patrimonio

Urxe salvar e divulgar os petróglifos de Sober

Penedos da chan serra de leboreiro patrimonio
SOCIAL

Abandono do patrimonio no Leboreiro: “Estamos deixando perder algo dun valor incalculábel”

A asociación Pereira Adiante pula polo compromiso das administracións e veciñanza con esta riqueza e denuncia a existencia túmulos neolíticos sen a máis mínima protección; xacementos danados por actividades forestais, Bens de interese cultural (BIC) abandonados… 

Os murais cromáticos das igrexas da Ribeira Sacra que convén salvar

A Ribeira Sacra no programa Imos de Viños
Patrimonio da Humanidade

En Marea esixe un plan socioeconómico para a Ribeira Sacra

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade dá os seus primeiros pasos. En Marea vén de facer pública unha proposta non de lei para o desenvolvemento socioeconómico integral na zona. A formación política entende que a comarca deberá ser previamente declarada Ben de Interese Cultural.

Expolio e exilio do Patrimonio cultural galego

Castro da Rilleira. Barreiros.
SOCIAL

Os eucaliptos ameazan o patrimonio da Mariña

Son máis de 50 os elementos patrimoniais catalogados danados ou arrasados polas plantacións masivas de eucaliptos na Mariña de Lugo.

[Imaxe: cedida] Tímpano policromado do Pazo de Raxoi
Eira das Mouras

O cal, aliado da pedra e das labras

Abondaron noutrora as caleiras, eses lugares con perigosos pozos entre o xabre e a caliza que tentaban os rapaces a xogar. Tamén eran frecuentes os fornos de cal, a fumegar columnas brancas que se confundían coas nubes. Cal usado tradicionalmente na industria, na agricultura, o cal morto dábaselles aos troncos dalgúns froiteiros para evitar as pragas, nos curtidos, para elaboración do vidro, do xabón, na metalurxia e na siderurxia como fundente, mesmo na antigüidade con carácter bélico, importante no control do medio ambiente… Sobre isto escribe o arqueólogo e museólogo Felipe-Senén no número 264 de Sermos Galiza.

bng concentración tallas mestre mateo franco memoria
POLÍTICA

O BNG exixe a devolución das esculturas do Pórtico da Gloria “espoliadas” polos Franco

Reclama a devolución das figuras de Abraham e Isaac ao patrimonio galego. Ana Pontón, portavoz nacionalista, di que é unha “vergoña  democrática é que dúas esculturas do Pórtico da Gloria formen parte da colección particular da familia Franco”.

[José Antonio Gil Martínez/Wikipedia] San Paio de Abeleda presenta un abandono evidente
Rede de Patrimonio Cultural Galego

A interacción na defensa da identidade e do patrimonio

Cando hai administracións anestesiadas na burocracia entón bulen e desbordan por algures iniciativas populares que artellan a sociedade coa ansia de servir. Exemplos de asociacionismo nacido para poñer en valor a cultura galega, haber hainos e velaí a marea de iniciativas dos anos modernistas. Agora Felipe-Senén salienta o traballo da Rede de Patrimonio Cultural Galego.

salinas
Etnografía

As Salinas do Ulló, patrimonio e paisaxe

Enclave con encanto que paga a pena descubrir esta época do ano, os restos das Salinas do Ulló, no Concello de Vilaboa, fannos retroceder até o século XVII, en que se atopan as súas orixes, marcadas pola extracción manual do sal, considerado o ouro branco pola súa importancia na economía. Trátase dun conxunto etnográfico e natural que paga a pena. Vés con nós?

forno romano esteiro adega mariña patrimonio
SOCIAL

Nace a Rede do Patrimonio Cultural Galego

Oito entidades e colectivos de diferentes partes do país dan un paso adiante e impulsan unha ferramenta conxunta de coordenación na defensa e promoción patrimonial. A primeira cita será este sábado, nunha xuntanza aberta no Museo do Pobo Galego.

cies
DISPUTA INSTITUCIONAL

A lea entre Xunta e Concello ameaza a declaración das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade

Os gobernos galego e vigués, en mans do PP e do PSOE respeitivamente, enfróntanse por causa da candidatura das Illas Cíes para seren declaradas ben natural Patrimonio da Humanidade pola Unesco. A Xunta anunciou, por sorpresa, a candidatura do conxunto do Parque Nacional das Illas Atlánticas, en contraposición á candidatura das Illas Cíes en solitario que promove o Concello de Vigo desde hai catro anos.

carlos coto
Carlos Fernández Coto

"Galiza carece dunha estratexia clara en vivenda e territorio"

Esta sexta feira comeza en Rianxo o IV Foro de Rehabilitación, cita na que estarán presentes algún dos principais referentes da restauración patrimonial e arquitectónica. Falamos con Carlos Coto, arquitecto e presidente da Asociación galega para a defensa do patrimonio cultural galego. “Unha vivenda ten alma, historia, memoria, que hai que respectar ao restaurala”

1. Colocacio¦ün de dous miliarios qque atopamos en Congostro
DAVIDE PÉREZ, ARQUEÓLOGO

"A Vía Nova foi concibida para ser eterna, como todo o que  facía Roma nese momento"

O próximo 29 de abril celébrase en Bande (Ourense) a xornada "A Vía Nova, un camiño de Europa", que organiza a eurodeputada galega Lidia Senra, para dar a coñecer a situación a lamentable situación a Vía Nova, a autoestrada romana mellor conservada da Península que está sumida no esquecemento por parte da Xunta. Falamos co arqueólogo Davide Pérez da Asociación Arnau, comprometida coa recuperación deste itinerario. 

Betanzos,_Pasatiempo_01-29b
CULTURA

O Pasatempo: a pelota da súa recuperación, ao tellado da Xunta

Deputación da Coruña e Concello de Betanzos van propoñerlle á Xunta un plan para recuperar o emblemático Parque do Pasatempo. 

patrimonio rianxo 2
CULTURA

Rianxo musealiza dúas xoais do seu patrimonio: un escudo baixomedieval e a Laxe dos Mouchos.

Patrimonio permite exhibir as pezas no Auditorio Municipal rianxeiro. Até o de agora, só se permitía exhibir pezas arqueolóxicas en museos e centros con determinadas características, como coleccións.

mariña patrimonio foz
SOCIAL

A destrución de patrimonio arqueolóxico a mans do eucalipto chega a Bruxelas

Representantes de Mariña Patrimonio expuxeron na capital comunitaria a representantes da comisión europea de Cultura a situación de “destrución sistemática” que se está a dar nos bens patrimoniais na comarca. Acusan a Xunta de “complicidade”. 

Castro de Montealegre Foto- Patrimonio galego
SOCIAL

Un dos castros máis grandes de Galiza, ameazado polas obras no Corredor do Morrazo

O Castro de Montealegre, en Domaio (Moaña), descuberto na pasada década dos 20, foi dos primeiros en ser escavados en Galiza. Recetemente atoparon a escultura dun guerreiro castrexo.

castro xacemento patrimonio a mourisca cervo imaxe-Mariña Patrimonio
SOCIAL

Novos estragos nun xacemento arqueolóxico pola industria do eucalipto

A corta e replantación de eucalipto afectou A Mourisca, en Cervo. Adega e Mariña Patrimonio denunciaron os feitos perante o Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo.

forno romano esteiro adega mariña patrimonio
SOCIAL

O forno romano da Mariña onde a Xunta negaba que existise cerámica romana

Centos de fragmentos cerámicos foron rescatados no transcurso dos traballos.