Prestige

Inés Mirás, Andrea Porto, Estela Rodríguez, Marcela Porto e Xiana Lastra forman A Banda da Loba. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

A Banda da Loba: "'Tinta do mar' publicouse antes do 'Prestige', mais Luísa Villalta tiña visión de futuro"

Marcela Porto (Codeseda, A Estrada, 1997), batería de A Banda da Loba, aborda o último tema publicado polo grupo, "E o mar". Nel, Porto e as súas compañeiras, Andrea, Estela, Inés e Xiana, reivindican a Luísa Villalta máis combativa e renden homenaxe ao pobo galego e á súa loita contra os desastres medioambientais na costa.
Alberto Núñez Feixoo e Álvaro García Ortiz (Fotos: Eduardo Parra / Marta Fernández / Europa Press).
POLÍTICA

Feixoo contra García Ortiz: crónica dunha 'declaración de guerra' con orixe na Galiza

Entre 2004 e 2020, Álvaro García Ortiz foi o fiscal especialista en Medio Ambiente da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG).
Lola Rontano é activista ambiental e profesora de francés en secundaria. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Lola Rontano: "Todo comezou coa mina de Corcoesto. Tratei de dar forma novelada aos acontecementos"

Lola Rontano (Comala, Murcia, 1977) é a autora de 'Esperta do teu sono' (Xerais), unha novela que xira arredor das ameazas ambientais que tiveron lugar na Costa da Morte, mais tamén da toma de conciencia da poboación e a súa loita.
Limpeza da marea negra do 'Prestige' na praia de San Vicente, O Grove. (Foto: Adela Leiro).
star
Análise

Literatura e catástrofe

Mario Regueira é escritor e crítico literario.

Lamento polo mar

xocas rubido
Crise dos pellets | Entrevista

Xaquín Rubido: "A xestión da crise dos pellets lembra a do Prestige"

Xaquín Rubido (Pontevedra, 1951) é o voceiro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, unha das entidades que promove a mobilización en defensa do mar do domingo 21 de xaneiro en Compostela. Rubido explica a Nós Diario as razóns da convocatoria e a situación do sector pesqueiro.

Isabel Díaz Ayuso, Alberto Núñez Feixoo e Alfonso Rueda, hoxe, en Madrid. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
Crise dos pellets

Fraga, de caza durante o 'Prestige'; Rueda, en Madrid cos pellets

Mentres millóns de boliñas seguían nas praias galegas, Rueda participaba con Alberto Núñez Feixoo nun encontro informativo.
A ilustradora Tania Solla. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Tania Solla: "En 'Tinta do mar' debuxei o 'Prestige' afundido e Luísa Villalta coa bandeira de Nunca Máis"

Tania Solla ilustra oito das once biografías que compoñen a serie 'Mulleres Galegas' do colectivo Polo Correo do Vento, publicadas po Lela Edicións. Estes libros tratan o percorrido de vida de mulleres decisivas da Galiza. Acaban de publicar unha nova incorporación á colección, titulada Tinta do mar, pequena biografía de Luísa Villlalta, en lembranza da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.
Ana Miranda, no Parlamento europeo. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Ana Miranda ve "imprescindíbel" facer públicos os datos de verteduras mariñas "para evitar outro Prestige"

A eurodeputada do Bloque defendeu na Comisión de Transportes da Eurocámara a actualización do sistema 'CleanSeaNet'.
prestige
SOCIAL

'Prestige’: 21 cifras, 21 anos despois

O 13 de novembro de 2002 saltaba a alerta que se confirmaría, traxicamente, o 19 dese mes. O ‘Prestige, con 77.000 toneladas de combustíbel a bordo, e que sufrira unha vía de auga, afundía. Hai 21 anos. Velaquí 21 datos para non esquecer unha catástrofe con algunhas pegadas que chegan até hoxe.

