O maior medallista da historia do deporte galego confirmou esta sexta feira (26 de marzo) a súa retirada. E fíxoo através dunha comparecencia de imprensa decorrida na Casa consistorial de Cangas, o seu concello natal.
Cal atribuíu a decisión á falta de motivación e ganas que viña sufrindo nos últimos tempos. "Non me atopaba a gusto, non tiña ganas, non me atopaba motivado e é a causa de que tomase esta decisión", sinalou en declaracións aos medios de comunicación.
As medallas conseguidas por Cal na súa traxectoria tórnano o maior medallista da historia
Con 32 anos, David Cal, tornárase no maior medallista da historia após lograr 5 preseas en Xogos Olímpicos (Prata e Ouro en Atenas 2004; dúas Pratas en Pekin 2008 e outra en Londres 2012). Aliás, declarouse gañador na modalidade C1 500 m. no Mundial de Duisburgo (Alemaña) no 2007 subindo tamén ao pódium nos de 2003, 2005, 2007 e 2011. Para alén destes triunfos obtivo cinco medallas nos campionatos europeos de C1 500 e C1 1000 en Polonia, Pontevedra e Croacia.
O presidente do Comité Olímpico Español (COE), Alejandro Blanco, xa anunciara que se lle renderá unha homenaxe pola súa traxectoria profesional o vindeiro 13 de abril.
Na comparecencia de imprensa desta tarde, David Cal estivo arroupado pola súa familia.