país

Laura Mintegi  [Imaxe: Naiz.info]
Euskal Herria

Laura Mintegi , candidata de EH Bildu: «É urxente tomar as rendas das nosas vidas e do noso país»

Presenta un currículum académico e persoal inhabitual entre quen nesta e outras eleccións optaron a chegar a Ajuria Enea. Carece de experiencia na política institucional e partidaria, aínda que sempre estivo comprometida con Euskal Herria e as loitas pola liberdade e a xustiza. Defínese como unha persoa política como deben selo todas as de esquerda. [Vídeo da entrevista realizada por Naiz.info]
Ana Pontón, candidata número dous do BNG por A Coruña
Eleccions2012

Ana Pontón: "Rescatar a democracia en Galiza é defender a soberanía do noso país"

Ana Pontón, foi voceira parlamentar do BNG durante esta lexislatura. Candidata número 2 pola Coruña, asegura que hai que recuperar a democracia en Galiza e reaxir as ofensivas centralistas e neoliberais practicadas polo Partido Popular. Porén, asevera que único xeito de "rescatar a democracia" pasa necesariamente por "defender a soberanía do noso país".
Mani estudantado 17 outubro
SOCIAL

Milleiros de estudantes revólvense contra o PP e reclaman un ensino público na lingua do país

O candidato do BNG, Francisco Jorquera, moveuse co estudantado. Fixo parte da protesta que percorreu as rúas da Coruña e chamou á mocidade a votar ''por unha forza que será insumisa cos recortes'' para poder ''vivir e traballar dignamente'' na Galiza
Rubén Cela
SOCIAL

Rubén Cela: “Nunca Máis foi un motivo de orgullo do país en que vivo”

O actual portavoz do BNG en Compostela era o Secretario Xeral de Galiza Nova cando afundiu o Prestige. Dez anos despois lembra como foi aquel momento e o que significou a resposta cidadá e a mobilización de 'Nunca Máis'
Comissió 9 d'Octubre
Països Catalans

O País Valencià reivindica o seu futuro

Unha gran manifestación centrará a 'Diada' que tamén homenaxeará o escritor Joan Fuster. A Plataforma organizadora 'Comissió 9 d’Octubre' lerá un manifesto en que reivindican unha nova economía e a defensa da lingua propia.

O país adormentado

Cando che pareza que xa non podes máis, cando se che faga insoportábel o cheiro da derrota, entón baixa até o fondo da Fraga Mesta a reunirte comigo”  Estas palabras que Val dirixe a Aurora no inicio d´O país adormentado, novela

O país que nom existe

Vivemos num país, Galiza, que para muitos semelha nom existir. Nom me refiro unicamente aos grandes meios de comunicaçom mas paradoxamente também a muitas pessoas de esquerdas.
Presentación da Exposición de Xurxo Lobato
Arte imaxe patrimonio

Xurxo Lobato leva o seu 'No País das Vacas' a Lugo

Coincidindo coas festas da cidade a exposición poderase ver até o 30 de outubro na rua da Raiña.
José Ignacio Wert, ministro de cultura, educación e deporte
SOCIAL

Wert pón remedio aos recortes: que nais e pais baixen os libros de internet

O ministro de Educación desafógase no programa de variedades que presenta Ana Rosa Quintana. Denomina  ''escándalo social'' as protestas contra os recortes no ensino público e di que ''un dos maiores dramas do Estado español é que a maioría dos parados non teñen estudos''. As presidentas das Federacións de Anpas de Lugo e da Coruña cadran en que as súas declaracións ''incitan á ilegalidade''
Agustín Fernández Paz
CULTURA

Agustín Fernández Paz, premio Facer País

O escritor Agustín Fernández Paz ven de ser recoñecido coa XI edición do Premio “Facer País- Ramón Piñeiro” que cada ano escolle unha persoa ou entidade que desenvolveran un labor relevante para o país.
Ao vivo

Falece o fundador do Galo, unha das primeiras asociacións culturais da Galiza

Óscar Fernández Refoxo impulsou este colectivo en 1961 e presidiuno durante vinte anos, entre 1991 e 2001. Avogado de profesión, moveuse sempre en prol da cultura e da lingua da nación
CULTURA

''Nestes tempos convulsos para o noso país, que mellor que reivindicarmos a ousadía de Rosalía''

A Casa da Matanza, en Padrón, acolle este domingo a partir das oito do serán a conmemoración dos 127 anos do pasamento da poeta silenciada. Música, versos e discursos ao redor da súa figura farán parte do acto organizado pola fundación que leva o seu nome. Falamos con quen a preside, Anxo Angueira
Galiza

O vicepresidente da Deputación de Lugo acusa a Rajoy de dar un golpe de estado para roubar á cidanía

Antonio Veiga asegura que “todas as medidas anunciadas son un ataque directo contra os servizos públicos e o sector servizos”
Isaac Diaz Pardo
Letras e Ideas

A Asociación Cultural 'Val de Láncara' anuncia a convocatoria do XI Premio 'Ramón Piñeiro-Facer País'

O galardón recoñece o traballo senlleiro dunha persoa ou entidade a prol do desenvolvemento da Galiza. As entidades poderán presentar un máximo de cinco candidaturas até o 20 de agosto.
Portada 4
SOCIAL

O número 4 de Sermos Galiza xa nos quiosques e librarías de todo o país

No número 4 de Sermos Galiza podes atopar temas como "A ofensiva do PP contra a lingua cumpre 5 anos", "Cando o darwinismo político manda", "Ano Vidal Bolaño: abrigo para o teatro" e entrevistas, entre outras, a Antía Cal e Xulia Alonso.
ECONOMÍA

A prensa mexicana afirma que os buques de Pemex prometidos ao naval galego construiranse no seu país

O BNG exixe ao presidente da Xunta que entregue no Parlamento galego o acordo coa multinacional mexicana

O País dos Papalibros (sobre os V Encontros de Clubs de Lectura)

Viñeron desde Melide e Poio, desde Lousame e Neda, desde Vigo e A Coruña, desde Vilagarcía e Noia, desde Rois e Sanxenxo.Viñeron cedo en tren, coche ou autobús, coas mochilas ateigadas de marcapáxinas e un sorriso adurmiñado nos beizos.   Adolescentes galegos do século XXI: múltiples, contraditorios, entusiastas.

Rescatar a banca, afundir o país

O anuncio do rescate por unha contía de 100.000 millóns de euros preséntase por De Guindos como unha axuda xenerosa do eurogrupo á banca española. Afirma que non é rescate ao país pero na realidade é o estado español o que se endebeda, neste caso non nos mercados pero si ante o Fondo de Estabilidade Financeira (FEEF).
INTERNACIONAL

Rajoy xustifica a nacionalización de Bankia porque se non “caería o país”

O presidente do Goberno español asegura que non haberá rescate europeo da banca española
Os feches golpearon na industria e na construción, non tanto nos servizos.
Galiza

A Rede Galega de Empresas avoga por unha Banca Pública para o desenvolvemento do País

Apela ao compromiso de todos os sectores a prol dunha ferramenta para o beneficio da economía da Galiza