opinión

.
CULTURA

A memoria das mulleres toma o corazón de Pontevedra

Ocupan a Praza da Ferrería, no corazón da cidade. Imaxes e textos incorporan os nomes das mulleres á historia de Pontevedra, en plena luz, á vista do público e para sorpresa de moitos pontevedreses e pontevedresas que ignoraban a ousadía vital de moitas das súas veciñas.

San Marcos
TRABALLO

A CRTVG vota o novo convenio colectivo

O cadro de persoal da CRTVG vota en referendo o pre-acordo asinado por todas as organizacións sindicais agás a CUT.

Ría do Burgo
TRABALLO

Un novo verquido fecha os bancos marisqueiros da Ría do Burgo por segunda vez en 15 días

As mariscadoras demandan que se investigue a orixe do foco e a "rexeneración integral" da ría.

CULTURA

A Virxe do Cristal desaparece co asasinato do párroco que a custodiaba

A Virxe do Cristal non apareceu despois de que o párroco que a custodiaba Adolfo Enriquez aparecera asasinado na palleira da reitoría. A xoia artística que a literatura elevou a figura emblemática da nosa cultura puido ser roubada no asalto á casa do crego. 

Gabriel González
A QUEDA DEMOGRÁFICA, A ANÁLISE NO NÚMERO 137 DE SERMOS

Como recuperar un país que desaparece?

Despoboamento e avellentamento poboacional marcan a realidade xeodemográfica galega. No semanario en papel que saíu do prelo esta quinta feira analizamos as súas causas, consecuencias e posíbeis solucións. Imaxe capa Gabriel González. 

Vicente Montoto
CULTURA

Vicente Montoto, Premio de Honra Marisa Soto

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia homenaxea a Vicente Montoto ao concederlle o Premio de Honra Marisa Soto que será entregado o vindeiro 26 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña na gala da XIX edición dos Premios María Casares. 

Enrique Iglesias
CULTURA

O BNG pide por escrito o contrato da Xunta con Enrique Iglesias

O BNG rexistrou por escrito no Parlamento unha petición oficial para ter acceso ao contrato da Xunta coa produtora do videoclip de Enrique Iglesias. Defende tamén unha iniciativa parlamentar para a creación dunha liña de axudas para a produción de videoclips de grupos galegos. 

BNG
POLÍTICA

"Fun expulsa por exercer un dereito recollido no regulamento da Cámara"

A presidenta do Parlamento expulsou a deputada do BNG, Carme Adán, cando esta procedía a intervir na quenda de interpelacións desde a tribuna.

SOCIAL

Detido no aeroporto de Sá Carneiro un condenado por pertenza a Resistencia Galega

[Actualizada ás 10:50 horas] A radio-televisión pública portuguesa informou que foi detido, canda un acompañante, cando procuraban viaxar a Venezuela con documentación  falsa. Fontes policiais citadas por medios portugueses e españois apontan que o detido é Heitor N.G. Esta quinta feira pasará a disposición xudicial. Jaime M.M foi posto en liberdade.

Jorquera_Feijóo_Ana Pontón
PLENO NO PARLAMENTO

Jorquera ataca Feijóo por colaborar na compra de Abanca por un prezo "ficticio"

O banqueiro venezuelano Escotet comprou Abanca por 1.003 millóns de euros, mais o portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera, denunciou esta cuarta feira que ese prezo é "ficticio" porque encobre "axudas públicas".

NON DES A ESQUECEMENTO

As cicatrices de José e Lola

A nova entrada de Non des a esquecemento, o blog de Luís Bará,  lévanos ás curvas da Regaduxa, á represión no concello de Vilaboa, á historia de José Cerqueiro, agochado tres anos e despois encarcerado e a súa filla Lola que foi rapada, secuestrada e aldraxada sen aparecer en ningunha listaxe de vítimas. 

INTERNACIONAL

Cimeira dos estados sudamericanos para responder á ‘’inxerencia’’ de EUA en Venezuela

Unasur manterá esta quinta feira unha xornada preparatoria da reunión presidencial de grupo.

dedo
CULTURA

O Concello de Compostela multa concertos en locais nocturnos, mesmo os da rede da Xunta

O concerto desenvolvíase nun local nocturno da cidade. No remate dous policías multaron o establecemento pola “ilegalidade” da actuación. Formaba parte da Rede Galega de Músicas ao Vivo, de Agadic. Unha campaña pide silencio nas rúas e música nos locais da capital galega. 

DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

CIG pide nacionalismo de esquerdas para saír da pobreza

Manifestacións e concentracións nas sete cidades do país reivindicaron emprego e salarios dignos contra o empobrecemento. Na central da CIG en Ferrol, o Secretario Xeral, Xesús Seixo reclamou presenza do nacionalismo de esquerdas nas rúas e institucións contra a “propaganda intoxicante” dun PP que, dixo, mente coa saída da crise. 

.
CULTURA

O Museo de Lugo vive o “efecto chamada” da colección de Álvaro Gil

O regreso da colección de Álvaro Gil ao Museo de Lugo está a producir un “efecto chamada” que se contabiliza coa multiplicación do número de visitantes. 

Galiza

Aparece aforcado na Lama un preso activista de Cárcere=Tortura

O preso B.M.G apareceu aforcado no número 14 do Centro Penitenciario da Lama a pasada sexta feira. O interno era activista da campaña Cárcere=Tortura. 

Enrique
Galiza

Unha campaña reclama os 300.000 de Enrique Iglesias para os grupos de música galegos

Que a Xunta retire os 300.000 € que deu a Enrique Iglesias para o seu videoclip e os reparta entre os grupos da música galegos. É o que reclama unha campaña de recollida de sinaturas que botou a andar na rede. 

USC
LINGUA

Denuncian nos premios de calidade lingüística da USC a política da Xunta

Unha das galardoadas negou o saúdo ao secretario xeral de Política lingüística mentres portaba un cartaz demandando "máis apoio real" para a lingua propia. VÍDEO NO INTERIOR.

Acto finalistas Mestre Mateo
CULTURA

"A Esmorga" bate marcas con 16 candidaturas aos Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual recoñece o esforzo da produción de longametraxes. A Esmorga de Ignacio Vilar con 16 candidaturas e Os Fenómenos de Zarauza con 11 sitúanse á cabeza das candidaturas aos Mestre Mateo. 

POLÍTICA

O profesorado non verá restituídos os seus dereitos laborais e salariais

O PP rexeitou tomar en consideración a iniciativa lexislativa apoiada por máis de 22 mil docentes e defendida pola CIG.