Palestina

Animais humanos

Palestinos nunha escola da ONU no sur de Gaza tras fuxir dos ataques israelís. (Foto: Mohammed Talatene / DPA)
INTERNACIONAL

Israel ultima a invasión e a limpeza étnica en Gaza co aval dos Estados Unidos

Co apoio dos Estados Unidos, Israel prepara unha invasión terrestre de Gaza, nunha actuación contra os territorios palestinos ocupados que a Autoridade Palestina cualifica de xenocidio e a relatora especial da ONU do comezo dunha nova limpeza étnica perpetrada por Tel Aviv contra o pobo palestino.
Milleiros de persoas tomaron as rúas de diferentes vilas e cidades galegas esta segunda feira en solidariedade con Palestina (Foto: Arxina).
vídeos no interior

"Xenocidio nunca máis": a Galiza sae á rúa en apoio ao pobo palestino

Miles de persoas saíron esta segunda feira ás rúas galegas para rexeitar a nova agresión israelí sobre Gaza —que provocou desde o seu inicio e até a última hora da tarde 2.800 mortes—. 16 concentracións noutras tantas cidades e vilas da Galiza para mandar unha mensaxe clara de apoio e solidariedade co pobo palestino.
Unha crianza palestina olla os edificios derrubados polos bombardepos israelitas en Gaza (Foto: Abed Rahim Khatib / dpa).
INTERNACIONAL

Ascenden a 2.750 os falecidos palestinos na Faixa de Gaza mentres Hamás e Israel negan un acordo de cesamento do fogo

O balance de vítimas por mor dos bombardeos de Israel contra a Franxa de Gaza tras o ataque lanzado o 7 de outubro por Hamás ascendeu a 2.750 mortos e máis de 9.700 feridos, segundo indicaron esta segunda feira as autoridades palestinas.
Luís Rodíguez Patiño, coñecido como o 'Cura de Xestoso' (Foto: UNED).
SOCIAL

O Cura de Xestoso: "Retirarei a palabra 'Israel' da miña liturxia, non podemos permitir o xenocidio"

“Xesús naceu en Palestina, creceu en Palestina e morreu en Palestina”, así o indica Luís Rodríguez Patiño, párroco de Momán en Xermade e de Labrada en Guitiriz, coñecido como o ‘Cura de Xestoso’.
Palestina Solidariedade
SOCIAL

Estas son as 15 mobilizacións convocadas hoxe na Galiza en solidariedade con Palestina

Baixo o lema ‘Liberdade para a Palestina’, ás 20 horas terán lugar as concentracións.

mortos palestinas
INTERNACIONAL

Máis de 2.000 civís palestinos asasinados polos bombardeos israelitas na última semana

Os continuos bombardeos áreos do Estado de Israel sobre Palestina elevan as vítimas mortais a 2.390 persoas na última semana. A práctica totalidade dos asasinados son civís residentes na faixa de Gaza.

A trampa da retroalimentación dos inimigos

Fayed Badawi, da Fronte Popular de Liberación de Palestina (Foto: Nós Diario).
Voces de Palestina

Fayed Badawi, representante da Fronte Popular de Liberación de Palestina: "A única solución é construír un único Estado para Palestina"

Fayed Badawi é portavoz da Fronte Popular de Liberación de Palestina.
Unha familia palestina camiña pola estrada (Foto: Mohammed Talatene / dpa).
INTERNACIONAL

Israel dá a Gaza un novo ultimato até as 15 horas

O ultimato do exército israelí venceu de madrugada e pouco despois anunciou outro que remataría ás 15 horas. A ONU e varias ONG rexeitan o desprazamento forzado.

