Co Premio de Honra Marisa Soto, a Asociación de Actores e Actrices de Galiza recoñece a traxectoria de máis de cincuenta anos dedicado ao teatro de Vicente Montoto, actor, autor e director ademais de fundador da compañía Uvegá Teatro.
. “Montoto é un pioneiro, forma parte dunha xeración que apostou dende o principio por facer un teatro do noso, feito en galego e profesionalizado”, sinala o presidente da AAAG, Avelino González, que cualificou a Montoto pola súa paixón e xenerosidade na entrega ao teatro.
O número 137 de Sermos Galiza que estará nos quiosques esta quinta feira recolle unha entrevista con Vicente Montoto arredor da súa traxectoria.