pensións

CESAREO SANCHEZ. autor EDUARDO CASTRO BAL
ENTREVISTAMOS CESáREO SáNCHEZ, PRESIDENTE DA AELG

"A incompatibilidade dos dereitos de autor coas pensións é unha agresión á cultura"

Nos últimos meses, autores e autoras veñen recibindo cartas da Seguridade Social nas que lles pide que devolvan as pensións que cobraron á vez que cobraban dereitos de autor. Para Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, trátase dun “chanzo máis no proceso de agresión á cultura e aos creadores en xeral”.

autores-pension
CULTURA

Os autores únense para poder cobrar a pensión e seguir creando

As entidades de creadores e creadoras veñen de constituír a plataforma 'Seguir creando' para reivindicar o dereito a continuar traballando de forma remunerada durante a xubilación sen perder a pensión. 

pobreza
ECONOMÍA

A pensión media galega é 1.650 euros anuais inferior á española

Esta prestación está en Galiza en 747 euros mensuais, a segubnda máis baixa de todo o Estado, fronte aos 885 da media española -un 15% máis-. 

Galiza

Sermos Galiza disponibiliza de balde un caderno sobre a reforma das pensións

Poderás acceder a el de maneira gratuíta até rematar novembro. Faite con el na nosa loxa. 

 

CIG
Galiza

A reforma das pensións recibe unha forte contestación social nas cidades galegas

As mobilizacións comarcais convocadas pola CIG onte contaron cunha importante participación. A central nacionalista esixiu ao PP frear unha reforma que cualifican de "roubo". 

pensións
Galiza

A CIG maniféstase contra a reforma das pensións

A CIG convoca para esta quinta feira 14 de novembro manifestacións en todas as comarcas dentro da campaña contra a reforma das pensións. As manifestacións sairán ás 20: 00 horas, agás en Ferrol que sairá ás 19:30 e Ribeira que o fará ás 19:00. 

Xabier Pérez
ECONOMÍA

“Os recortes nas pensións aumentarán a pobreza e beneficiarán os bancos”

Profesor, economista e sindicalista, Xabier Pérez Davila vén de publicar o libro A batalla polas pensións (1981-2013) (Estaleiro Editora), un volume  no que bota abaixo a falacia da crise do sistema de pensións que o PP converte en argumento para xustificar os recortes. Pérez Dávila sostén que o sistema é sólido e a reforma responde a intereses do capital financeiro. 

IMG_8893
POLÍTICA

Emigrantes retornad@s denuncian no Parlamento "o atraco" ás súas pensións

A Coordernadora nacional de emigrantes retornad@s reuniuse coas forzas da oposición e o Valedor do pobo para demandar apoio institucional ás súas reivindicacións. "Isto é un atraco", denuncian, "non é cumprir a lei".

CIG
ECONOMÍA

“Farán falta 42 anos para recuperar o poder adquisitivo que se perderá coa reforma das pensións nestes 6 anos"

A CIG denuncia que a reforma das pensións procura alimentar o negocio da banca e as aseguradoras. A central nacionalista convoca manifestacións o vindeiro 14 de novembro nas diferentes comarcas do país.

ECONOMÍA

14 de novembro: mobilizacións da CIG contra a reforma das pensións

A central nacionalista convocará manifestacións nas comarcas do país contra unha reforma coa que @s pensionistas perden 1.500 euros ao ano.

Emigrantes retornados
Galiza

Nace a Coordinadora Nacional Galega para combater “o saqueo" d@s emigrantes retornad@s

Varias plataformas integran esta organización para pedir a anulación dos milleiros de expedientes sancionadores abertos por Facenda a aquel@s que cobran pensión do estranxeiro. "Imos defender os nosos dereitos e as nosas pensións porque non somos defraudadores".

Rajoy
SOCIAL

1.500 euros anuais menos por pensionista

70.000 millóns de euros. É a cantidade que nos vindeiros 8 anos, e no conxunto do Estado, vai ficar sen ir o peto d@s pensionistas por mor da reforma do goberno español. Unha reforma que suporá que un pensionista cobre 1.500 euros menos ao ano. Un proxecto ideolóxico que prepara o camiño para o asalto á caixa das pensións

ECONOMÍA

O goberno recortará 33.000 millóns de euros en pensións até o 2022

A memoria económica do anteproxecto que o executivo de Rajoy está a preparar vai establecer un novo mecanismo de actualización, non dependente do IPC, que recortará o poder adquisitivo d@s pensionistas.

pensionistas
SOCIAL

Galiza segue a cobrar as pensións máis baixas de todo o Estado

A pesar de contar cunha poboación envellecida, as pensións galegas son as de menor contía de todo o Estado español, cunha media de 721 euros, case 300 menos que as de Madrid, por exemplo.

Juan Torres López
ECONOMÍA

Juan Torres López: “Quérense impor os fondos de aforro privado como alternativa ás pensións públicas”

En pleno debate social e --sobre todo-- político arredor das pensións públicas, entrevistamos ao catedrático de economía Juan Torres López interrogándoo sobre cal é a situación que afrontan e baixo que coordenadas se pode asegurar a súa sostibilidade. Torres sinala tamén as principais falsidades difundidas polo discurso dominante e presentadas como axiomas técnicos.

A Fondo
Galiza

O asalto ás pensións públicas, neste A Fondo

O debate sobre as pensións volve reabrirse. Unha peza gorentosa no saqueo do público. Neste A Fondo debullamos, analizamos e explicamos por que e para que queren nos convencer da inviabilidade do sistema de pensións

Toxo, CCOO
OPINIÓN

O sector crítico pide a Toxo que cese o representante de CCOO que votou a reforma de pensións ou que demita

Miguel A. García Díaz, responsábel do gabinete de economía do sindicato, avalou a proposta de reforma pois entende que cómpre garantir unha “forte solidariedade” entre xeracións. A decisión xerou un gran malestar dentro mesmo de Comisións Obreiras, onde Agustín Moreno, un dos rostros máis coñecidos d@s crític@s, exixiu o cese do experto

vellos
ECONOMÍA

O representante de CCOO avala a reforma das pensións do Comité de Sabios que asesora ao Goberno Rajoy

O 'comité de sabi@s' avoga por prestacións máis baixas segundo aumenta a esperanza de vida e de que estas dependan dos números da Seguridade Social e non da evolución do IPC. O representante de UXT votou en contra. O de Comisións, non

ECONOMÍA

Un estudo do Ministerio de Facenda prevé unha rebaixa do 45% nas pensións d@s futur@s xubilad@s

O informe alerta da xeración de importantes bolsas de pobreza entre @s pensionistas de se retallaren as pensións

Lusofonia

Portugal prescindirá de 30 mil funcionari@s e gravará máis as pensións

O primeiro ministro portugués anunciou esta sexta feira máis un pacote de medidas por valor de 4,8 mil millóns de euros até 2015