política

ANA PONTON REUNION ALCALDEAS PONTECESURES
POLÍTICA

BNG pide ao PP que rectifique e pare a “cacicada” da moción de censura en Pontecesures

Ana Pontón sitúa Alfonso Rueda detrás desta "manobra". A actual alcaldesa, Cecilia Tarela, fixo un chamamento á veciñanza para que acudan ao pleno e deixar claro o seu desacordo coa moción.

Méndez Romeu
POLÍTICA

Méndez Romeu súmase a Leiceaga e Gonzalo Caballero e concorrerá ás primarias do PSdeG

Hai voces que tamén sitúan nas quinielas para dar o paso ao alcalde das Pontes e presidente da Deputación coruñesa, González Formoso.

mareas marín Foto Pontevedra Viva
POLÍTICA

Unhas 800 persoas e 30 colectivos asinan os principios propostos por Mareas en Común

Ames acolle este sábado a primeira fase do que denomnan 'Marea Viva', un espazo para facilitar a confluencia das “forzas do cambio nas eleccións galegas”.

POLÍTICA

Rajoy non cre que “sexa bo” para España que el marche

Nunha entrevista na Cadea Ser o presidente español en funcións afirma que “non sei o que fixo Soria, pero eu créolle” e descarta confirmar se tomará parte en debates electorais: “A ninguén lle apetecen os debates, hai que preparalos”, dixo.

rey_firma_disolucion_cortes_20160503_02
POLÍTICA

O 19 de xullo constituiranse as Cortes españolas saídas dos comicios do 26 de xuño

Felipe VI asina o decreto de convocatoria dos comicios do 26X.

MIRANDA E PONTON CASO ALVIA1
POLÍTICA

BNG insta a UE a facer público o seu informe sobre o sinistro de Angrois

Bruxelas cuestiona a legalidada da comisión cuxo informe limita as responsabilidades do sinistro de Angrois ao maquinista, afirman os nacionalistas.

POLÍTICA

Feijóo confirma que as eleccións serán en outono

O presidente da Xunta comprométese a esgotar a lexislatura. Afirma que non se vai "aproveitar" dunha oposición "fragmentada, dividida, con liortas internas”

POLÍTICA

Conta atrás para as eleccións do 26-X

Felipe VI asinará esa terza feira o decreto de disolución das Cortes e convocatoria de novas eleccións, activando os prazos dispostos na Lei orgánica de rexime electoral. As forzas políicas terán até o 13 de maio para formar coligazóns e até o 23 para as listas.

POLÍTICA

Pontón lamenta que non se aproveitasen estes catro meses para derrogar reforma laboral e Lei Mordaza

A portavoz nacional do BNG reuniuse co secretario xeral da CIG, Suso Seixo, nunha xuntanza para analizar a situación laboral e social. Seixo denunciou as políticas que sitúan a clase traballadora “nos límites” da pobreza.

cecilia tarela pontecesures bng
CECILIA TARELA, ALCALDESA DE PONTECESURES

"Nesta moción de censura hai moito interese en ladrillo e formigón"

PP, unha edil independente e un concelleiro de TeGa impulsan unha moción de censura para botar da alcaldía Cecilia Tarela, do BNG. “É vergoñento como están a levar o tema”, di a rexedora, que confesa que de triunfar a moción “ireime con tranquilidade e dignidade”.

sinistralidade laboral
POLÍTICA

Feijóo recurtou nun 24% os fondos para seguridade laboral nuns anos nos que aumentou a sinistralidade

Desde 2012 Galiza acumula catro anos consecutivos de alza en sinistros laborais mortais. Os fondos para o instituto de seguridade e saúde laboral reducíronse case unha cuarta parte de 2011 a 2015.

Luis Álvarez Celia Tarela Pontecesures
POLÍTICA

O PP impulsa unha moción de censura en Pontecesures, con alcaldía do BNG

Os populares acadaron un acordo dun edil de TeGa e outra independente. A rexedora do concello pontevedrés é a nacionalista Cecilia Tarela.

Louzán, presidente Deputación Pontevedra
POLÍTICA

A deputación atribúe á "mala xestión de Louzán" a perda de millóns de euros de fondos europeos

A entidade provincial pide ao PP explicacións da súa xestión nestes anos.

COOPERATIVA POLíTICA GALEGA

Equo e Espazo anuncian o comezo dunha confluencia para “reagrupar a esquerda verde e transformadora”

O proceso de confluencia será debatido nas asembleas de ambas as dúas forzas, e culminaría nunha asemblea de confluencia o próximo sábado 21 de maio. 

BNG
PARA O BLOQUE é “UNHA PRIORIDADE”

O BNG pide unidade para mudar un financiamento local que fixo perder a Galiza 1.500 millóns

Ana Pontón afirma que “as grandes cidades do Estado reciben 500 euros por habitante, mentres que as galegas só 250 euros”. Chama a unha alianza para reverter este sistema de financiamento.

CgzXIgzWIAECYAs
PONTóN

Pistolada de saída da refundación do BNG cun acto masivo en Pontevedra

O Proceso Adiante de refundación que desenvolve o BNG ao longo do país visitou na mañá do domingo en Pontevedra. Un acto masivo no que a formación nacionalista amosou a súa fortaleza ante a previsíbel repetición das eleccións xerais e ante as eleccións galegas.

POLÍTICA

Lalín debate deixar a simboloxía relixiosa á marxe da actividade municipal

Unha moción do goberno local propón a “non confesionalidade institucional do Concello”. Entre outros puntos, proponse suprimir todo tipo de simboloxía relixiosa nos actos oficiais e nos espazos de titularidade pública.

pablo garzon
POLÍTICA

Podemos e IU exploran unha confluencia de se repetir as eleccións estatais

O partido de Pablo Iglesias acepta agora sondear unha posibilidade que negou antes do 20-D.

ELECCIóN DE CANDIDATO DO BNG áS ELECCIóNS GALEGAS

Finaliza o prazo sen que se presente candidatura alternativa a Ana Pontón

A da portavoz nacional é a única petición rexistrada para encabezar a lista do BNG nas eleccións galegas. Está avalada por perto de 900 militantes nacionalistas.

Long Hope
'Long Hope'

Unanimidade do Parlamento galego para instar o Estado a demandar Noruega polos ex-mariños galegos

Máis de 10.000 mariños galegos traballaron no país nórdico. Reclaman as pensións que se lles adebedan.