Esta segunda feira publicou un artigo en The Guardian. El non se move das súas posicións de esquerda radical: para rachar coa austeridade, Grecia debe saír do euro.

.
Galiza

As nosas costas recibiron case trescentos animais varados de especies ameazadas

Tartarugas e mamíferos mariños, momos e lontras son algúns dos case trescentos animais das especies ameazadas que no pasado ano chegaron ás nosas costas. Cemma alerta pola inxesta de plásticos que ameaza á fauna mariña. 

Cora Peña
CULTURA

“Tesouro de Corcoesto” inicia as súas proxeccións no ciclo “Olladas de muller”

O documental Tesouro de Corcoesto de Cora Peña será un dos filmes que se proxecten no ciclo “Olladas de muller”, coordinado por Encarna Otero e organizado pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe.

Fotograma dunha das curtas gañadoras
CULTURA

A AS-PG convoca cineastas a elaborar "curtas para Rosalía"

“Curtas para Rosalía” chegan á quinta edición promovendo a creación audiovisual arredor da figura central da literatura galega. A AS-PG convoca este certame ao que se poden presentar traballos até o día 23 de abril.

GONZALO CONSTENLA COCIÑA O PRÓXIMO A FONDO

"Menos galego significa menos traducións, menos tradutoras/es e piores condicións"

Malia á súa invisibilidade e á precariedade das súas condicións, a tradución en galego destaca pola súa calidade. Descubrímolo no A Fondo desta semana, a saír do prelo esta quinta feira 5 de marzo.

FICA EN SUSPENSO AO NON ALCANZARSE O QUóRUM

Menos do 10% de participación na votación de Podemos Vigo e Ourense sobre as mareas

Continúa a tónica de baixa participación nos procesos internos de Podemos. Desta volta nen se alcanzou o quórum do 10% para dar por bon o referendo cibernético en Vigo e Ourense sobre o eventual apoio ás mareas.

CARA AO 8-M

"Esta é unha convocatoria do conxunto do feminismo galego"

Pili Estévez enceta unha rolda de entrevistas que Sermos vai publicar coa vista posta no Día Internacional das Mulleres e explícanos as razóns da convocatoria unitaria lanzada polo conxunto do movemento feminista "na súa diversidade".

Maxisterio
Comarcas

Estudantes da USC, sen aulas máis dun mes por non se cubriren baixas docentes

Alumnado de Pedagoxía e Educación social da USC denuncia a perda de docencia en dúas materias. Desde a universidade "pasan a bóla duns a outros", apuntan.   

Bansky
INTERNACIONAL

Banksy bate conciencias desde Gaza

O artista urbano viaxou até a Faixa para lembrar o xenocidio que se continúa a cometer contra a poboación após asasinar Israel máis de 2 mil persoas etre xullo e agosto de 2014. VÍDEO NO INTERIOR.

CARA AO 8-M

O número de mulleres desempregadas na Galiza ascende a 300.000

Sen emigración e infraemprego, o número de mulleres desempregadas na Galiza sería de 300.000. Son os dados do informe feito público esta segunda feira pola Secretaría Confederal de Muller da CIG  que chama a participar na manifestación unitaria do 8 de marzo en Compostela. 

Facebook Sermos Galiza
COMUNIDADE SERMOS

As 10 pezas máis vistas de Sermos Galiza no mes de febreiro

Relacionamos a seguir as 10 pezas máis vistas de Sermos Galiza no mes de febreiro, 28 días en que as persoas utentes do noso web viron un total de 385.574 páxinas.

RUXERUXE
CULTURA

As bandas de rock en galego contan cun novo concurso, o Novo Cruceiro Rock

Poden participar bandas emerxentes e tamén consolidadas. Rock en galego é o único requisito para participar no I Concurso de bandas en galego, Novo Cruceiro Rock. O prazo remata o 31 de marzo. 

Galiza

Un maratón de 12 horas polo galego inaugurará este mes a nova etapa de Irmandade TV

O proxecto televisivo poderase ver en diferentes soportes (TDT, cabo -na plataforma R-, internet) e comezará a retransmitir a fins do presente mes. Na grella: informativos, magazine cultural, deportes, lecer, curtas...