poesía

Imaxe da entrevista a Concha Blanco. (Foto: Nós Diario) #sermosgaliza #sermos #conchablanco #aelg #literatura
CULTURA

Sermos Galiza entrevista a Concha Blanco, gañadora da Letra E de AELG

O semanario tamén fai un repaso pola realidade dos festivais poéticos da Galiza na situación de crise sanitaria e propón saber máis sobre os proxectos arquitectónicos de Sabín e Blanco. Se non queres perder estes contidos, non faltes mañá á túa cita co quiosque.
IMG_7300
Guionista, realizadora e autora do poemario 'A ollada de Eip'hnh'

Irene Pin: "Tamén nos campos de refuxiadas, na barbarie, xermolan regos de luz"

A ollada de Eip'hnh viu a luz esta primavera, catro anos despois de que a súa autora, Irene Pin, "vomitara con urxencia entre xaneiro e abril de 2017" os poemas. A xornalista, creadora audiovisual e guionista conversa con Nós Diario sobre este libro de poemas que edita Urutau e que transporta a quen o le ao campo de refuxiadas de Sinatex (Thessaloniki, Grecia) e a descubrir a pegada transformadora que a vivencia deixou na mirada de Irene.
Un instante dunha pasada edición do Poemagosto. (Foto: Festival Poemagosto)
star
Reportaxes

A poesía tras a pandemia

A pandemia puxo en xaque a toda a sociedade e os eventos tiveron que adaptarse ás esixentes medidas de control de capacidade, de hixiene e desinfección e de distancia de seguridade, o que supuxo un incremento de custos e incerteza. Os festivais de poesía, xa de por si con grandes apuros, víronse na obriga de adiar os programas de 2020 ou de incrementar os esforzos. Cun horizonte máis esperanzador, analizamos como serán os festivais após a pandemia, concretamente o Poemagosto, o do Condado, o Alguén que respira!, o Entreverbas e o Festival de Poesía Guitirica.
A autora Charo Pita. (Foto: Caldeirón)
star
Libros

Escribir o amor

WhatsApp Image 2021-06-08 at 17.23.55
Carlos Santiago é escritor

Carlos Santiago: "Publico agora para mandar este material poético de volta ao inferno do que saíu"

Ontoloxía poética é o título da obra que reúne dúas décadas de creación lírica do dramaturgo e director de escena compostelán Carlos Santiago. O volume recolle algúns dos textos que o autor foi incluíndo en pezas teatrais, monólogos e performances, e afronta agora as últimas semanas de campaña de micromecenado a través do portal Verkami. Conversa con Nós Diario sobre este proxecto que lanza da man do seu amigo e tamén escritor Carlos Meixide.
Xela Arias, á esquerda da imaxe, xunto ás once escritoras que en 1997 formaron parte do proxecto 'Daquelas que cantan' (Museo Casa de Rosalía).
CULTURA

Un recital este sábado homenaxeará Xela Arias na Casa Rosalía

O evento terá lugar este sábado 29 de maio e consistirá nun recital que reunirá a algunhas das poetas do proxecto ' Daquelas que cantan'.

Imaxe da reportaxe de apertura do semanario. (Foto: Nós Diario) #sermos #sermosgaliza #semanario #sumrrá #facultadebelasartesvigo #uvigo #poesía #deseño #literatura #música #libros #cinema
CULTURA

Sermos Galiza fúndese coa creatividade saída da Facultade de Belas Artes

O semanario recolle este sábado unha entrevista á banda Sumrrá e unha ampla reflexión sobre a poesía e a súa ligazón co mar, aliás de repasar os 30 anos da titulación da Universidade de Vigo. Atoparás o 'Sermos' nos quiosques e puntos de venda habituais mañá mesmo xunto co 'Nós Diario', mais tamén podes mercalo a través da nosa tenda en liña.
O mar maniféstase na literatura de múltiplas formas. / Nós Diario
star
Poesía e mar

A poesía que sabe a salitre

A natureza, que se presenta ante nós como incontrolábel, inspirou desde sempre as poetas que comezaron a crear versos que nacían da admiración polo que vían os seus ollos. O mar e as súas ondas infinitas son o xerme de moitos proxectos poéticos que desde as cantigas de amigo chegan até os nosos días. Da man dalgúns libros que teñen o mar como leitmotiv, analizamos dúas ideas: o mar como beleza e o mar como ausencia e reivindicación.
Un dos xardíns que se poden ver na edición do Festival de Xardíns deste ano. (Foto: Concello de Allariz) #allariz #xardín #xardóns #festivalinternacional #festivalinternacionaldexardíns
star
Festival Internacional de Xardíns

Natureza e poesía fúndense en Allariz

O xardín pode ser visto como unha metáfora da vida: precisa coidados, está suxeito ao azar das circunstancias, resume a loita entre o pracer e a decepción que toda existencia compaxina; é o lugar onde conviven a mazá e a serpe. O Festival Internacional de Xardíns de Allariz chega este ano á súa XI edición coa intención de propiciar a reflexión sobre os temas que se desvelan como esenciais para o noso futuro. E faino a través da poesía. 
alvaro cunqueiro
star
CULTURA

Novos textos inéditos: A poesía descoñecida do primeiro Álvaro Cunqueiro

Hai moito Álvaro Cunqueiro aínda por descubrir. A un lado, unha personalidade politicamente poliédrica iniciada no nacionalismo máis rexo de orientación arredista, obrigada a subsistir na conxuntura da ditadura. Ao outro, un xigante da escrita, cunha parte da súa obra literaria en verso e prosa aínda inédita. Corenta anos após a súa morte, un proxecto da Universidade de Vigo, coordinado polo profesor Xosé Henrique Costas, traballa na recuperación dos textos descoñecidos do mindoniense e prepara a súa publicación para os vindeiros meses. 
O poeta Lois Pereiro. (Foto: Nós Diario)
'Cadernos persoais'

Publican textos inéditos do Lois Pereiro "observador, sorprendido, divertido, sempre curioso..."

