O Bloque amosa o seu apoio ao referendo catalán na Diada
O BNG está presente nos actos da Diada através do seu portavoz nacional, Xavier Vence, a responsábel de Relacións Internacionais, Ana Miranda e o ex-europarlamentar, Camilo Nogueira.
O BNG está presente nos actos da Diada através do seu portavoz nacional, Xavier Vence, a responsábel de Relacións Internacionais, Ana Miranda e o ex-europarlamentar, Camilo Nogueira.
Nunha rolda de imprensa conxunta co movemento de solidariedade con Escocia, Ana Miranda, sumouse á rede de apoio para a independencia.
A seis semanas da consulta pola independencia, os inquéritos estreitan a marxe de apoios entre as forzas independentistas e unionistas.
Nove concentracións reclamaron un novo proceso constituínte camiño cara a soberanía da Galiza. O BNG situou o debate nestas coordenadas, as que defenden fronte ao debate monarquía-república.
Primeiras disintonías en Podemos.
Por vez primeira, a Administración catalá pergunta sobre o referendo do 9 de Novembro. O Si-Si (si a un Estado propio, si a que sexa independente) gañaría comodamente a consulta
Rusia mobiliza o seu exército e envía avións de combate a Bielorrusia mentres a OTAN se manten en alerta desde Lituania, Letonia e Romanía. Ás portas do referendo en Crimea, ambas as dúas partes chaman ao diálogo mais non minguan a tensión.
Non arrefece a temperatura na Ucraína e sobe de ton por momentos o confronto entre o bloco EUA-UE e Rusia polo control dun enclave xeoestratéxico esencial para o dominio de Europa.
Non hai tregua na situación de ruptura en Ucraína e todo apunta a que o conflito podería resultar na división do país en dúas metades, a pro-occidental e a pro-rusa.
Os votos a prol do exercer o dereito a decidir deste territorio administrado por Italia superaron o 92% dos emitidos. Na consulta tomou parte o 15% das e dos tiroleses con dereito a voto.
A última palabra vana ter as e os militantes de Anova, en plena crise interna que até, en palabras de Beiras, ameaza a propia existencia da organización. Unha Conferencia Nacional, axendada o 2 de febreiro, aprobará o programa.
Consello Nacional ampliado de CiU. Arredor de 2.000 cadros do partido de goberno en Catalunya reuníronse para abrir a campaña cara ao referendo autodeterminista, axendado para o 9 de Novembro. "Sería moi grave que alguén tentase impedir o referendo", dixo o líder da federación e presidente da Generalitat, Artur Mas.
Presentan unha proposición de lei a través do Parlament de Catalunya para demandar do Estado español a transferencia das competencias precisas para a convocatoria do referendo como o "mecanismo idóneo" para coñecer "a vontade popular" a respeito do futuro do Principat.
A organización frontista emitiu un comunicado após coñecer a convocatoria oficial do referendo pola independencia en Catalunya en que amosa o seu apoio á consulta popular.
O Goberno español non aclara se activará o artigo 155 da Constitución para evitar a consulta soberanista mais asegura que non abrirá un proceso de diálogo a respecto do referendo porque, din, "é un asunto que compete ao conxunto do pobo español".
O bipartidismo español únese contra o referendo en Catalunya. O Goberno español, en mans do Partido Popular, e o Partido Socialista din que a consulta non se producirá. Ruíz Gallardón vai máis alá e di que o Executivo de Mariano Rajoy "garantirá" que o referendo non se produza.
O ex-vicepresidente socialista lamenta nunha entrevista en El País ''estes medos que hai, esta covardía,...'' de non aplicar o artigo 155 da Constitución (que habilita o goberno previa autorización do Senado a ''tomar medidas'') se Catalunya vai a unha consulta 'ilegal''.
O coordenador de Esquerra Unida i Alternativa, a marca catalá de IU, deu a coñecer esta segunda feira a súa proposta de pergunta para o referendo de 2014: "Republica Catalana, si ou non?". Hoxe, foi desautorizado polo seu líder estatal, Cayo Lara. "Esa pergunta tería que ser contestada por todos os españois: se queremos República ou monarquía", dixo Lara.
O primeiro ministro británico, David Cameron, anunciou unha lei para permitir que @s gales@s poidan decidir se queren xestionar parte dos impostos e afirmou: "Durante demasiado tempo as decisións sobre o futuro de Gales tomáronas burócratas a centos de millas de distancia, en Westminster (parlamento británico)”.