Non ó xenocidio do pobo palestino

Ursula von der Leyen (Foto: Nicolas Landemard / Europa Press / Contacto).
INTERNACIONAL

Von der Leyen: "Europa está con Israel, sufriron o peor ataque desde o Holocausto"

Von der Leyen subliñou que o Estado hebreo ten "o dereito e o deber" de defenderse do "terrorismo de Hamás" e das súas accións "inxustificábeis", apuntando que a resposta de Israel "demostrará que é unha democracia".
Milleiros de persoas saíron esta sexta feira en apoio ao pobo palestino en manifestacións por todo o mundo como esta en Bagdad, a capital de Iraq (Foto: Ameer Al-Mohammedawi / DPA).
star
INTERNACIONAL

Israel reduce a menos de 24 horas o seu ultimato para abandonar Gaza a pesar da advertencia da ONU: "É imposíbel"

A ofensiva terrestre sobre Gaza é inminente, unha vez que Israel lanzou un ultimato para que a poboación do norte da Faixa abandone o territorio. Mentres tanto, a tensión medra noutras frontes, como o Líbano ou Siria, e as mortes en Cisxordania xa alcanzan as 40. A ONG Human Rights Watch certifica que o Exército israelita empregou fósforo branco sobre a poboación en Gaza e no Líbano.
Angela Gippini, Xoán Gabeiras e Néstor Rego (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG insta o Goberno español a exixir a Israel o cesamento dos ataques á Faixa de Gaza

O Estado israelí acaba de dar un prazo de 24 horas para a evacuación de máis de 1 millón de palestinos do norte de Gaza porque vai levar a cabo unha ofensiva e invasión terrestre da zona. Algo que se “debe parar canto antes e que pon en evidencia a pretensión do sionismo de levar a cabo unha limpeza étnica pola vía de baleirar a Faixa de poboación Palestina”, indican desde o BNG.
Enfrontamentos entre o Exército de Israel e manifestantes palestinos en Nablus, Cisxordania. (Foto: Nasser Ishtayeh / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

A violencia medra tamén, con 31 palestinos mortos, en Cisxordania, onde a ONU recomenda non saír da casa

Residentes en Cisxordania trasladan a 'Nós Diario' o clima de crecente violencia que se respira nas rúas ante a ofensiva militar sen precedentes de Israel. Os cisxordanos temen o peor en Gaza e envían mensaxes de despedida aos seus familiares gazatíes: "Nunca me sentira tan impotente vendo chorar a miña nai e velando pola protección da súa familia, que ninguén de nós pode darlles".
Israel situou máis de 300.000 soldados nas proximidades da Faixa de Gaza, albo de numerosos bombardeos nas últimas horas. (Foto: Ilia Yefimovich / DPA)
INTERNACIONAL

Israel prepara unha invasión e dá 24 horas para desaloxar un millón de persoas nunha Gaza asediada e sen subministros

Nesta parte do territorio gazatí reside máis dun millón de persoas. "Sen luz, sen auga, con constantes ataques aéreos. A noite en Gaza está máis perto do inferno que da vida", alertan desde Nacións Unidas.

Debilidade

Hipócritas!

Felipe Noya pertence á ONG Médicos do Mundo (Foto: Nós Diario).
Voces de Palestina

Felipe Noya, portavoz da Coordinadora de ONGD: "O bloqueo a Gaza vén de moi atrás, o que se está facendo é agudizalo"

Felipe Noya é o portavoz da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Nesta conversa con 'Nós Diario' analiza o agravamento do conflito.
Vladimir Putin. (Foto: Gavriil Grigorov / Kremlin / Europa Press)
Agora

Vladimir Putin: "Apostamos pola creación do Estado de Palestina"

Rusia mostrou a súa "extrema preocupación" polos combates que se veñen tendo lugar e os ataques por parte de Israel a Gaza. A Federación rusa advertiu do "risco dunha expansión do conflito en toda a rexión" e apostou pola creación do Estado de Palestina a través do seu presidente Vladimir Putin. A solución de que haxa dous Estados, Israel e Palestina, con soberanía propia, foi apoiada pola China, que solicitou a ambas as partes lograr "o antes posíbel" un alto o fogo para poder explorar dita vía de paz.