Con motivo do 25 aniversario do pasamento do poeta, Chan da Pólvora edita este libro con textos que non viran a luz. 
Helena Villar Janeiro. Foto: Alfredo Iglesias Otero
star
Entrevistas

Helena Villar Janeiro: "O audiovisual venceu o espazo pero o libro vence moito mellor o tempo"

Di Helena Villar Janeiro que non escolleu ser mestra. Nin autora de literatura infantil. Ambas as cousas xurdiron. Unha, nun tempo en que estudar, e máis se eras muller, era un luxo. Outra, ao ter fillos nunha cidade nos anos 80. Mais as dúas fixérona feliz e conformaron, tamén, a escritora que é. Que vai máis alá dos libros para a infancia. Poesía, narrativa para persoas adultas, xornalismo, ensaio, traducións e clases de galego por Internet. Todo co mesmo empeño que cando comezou. O Salón do Libro de Pontevedra homenaxeouna pola súa traxectoria.
Isidro Novo
CULTURA

Galaxia publica a poesía completa de Isidro Novo, impulsor de "Palabras con memoria"

A editorial Galaxia publica "Poesía galega reunida (1991-2017)" onde recolle toda a poesía do escritor lucense Isidro Novo, antigo colaborador do Sermos Galiza coa súa sección 'Palabras con memoria'. 

Eu Diz, poeta e pintor

Imaxe do Pleno extraordinario da Academia para celebrar a figura de Xela Arias, a quen se dedica o Día das Letras deste ano. Foto: RAG
A cidade acolleu o pleno extraordinario da Academia dedicado ao Día das Letras Galegas

Vigo celebra o legado de Xela Arias: unha soidade solidaria

A voz gravada de Xela Arias, en diálogo coa música de Fernando Abreu, Mónica de Nut e Pablo Carrera abriu o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas que a Real Academia Galega celebrou en Vigo. Unha conmemoración na que Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas pronunciaron as alocucións académicas sobre a autora á que a RAG dedica este 17 de maio. 

Xela Arias, na Granxa Escola de Barreiros, en xullo de 1963. (Foto: RAG / Arquivo familiar)
CULTURA

"Xeliña fala galego": as raíces do compromiso de Xela Arias

O galeguismo e o nacionalismo moldearon o pensamento da poeta homenaxeada nestas Letras Galegas.
O director de cinema vigués Carlos Martínez-Peñalver nun momento da rodaxe de 'Á procura da Estrela'. (Foto: Omen)
Carlos Martínez-Peñalver remata a rodaxe da súa primeira longametraxe

Carlos Martínez-Peñalver: "Sempre haberá diferenza entre o poema dun 'influencer' e outro dun poeta 'de verdade'"

Carlos Martínez-Peñalver ten previsto estrear en 2022 a que será a súa primeira longametraxe, 'A procura da Estrela' após rematar de rodar en Portugal. En 2013 fundou en Barcelona a produtora Omen, Nemo ao revés, xunto a dous cineastas máis. Dese proxecto saíron numerosos traballos sempre relacionados 
co mundo da cultura, ben sexa coa música, co teatro ou co patrimonio. 
Acto de descuberta da placa na rúa Zamora, en Vigo (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Vigo homenaxea Xela Arias "pola valentía de rachar con pautas culturais do pasado"

A cidade colocou unha placa conmemorativa no edificio no que viviu a poeta. A AELG organiza diferentes obradoiros literarios nos centros de ensino de Educación Primaria e Secundaria.
"Esa imaxe de ledicia e enerxía é a que acode a min cando penso en Xela", comenta X. M. Cáccamo. Foto: Xulio Gil.
star
Xela Arias: Voz Galega de Seu

Tres momentos con Xela

Xose María Cáccamo lembra algúns encontros persoais con Xela Arias en situacións ben especiais -no Festival de Poesía do Condado, na organización dos actos da Burla Negra en Vigo e nas mobilizacións contra a guerra do Iraq- que mostran o compromiso da autora co seu tempo. 
'Tigres coma cabalos' é o libro que escribe a Xela Arias reencarnada nun Lou Reed feminino. Foto: Xulio Gil
star
Xela Arias: Voz Galega de Seu

Xela Arias e a terminoloxía útil

Marga do Val debuxa un perfil da autora achegado á recepción da súa obra, aos impeitizos que tivo que superar. Do Val acode á súa memoria persoal para repasar as marcas que deixou unha poeta que se situou voluntariamente á marxe do canon para expresar o que na súa época non se mencionaba e que, anos despois, se desvelaría como un discurso imprescindíbel.