patrimonio

Arte imaxe patrimonio

Dous guindastres galegos no censo europeo do patrimonio industrial

Grúas de A Coruña e Perlío integran canda a estruturas de Inglaterra, Irlanda, Holanda ou Francia o censo de guindastres portuarios históricos que está a elaborar un grupo de traballo internacional.

SOCIAL

Os ecoloxistas acudirán aos xulgados se a Xunta non protexe a Cova de Eirós

Adega denunciará xudicialmente a “desprotección legal” do xacemento se o goberno galego non se comprometer a valer como BIC o que se considera o 'santuario do paleolítico galego'.

POLÍTICA

Besteiro ispe o seu patrimonio para se defender da imputación

O secretario xeral do PSdeG compareceu publicamente, mais non na sede do partido, para defender a súa "honra".

sarria
CULTURA

A veciñanza de Sarria parabenízase por manter en pé o seu patrimonio

Se a Ponte de Ferro se mantén en pé é grazas a veciñanza de Sarria. Así o recoñece a Plataforma sarriana polo río que parabeniza o movemento veciñal de salvar o seu patrimonio e anuncia unha xuntanza co novo goberno municipal. 

Fernández de Sousa
ECONOMÍA

A xustiza decreta o embargo do patrimonio do expresidente de Pescanova

Fernández de Sousa ocultara ao xuíz parte dos seus bens. Está imputado xunto á antiga cúpula da empresa polo buraco patrimonial que deixou a pesqueira galega ao bordo da quebra. 

zona canteira vale2
DENUNCIA DE ADEGA

Baralla: cambiar un importante espazo natural por unha canteira

Ambientalistas inciden na riqueza da parroquia de Vale: afloramentos calcáreos, importantes especies botánicas, hábitats de interese comunitario...

Un patrimonio que ten quen o defenda

A boa noticia é que, si, o patrimonio ten quen o defenda. A má noticia é que non é o goberno galego, a administración competente na materia, quen exerce esa defensa.

mariña patrimonio foz
Arte imaxe patrimonio

A ‘Mámoa do Tesouro’, novo achado arqueolóxico en Foz

Está no Sisto, parroquia de Cordido, e é, segundo Mariña Patrimonio, un dos de maiores dimensións existentes nesta comarca de Lugo. A Dirección Xeral de Patrimonio vén de incluíla no inventario de xacementos.

rocío pereira capa
ROCÍO PEREIRA COORDENA O A FONDO SOBRE PONTE NAS ONDAS!

"A concesión do Premio Ondas non tivo o eco que debería ter en Galiza"

Ponte nas Ondas! leva dúas décadas facendo da Raia tendido comunicativo. Agora traballa nunha nova candidatura do patrimonio inmaterial galego portugués á Unesco.

Cante alentejano
CULTURA

O cante do Alentejo, património mundial “exemplar” para a UNESCO

A UNESCO aprovou em Paris esta quinta feira a entrada do cante alentejano na lista representativa do património cultural imaterial da humanidade. 

Santiago Veloso
SANTIAGO VELOSO, PROMOTOR DA CANDIDATURA PARA A UNESCO

"O patrimonio oral galego-portugués xa é da Humanidade desde a idade media"

Dez anos despois a candidatura do patrimonio oral galego-portugués mira de novo para a Unesco, na busca do recoñecemento coa inscrición na Lista Representativa. Santiago Veloso foi entón e é agora promotor da proposta desde "Ponte nas... Ondas", verdadeiro xermolo da iniciativa. 

CULTURA

O PP abre a porta de atrás para a redución da protección do patrimonio

O goberno da Xunta introduce dúas modificacións á Lei de Patrimonio Cultural a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos que levarán a unha maior desprotección dos bens de interese cultural. 

capa-340
COORDENA O XORNALISTA MANOLO GAGO

Un A Fondo sobre o patrimonio cultural como futuro

O A Fondo desta semana debrúzase sobre a situación do patrimonio cultural galego, as ameazas que o poñen en risco e os potenciais que fan del atractivo e motor de futuro. Disponíbel na nosa loxa.

MANOLO GAGO, COORDENADOR DO AFONDO

"O diñeiro que a Xunta destina á defensa do patrimonio é mínimo"

O xornalista Manolo Gago vén desenvolvendo un importante labor de difusión do noso patrimonio. Coordina para Sermos o A Fondo desta semana.

Ponte do Burgo, en Pontevedra.
CULTURA

“Tesouros do tempo”, o catálogo “cidadá” do patrimonio de Pontevedra

O muíño de Abaixo, o local social recreativo de Lérez, o castro do Monte dos Penedos, a Fonte Lunares... recóllense na páxina web “Tesouros do tempo”, un catálogo dixital do patrimonio de Pontevedra, promovido polo Concello de Pontevedra e construído colectivamente. 

CULTURA

Santiago Veloso: “E tempo de volver co patrimonio galego-portugués á Unesco”

Durante toda a xornada, “Ponte... nas ondas” conmemora esta sexta feira vinte anos dunha iniciativa pedagóxica que botou a andar un proxecto común entre centros de ensino galegos e portugueses a través da radio. Mais “Ponte... nas ondas” foi é é moito máis e da súa historia e dos seus proxectos falamos co seu impulsor, Santiago Veloso. Pódese seguir aquí a emisión en directo. 

Ponte nas Ondas
CULTURA

“Ponte... nas ondas”, vinte anos de enerxía polo patrimonio común galego-portugués

Máis de cincuenta centros educativos e catorce estudos de radio de Galiza e norte de Portugal conmemoran esta sexta feira o vinte aniversario de Ponte nas...ondas, un proxecto que uniu escolares de Galiza e norte de Portugal a través da radio e significou a máis popular iniciativa para pular polo patrimonio común. 

sarria
POLÍTICA

Patrimonio non paralizará as obras de encanamento do río Sarria

A directora xeral asegurou que o proxecto respecta a legalidade e conta coa autorización da consellaría de Cultura malia a oposición veciñal e as denuncias presentadas. 

Patrimonio e dignidade en Sarria

Faise notorio a loita da cidadanía de Sarria en defensa do seu patrimonio natural. Unha loita nada caprichosa nen illada dun sentimento fondo e amplo en favor da preservación dun río, dun arboredo e dun paseo que dan vida e convivencia á cidade de Sarria. Unha loita veciñal contra a especulación organizada e dependente de intereses que moitos deles se manifestan desde as institucións e intereses soterrados. 

Patrimonio desastre

Chega con dar uns paseos polo rural para darse conta do abandono do noso patrimonio.  En calquer aldea ou parroquia do país seremos testemunas da penuria na que se atopan castros, muíños, capelas, camposantos, horreos ou cruceiros. Uns abandonados á súa sorte e outros saqueados, destrozados ou desaparecidos.