Rosalía Fernández Rial: "Nunca foi tan necesario facer un ensino activo e creativo"
Rosalía Fernández Rial gañou onte o VII Premio Vidal Bolaño por Fóra de campo. A recoñecida escritora é filóloga, doutora en Didáctica das Linguas, mestra en Cabana de Bergantiños e vén ademais de publicar Mover ficha (Galaxia), no que propón un ensino activo e comunicativo, no que convivan a lingua e a literatura coas distintas artes.
Rosalía Fernández Rial obtén o VII Premio Vidal Bolaño
A obra Fóra de campo valeulle a Rosalía Fernández Reial facerse coa VII edición do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño. A autora recibirá un premio de 2.000 euros en metálicos e verá a súa obra publicada pola Editorial Galaxia. A firma colabora na organización deste galardón que convocan o Concello do Porriño e o IES Ribeira do Louro. O fallo do galardón destaca desta peza "a súa temática acaída ao premio porque trata o perigo das redes sociais e o poder que exercen na creación da identidade da mocidade. Destacan tamén valores como a sororidade e a detección precoz do acoso". Todo isto "é transmitido a través dunha linguaxe actual e axeitada ao público ao que vai dirixida".
Rosalía Fernández Rial: "No meu relato poño o foco na normalización de situacións denigrantes para as mulleres"
aRi[t]mar celebra a lusofonía que esvaece as fronteiras
E pur si muovono
Federico Ribas: Os trazos do terror
Rosalía Fernández Rial: "A arte e o pensamento veñen de demostrar que son o único que nos pode salvar"
“Na cabeceira da miña cama están Manuel Antonio, Rosalía de Castro e Lois Pereiro”
Entrevistamos a poeta galega Rosalía Fernández Rial, quen publica a sección Alén Lindes no Caderno de Verán do Sermos Galiza.