policía

INTERNACIONAL

A policía mexicana detén o exalcalde de Iguala polo asasinato d@s estudantes normalistas

José Luís Abarca foi detido esta terza feira xunto coa súa compañeira, María de los Ángeles Pineda, acusad@s de ordenar a desaparición e asasinato de estudantes normalistas en Mexico o 26 de setembro. 

Acampada en Vigo
Galiza

A policía levanta pola forza a “Acampada Dignidade”

Corpos policiais levantaron á forza ás 6 da madrugada a “Acampada Dignidade” que reclamaba a axilización das axudas sociais da emerxencia, segundo informa Vigodixital. 

A Coruña
SOCIAL

Identifican 6 militantes do BNG por despregar bandeiras ao paso de La Vuelta

Axentes da policía española retiveron e identificaron a 6 militantes do Bloque cando quixeron despregar bandeiras nacionalistas nun tramo da volta ciclista. 

INTERNACIONAL

A policía mata un segundo afroamericano en San Luis e o número de detidos ascende xa a 78

Non cesa a tensión en San Luis, Missouri, nen os confrontos entre a populación afro-americana e os corpos policiais e militares.

Ferguson
INTERNACIONAL

A policía detén 31 persoas e ordena aos media que abandonen Ferguson

Non debe haber testemuñas nas rúas de Ferguson, o epicentro dos duros confrontos entre manifestantes e os corpos policiais norteamericanos.  Após trascender que o mozo Mike Brown recibiu 6 balazos (2 deles na cabeza), prosegue a forte reacción social perante o que ten todas as trazas de ter sido un crime policial con motivacións racistas. 31 persoas xa foron detidas pola policía.

TRABALLO

A CIG denuncia a "falsificación" de sinaturas policiais en sancións contra sindicalistas

Reclamou que a Fiscalía investigue un suposto delito de "falsificación de sinaturas" na tramitación de sancións contra representantes sindicais. VÍDEO NO INTERIOR.

Galiza

Juárez di que a policía vixiará o acto de solidariedade con Maria Osório

O delegado do Goberno español na Galiza asegurou que as forzas policiais "actuarán como corresponde" se Osório toma parte na convocatoria.

gerry
INTERNACIONAL

Gerry Adams presta declaración perante a policía por un atentado perpetrado en 1972

Algúns meios británicos -entre eles The Guardian- publicaron que o líder do Sinn Féin fora detido pola policía norirlandesa. O Sinn Féin, en troca, nega o arresto e afirma que Adams acudiu por propia vontade a unha comisaría de Antrim para prestar declaración.

INTERNACIONAL

A policía atribúe agora os incidentes do 22-M a grupos anarquistas e desbota a participación de Resistencia Galega

Informes policiais aos que tivo acceso Europa Press colocan agora a responsabilidade dos incidentes ocorridos após a manifestación do 22-M en Madrid en organizacións de ideoloxía anarquista.

SOCIAL

A policía da Coruña denuncia a sete persoas por revolver nos contedores de lixo

A normativa local do goberno de Carlos Negreira multa con 100 euros a toda persoa que revolva o lixo, segundo o concello porque "deixa sucia a contorna". Normalmente, só andan nos contedores persoas en busca de comida.

INTERNACIONAL

Esperanza Aguirre dase á fuga após atropelar un policía municipal

O axente solicitara á ex-presidenta da Comunidade de Madrid a documentación do vehículo. Aguirre, que non portaba os documentos requeridos, fuxiu do lugar levando por diante o policía que, aseguran, non ten lesións. 

ponton
POLÍTICA

Ana Pontón ve a man do PP tras os ataques do sindicato de policía ao BNG

A deputada nacionalista entende que as declaracións de José Freire poñen en entredito principios como o da ''imparcialidade'' das forzas de seguridade. E ve interese d@s populares na campaña de ataques ao BNG ''para distraer a atención'' de problemas como a corrupción.

Cargas policiais e confronto de rúa en Vigo (20/2/14)
SOCIAL

Cargas policiais e confronto de rúa en Vigo (20/2/14)

Cargas policiais diante do edificio da Xunta da Galiza durante a folga nacional contra a Lomce.
SOCIAL

Varios furgóns policiais e un helicóptero para vixiar en Vigo unha manifestación estudantil

O protesto estaba convocado pola Asemblea de Estudantes de Vigo. Hai unha persoa detida: unha muller de 15 anos que lle fixo unha figa a un axente da policía.

genova
INTERNACIONAL

A policía rexistra a sede do PP en Génova

Por orde do xuíz instrutor do caso Bárcenas, os axentes rexistraron a sede central do Partido Popular na rúa Génova (Madrid) na procura de documentación relativa a unhas obras de reforma que poderían ter sido financiadas con diñeiro negro.

DEPORTES

'Razzia' da Policía española contra bandeiras nacionalistas galegas en Balaídos no Celta-Athletic

Seareir@s do equipo celeste denuncian a actuación da policía española no encontro de Copa contra o Athletic de Bilbao, requisando estreleiras e mesmo camisolas de peñas do equipo vasco. Afirman que “non é unha novidade” que as forzas de seguridade queiran estragar “a festa entre célticos e athletictzales”.

Galiza

As rúas do Parlamento tomadas pola policía

Un forte dispositivo policial rodea as rúas de acceso ao Pazo do Hórreo co gallo da manifestación convocada polos traballadores do naval de Ferrol.

depor-ponferradina
DEPORTES

Cargas e detencións da policía española en Ponferrada contra afeccionados do Dépor

Dous detidos, varios feridos, seareiros deportivistas identificados e sob ameaza de sancións económicas... estes son algúns dos resultados das cargas dos antidisturbios contra seareiros do Deportivo ao final do encontro en Ponferrada entre a equipa coruñesa e a berciana. 

contrainfo
SOCIAL

A TVG non dá as imaxes das cargas policiais en Vigo e abre o telexornal local coa estrea da comisaría

Traballador@s da televisión pública denuncian o silencio a respeito do acontecido no protesto do 20 de novembro contra a LOMCE. 

vigo3
SOCIAL

A concentración de Vigo contra as cargas policiais sáldase con 7 retid@s e multad@s

Oito furgonetas dos antidisturbios e varios carros da policía española blindaron a comisaría ubicada na rúa López Mora.