Ourense

Pleno do Concello de Ourense, en marzo de 2020, antes da pandemia (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

O PP insiste en pedir a cabeza de Villarino, e o PSOE lembra que "gañou as eleccións"

Pola súa banda, o BNG cualifica de "tomadura de pelo" as conversas entre socialistas e populares para formar un Goberno de coalición en Ourense.
Imaxe de arquivo da fachada do Concello de Ourense. Europa Press
POLÍTICA

O PP de Ourense esixe agora a dimisión de Rafa Villarino para a negociación da moción de censura

Asegura que "Villarino é o peor político local que tivo" a cidade.

 

Núñez Feixoo, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza)
POLÍTICA

Feixoo desautoriza Baltar e acepta falar co PSOE para a moción de censura en Ourense

O presidente do PP galego e da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, asegura que os populares estarán "dispostos a falar" se o paso atrás do voceiro socialista, Rafael Villarino, supón que se aparte "de verdade" para facilitar a mudanza do Goberno municipal da terceira cidade do país en poboación. Aliás, asegura que en 2019 ofreceuse ao PSOE que se fixese cargo da Alcaldía por ser a lista máis votada.
Baltar con Jácome e Feixoo nunha imaxe de arquivo. (Foto Europa Press)
POLÍTICA

Baltar desbota o paso atrás de Villarino en Ourense e rexeita asinar a moción de censura

O BNG insta ao PP a asinar o cambio na Alcaldía "canto antes" e pídelle que non busque máis escusas. Pola súa banda, o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, acusa ao PSOE de querer deixar "en evidencia ao inimigo".
Rafael Villarino, José Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome. (Fotos: Europa Press)
POLÍTICA

Ourense: Villarino, portavoz do PSOE, dá un paso ao lado para “facilitar” a moción de censura

O PP afirmaba que só apoiaría unha moción contra Pérez Jácome se o socialista renunciaba a encabezala.

EuropaPress_2642414_alcalde_ourense_gonzalo_perez_jacome_presidente_diputacion_ourense_jose
POLÍTICA

Reunión Jácome-Baltar coa volta do bipartito a Ourense no forno

Oficialmente foi para tratar temas, sen especificar, de "cooperación". O presidente da Deputación afirmou esta semana que o socialista Rafa Villarino ─candidato máis votado nas municipais de 2019─ sería "peor alcalde para Ourense do que é Gonzalo Pérez Jácome".

A formación laranxa, que non para de acumular éxitos, necesita un triunfo ante a madrileña para amarrar o primeiro posto. (Foto: David Mariña).
DEPORTES

Xornada vital para os intereses galegos no fútbol sala

Chega o ecuador da segunda e decisiva fase da Primeira RFEF, onde as cinco escuadras galegas contan con obxectivos ben diferentes pero permanecen unidas mediante o nexo común da necesidade de superar os seus compromisos con vitorias, en especial as máis necesitadas Amarelle e As Burgas.
liceo_hockey
DEPORTES

O Liceo lánzase á conquista de Europa

A escuadra coruñesa debuta este 9 de abril ante o todopoderoso Barcelona
5_Federico Perez Rey_Miguel de Lira_Xose A Touriñan
CULTURA

'Cuñados', a longametraxe con denominación de orixe galega

Esta sexta feira, 9 de abril, estréase nos cinemas unha das grandes comedias galegas, 'Cuñados'.  En conversa con Nós Diario, o director, Toño López, e dous integrantes do elenco principal, María Vázquez e Federico Pérez Rey, debullan anécdotas dun filme que en que a comarca e a denominación de orixe do Ribeiro son tamén protagonistas. Estamos ante unha das primeiras producións en realizarse após o confinamento. 
 
Representantes do sector cultural de Ourense reuníronse na tarde de onte para tratar a privatización do auditorio (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O auditorio de Ourense quedará nas mans privadas do "show business"

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, vén de aprobar o inicio dos trámites administrativos para proceder á privatización do auditorio municipal. A iniciativa, rexeitada polo resto dos grupos da corporación e polo sector cultural da cidade, entregará o espazo aos empresarios do ‘show business’.
 
Cabeceira do número un de 'As Burgas'. A pesar da indicación da cabeceira do número un, o 24 de Nadal de 1894 non coincidiu en domingo. Foi segunda feira. (Foto: Nós Diario)
star
CULTURA

Os primeiros xornais en galego: 'As Burgas. Literatura e artes'

As Burgas. Literatura e artes é a derradeira cabeceira do século XIX que tratamos neste coleccionábel. Este xornal monolingüe en galego viu a luz en Ourense en 1894, nun momento en que, desaparecidos O Tío Marcos d'A Portela e A Monteira, se facía evidente a necesidade dunha nova cabeceira en galego que cubrise o baleiro deixado e servise para fomentar a afección por ler e escribir en galego, e tamén a divulgación da literatura feita na lingua do país afirmando que As Burgas “non ten outro obxeto, non persigue mais fondos fins”.
Ana Pontón presenta proxectos de economía verde para Ourense (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Bioeconomía e xestión da auga, as chaves de Pontón para Ourense

Ana Pontón propón varios proxectos Next Generation de economía verde para a zona de Ourense e Galiza postCovid.
Imaxe do auditorio municipal de Ourense. (Foto: Cedida)
CULTURA

As profesionais do teatro protestan contra o feche do auditorio municipal de Ourense

Entenden que se trata dunha decisión política e que non responde, baixo ningún concepto, á situación sociosanitaria.
Cristina Álvarez, Rosendo Fernandez, Isidoro Hornillos, Gonzalo Pérez Jácome e Manuel Pérez. (Foto: Fegata).
DEPORTES

Toimil e Okutu, grandes atractivos do Campionato galego de Atletismo

Expourense acolle o Absoluto de Pista Cuberta o próximo domingo.
A Covid-19 impedirá que a proba se desenvolva sen máscara (Fegate)
DEPORTES

O taekwondo regresa á Galiza un ano despois

Ourense acolle o Campionato de Combate con todas as medidas de protección anti-Covid-19 previstas pola Federación galega.

Jácome nunha rolda de prensa este mes. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

A moción de censura contra Jácome en Ourense queda a un voto de facerse realidade

A proposta do grupo municipal socialista contou con 17 apoios fronte a 10 opinións contrarias, se ben non saíu adiante porque as sinaturas dos edís críticos de Democracia Ourensá non teñen validez neste tipo de procesos.

Quero doar a Ourense as minhas 7 bibliotecas temáticas

Realización dun test de antíxenos nun cribado na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

O Sergas fai un cribado do alumnado universitario ante a volta ás clases presenciais

Un total de 58.151 estudantes das universidades galegas serán citados entre hoxe e o 4 de marzo para realizar un test de antíxenos.
A selección Sub14 feminina preparada para xogar esta fin de semana en Ourense (FGH)
DEPORTES

A selección galega feminina de Hóckey Sub14 defenderá o título en Ourense

As promesas deste deporte participarán no campionato estatal que terá lugar nesa cidade do día 26 ao 28 de febreiro.
Imaxe da sede de Iberdrola en Ourense. (Foto: CIG)
TRABALLO

Iberdrola quere desmantelar un centro de traballo na Rúa mentres se beneficia dos recursos galegos

A representación sindical inicia accións institucionais para evitar o fechamento. As xestións van encamiñadas a que a compañía mude os seus plans.