Habitantes de cada concello (datos do IGE de xaneiro).
28-M

Bergantiños, Fisterra e Soneira: o corazón da Costa da Morte

O corazón da Costa da Morte está formado polas comarcas de Bergantiños, Fisterra e Terra de Soneira. Con distinta sorte, segundo sexan da costa ou do interior, os 15 municipios que integran esta área dividen a súa actividade entre o sector mar-industria e a agricultura (en horas baixas na zona), pero fundamentalmente o comercio e o sector servizos están a ser importantes motores económicos nunhas comarcas que miran cara ao turismo como fonte de futuro. O Parador de Muxía, prometido no Plan Galiza do PP logo do 'Prestige', está funcionando 20 anos despois do prometido. Na comarca de Fisterra, con Muxía como zona cero do 'Prestige', levan perdido en 20 anos 20% da poboación.
O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O PSdeG di que a manifestación do domingo é "o 'Prestige' de Rueda"

Luís Álvarez reclama "mudanzas" na política sanitaria.
Pilar Carro (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Pilar Carro: "O 'Nunca Máis' e o 'Nón á Guerra' foron movementos transversais na sociedade galega"

Pilar Carro era directora do Instituto A Sangriña (A Guarda) durante as mobilizacións do 'Nunca Máis' e do 'Non á Guerra' e viviu de primeira man como o a sociedade galega se levantou en autodefesa. Curro conversa con 'Nós Diario' acerca das mobilizacións e como a afectaron profesionalmente.

De mans dadas pola vida

Ariadna Silva fotografando a costa galega (Foto cedida).
Contracultura

Ariadna Silva: "O problema é que falta unha conmemoración de maneira oficial do accidente do Prestige"

Ariadna Silva, fotógrafa, pon a súa mirada detrás de Friccións, un proxecto no que pretende capturar as pegadas que deixou o Prestige nas rochas das praias galegas. Silva aborda os pasos e a documentación que hai detrás da toma das imaxes así como as dificultades das novas xeracións para coñecer a catástrofe, algo que, baixo o seu punto de vista, “denota moitas cousas”. 
Man, na súa vivenda. (Foto: prontuariodearte.com)
CULTURA

Vinte anos sen Man de Camelle, o home que morreu de tristura após presaxiar o 'Prestige'

"Seguirá chegando alquitrán até que non quede máis no mar, e cando xa non chegue alquitrán, virá unha balea negra, grande como a Costa da Morte, morta", profetizara o artista alemán.
Chapapote do Prestige nunha praia galega  de Stéphane M. Grueso
POLÍTICA

10.000 toneladas de residuos do 'Prestige' seguen sen tratar nunha balsa de augas das Somozas

O BNG urxe o Goberno español a iniciar, canda a Xunta, os traballos para o tratamento destes residuos tóxicos. Unha negativa, precisou, suporía "incumprir" a Lei de residuos contaminados.
A orixe da vertedura aínda se descoñece. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

VÍDEO | Aparecen 'galletas' de chapapote na illa de Arousa

As verteduras afectaron os areais de Ribeira do Chazo e Testos.
Xosé María Torné (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Torné, creador da bandeira de Nunca Máis: "A tipografía e as maiúsculas simbolizan un berro rotundo"

Xosé María Torné é experto en mercadotecnia, imaxe e comunicación e a persoa que está detrás do deseño da bandeira de Nunca Máis, como narra nunha das pezas recollidas en "Nunca Máis. 20 anos da maior resposta social do pobo galego", libro publicado pola Fundación Galiza Sempre. Conversou con 'Nós Diario' para tratar os 20 anos da histórica manifestación en Compostela e o que supuxo o emblema da súa autoría.
Xaquín Rubido (Imaxe: RTVE)
SOCIAL

Xaquín Rubido: "Moitos dos buques con mercadorías perigosas teñen bandeiras de conveniencia e non cumpren a normativa europea"

Xaquín Rubido, 'Xocas' (Pontevedra, 1951) é biólogo e investigador. Este docente leva consigo unha longa traxectoria de activismo en materia de medio ambiente, desde a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa á plataforma Nunca Máis, da que é portavoz. Entrevistámolo con motivo do vinte aniversario das mobilizacións históricas que tiveron lugar tras a catástrofe do Prestige.