paro

TRABALLO

A redución do paro rexistrado non remata coa temporalidade laboral

O número de persoas desempregadas reduciuse no noso país en máis de 12 mil persoas no último mes. Galiza continúa liderando a taxa de contratos temporais.

TRABALLO

O paro rexistrado redúcese no mes de abril mais atinxe 263.444 persoas en Galiza

Os dados publicados polo Ministerio de Interior apuntan un descenso no número de persoas desempregadas que en Galiza se sitúa en 6.700 persoas menos que no mes de marzo.

TRABALLO

O PP utiliza o paro rexistrado para restar importancia ao récord negativo da EPA

O número de persoas desempregadas no mes de abril sitúase en 270.144 en Galiza. As vacacións de Pascua elevan as altas á Seguridade Social e fai reducir o paro rexistrado.

TRABALLO

O paro alcanza en Galiza o seu récord histórico: case 300 mil desempregad@s

Os dados publicados na Enquisa de Poboación Activa reflicten unha taxa de desemprego no noso país do 23,20%, é dicir, 296.900 persoas, 16.000 máis que no último trimestre de 2013. A taxa de ocupación sitúase por vez primeira por baixo do millón de persoas.

ECONOMÍA

O paro sobe até o 26,03% no Estado

O desemprego aumentou no último trimestre de 2013 en 5 décimas a respeito dos tres meses anteriores, co que a taxa de paro gavea até se situar nun estarrecedor 26,03%.

ECONOMÍA

O paro sobe en Galiza en 2.629 persoas mentres baixa no Estado español

O número de persoas no desemprego no noso país é de 270.854. No conxunto do Estado español é de máis de 4.808.000 persoas. En novembro o número de filiad@s á Seguridade Social en Galiza caeu en case 5.000 persoas, un indicativo do emprego que se perde.

oficina emprego
ECONOMÍA

20 millóns de euros menos para fomentar o emprego no ano récord do paro

A oposición coincide en sinalar que os orzamentos da Consellería de Traballo e Benestar son a mellor mostra da renuncia do goberno de Núñez Feijóo a facer algo polo emprego.

ECONOMÍA

O paro aumenta en Galiza en 7.492 persoas

Na Galiza hai 268.285 persoas desempregadas, un 2,87% máis que en setembro. O paro aumentou por riba da media do Estado español.

desempregado
ECONOMÍA

En 89.200 fogares galegos todos os seus membros están no paro, un 11% máis que hai un ano

Supón o duplo que hai catro anos. En perto de 32.000 familias ningún dos seus integrantes percebe ingresos.

enorme
SOCIAL

Paro absoluto, marchas masivas: Galiza, contra a LOMCE

A Plataforma galega en defensa do ensino público cifra o seguimento da folga nun 90% e considera que a xornada de loita supuxo "un 'non' rotundo contra a LOMCE". As 14 manifestacións convocadas pola plataforma galega foron, na Galiza, as máis multitudinarias deste 24 de Outubro. Xa no serán, miles de persoas voltaron a saír ás rúas, desta volta chamadas pola plataforma en que se organizan os sindicatos de ámbito estatal.

Desemprego
ECONOMÍA

3.209 persoas máis no paro en GZ

En Galiza hai 3.209 desempregados máis que no mes de agosto e xa son 260.733. O número de parad@s rexistrad@s no Estado español é de 4.724.355. A afiliación á Seguridade Social, ademais, retrocede en 22.242 persoas.

Desemprego, paro
ECONOMÍA

Baixou o paro? En Galiza caeu a filiación á Seguridade Social en 28.562 persoas neste ano

De agosto de 2012 ao de 2013 o desemprego aumentou en 257 persoas. Mais a queda na SS é moito maior, amosando un problema de calado, como o da emigración

Desemprego
ECONOMÍA

O paro baixou en 31 persoas en agosto en todo o Estado español

31 persoas. Ese é o descenso no número de desempregos no Estado español, unha baixada que esta mesma segunda feira, a ministra de Traballo, Fátima Báñez, auguraba como histórica e que ía ser o mellor agosto da última década. Na Galiza, o descenso foi de 3.578 persoas respecto a xullo. Mais na comparación interanual, hai 257 desempregad@s máis

Manifestación en Grecia
EUROPA

O paro subiu un 129 por cento en Grecia logo da intervención da Troika

O efecto das medidas neoliberais segue a crear miseria no país heleno, onde o paro marca rexistros históricos de máis do 27 por cento, dirixíndose cara o 70 entre a mocidade e cun ascenso brutal desde a perda de soberanía en 2010.

PP
POLÍTICA

Deputado do PP lamenta que sinistro de Angrois tape o descenso do paro

O parlamentar do Partido Popular nas Cortes de Valencia, Rafael Marluenda, escribiu no seu twitter que era unha mágoa non poder se felicitar "prudentemente" polo descenso do paro no Estado español por mor do sinistro ferroviario en Galiza.

Reforma laboral, máis desemprego
ECONOMÍA

O paro aumenta na Galiza mentres descende no Estado español

A EPA sitúa a Galiza como un dos tres territorios do Estado onde aumentou o número de desempregad@s no segundo trimestre. A taxa de paro é do 22,4% no noso país

POLÍTICA

BNG e PSdeG exixen a acta dun deputado do PP que simulou ser despedido para cobrar o paro

O deputado do PP e ex-alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, simulou ser despedido para cobrar un mes de paro. A oposición pídelle a Mouriño que demita e entregue a acta como parlamentar mais Alfonso Rueda defende que "respondía a unha razón legal".

Galiza

O emprego estacional provoca unha caída do paro rexistrado no mes de xuño

O datos de paro rexistrado que vén de facer público o Ministerio de Emprego para o mes de xuño rexistran unha caída quer en Galiza quer no Estado. O traballo estacional fai baixar número de persoas desempregadas en 10.452 na Galiza. 

Naval
Galiza

Paro total no naval de Vigo en seguimento da folga sectorial en resposta á crise

Os estaleiros privados e industrias auxiliares viven esta quinta feira nun día de folga convocada diante da situación crítica do sector e a ameaza de devolución do tax-lease. O paro está a ter un seguimento absoluto na comarca viguesa. Vídeo no interior

Desemprego xuvenial
ECONOMÍA

A emigración xuvenil maquilla o paro rexistrado en maio

O número de persoas que sairon das listaxes de desemprego en Maio duplica as altas na Seguridade social. A chave está na emigración. Académic@s e sindicatos coinciden en que a saída de moz@s na procura dun posto de traballo contribúe significativamente á queda dos rexistros do INEM