rural

Protesta ás portas do colexio. (Foto: ANPA do CEIP de Baamonde)
SOCIAL

A Valedora do Pobo admite a trámite a queixa da Anpa de Baamonde

Iniciará as "actuacións oportunas" ante a Consellaría de Educación e o Concello de Begonte polo anuncio do fechamento do colexio.

Camiño da escola, no Courel

O conselleiro de Medio Rural, José González, visita unha explotación dedicada á produción de mazás para sidra. (Foto: Xunta da Galiza)
ECONOMÍA

O rural esixe axudas para incorporar máis xente nova á actividade agraria

O Sindicato Labrego Galego sinala que 60% dos titulares de granxas superan os 60 anos
Manifestación en contra da unificación dos colexios de Baamonde e de Begonte, no mes de decembro. (Foto: Nós Diario)
O alcalde de Begonte pediu o fechamento do colexio

O ensino no rural sofre novos recortes

Os recortes no ensino do rural lucense levan o colexio de Folgoso do Courel a loitar por manter o seu transporte escolar local e o centro de Baamonde a combater en contra da unificación co Virxe do Corpiño de Begonte. Este último concello votará no pleno que se fará na sexta feira a aprobación da unificación.

Valedoras

Coles do rural

Lourdes González, terceira pola esquerda (abaixo), nunha protesta da comunidade educativa en Folgoso (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O alumnado de Folgoso non irá a aulas esta semana en defensa do transporte no Courel

A comunidade escolar de Folgoso do Courel está en protesta pola substitución que prepara a Xunta do actual servizo de transportes (taxis) por uns autobuses que, debido ao seu tamaño, non poderán atravesar as rúas do concello, deixando sen traballo seis familias de transportistas de Folgoso e obrigando o alumnado a desprazarse para coller os novos autobuses, soportando un clima adverso e baixas temperaturas. Nós Diario conversa sobre a problemática con Lourdes González, directora do CEIP Poeta Uxío Novoneyra.
 
Pablo Diego Dios, autor de 'Alén'. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

'Alén', unha compilación de relatos orais para salvagardar a tradición esotérica

O proxecto de Pablo Diego Dios loita contra a "eutanasia do rural"
Felicitación Aninovo do Concello de Muras
SOCIAL

Felicitación Aninovo do Concello de Muras

As e os veciños de Muras protagonizan unha felicitación de aninovo que tamén fala das bondades de vivir no rural.
Felicitación Aninovo do Concello de Muras
SOCIAL

Unha felicitación de Aninovo da veciñanza de Muras faise viral

Veciñas e veciños deste concello do interior da Galiza falan das bondades de vivir no rural nun vídeo para o Nadal. O proxecto audiovisual, que tamén é unha sorte de promoción turística, vén de convertirse en viral.
Presentación da campaña da Deputación. (Foto: Deputación da Coruña)
SOCIAL

O documental "O rural é de todas" reivindica o papel da muller nese ámbito

O proxecto audiovisual foi presentado esta quinta feira pola Deputación da Coruña. As participantes no acto telemático comentaron que a peza pode verse na plataforma Youtube.
EuropaPress_2737964_imagen_archivo_autobus_transporte_escolar
SOCIAL

Anpas Galegas pide transporte gratuíto para o alumnado do rural

A plataforma vén de facer públicas as conclusións dun informe que analiza as condicións do alumnado que cursa os seus estudos en zonas rurais, e que apuntan á "clara desvantaxe á hora de acceder ao ensino preuniversitario non obrigatorio"
María Fandiño propúxose desfacer unha explanada e transformala en socalcos (Foto:  Gabriel Rodríguez)
star
Reportaxes

Emerxentes voces novas

Nos últimos días saíron á palestra unha serie de nomes de arquitectas moi novas. Aínda que con diferentes historias ás costas, Sofía Blanco, María Fandiño, Ander Bados e María Montenegro teñen en común pertencer a unha xeración que comeza a agromar.

383 repor 2
star
Reportaxes

A poesía e o rural

Nos últimos tempos, moitas son as propostas poéticas que poñen a reflexión sobre o rural no foco e axudan a visibilizar estes espazos que perden poboación e servizos básicos.  A través da análise de Nomes de fume, de Míriam Ferradáns, As casas, de Carlos Lixó, Feliz Idade, de Olga Novo e Da casa, do mar e das ausencias, de María Carmen Caramés Gorgal, indagaremos no tratamento do rural na poesía galega e nas súas reivindicacións.
Apeadeiro Gorgullon-Tordoia
star
Reportaxes

Os recordos non collen o AVE

Entre Santiago e A Coruña hai once estacións de tren que quedaron abandonadas coa chegada da alta velocidade. Nelas tamén se artellou a vida deses lugares. As mozas da Pontraga (Parada-Ordes) ían esperar os mozos no tren das sete para ir ás foliadas; a musicóloga Dorothé Schubarth chegou ao apeadoiro da Vila da Igrexa (Cerceda) para gravar dúas informantes do Cancioneiro Popular Galego; as veciñas de Bregua (Culleredo) subían todos os días para ir vender fieitos á Coruña. Estas historias puideron non existir. O tramo foi dos últimos en ser construídos na Galiza e o seu trazado estivo en disputa.

Manuel Gallego (Foto: Iago Valverde).
star
Entrevistas

Manuel Gallego: sobre o esencial

Como cada mañá, Manuel Gallego acode  ao seu estudio da Coruña. Aos seus 84 anos segue, xunto aos seus colaboradores, deseñando edificios para o futuro. Atarefado, pensado nas novas obras, mantense activo. Sendo un dos máis recoñecidos da profesión, continúa a traballar coa modestia dun artesán que fai simplemente o que mellor sabe facer.

381 Andar e Ver
star
Andar e Ver

Fervenzas do rego da Patela

Días de inverno, tempo de fervenzas. Os regatos cheos, ben alimentados polas choivas, as árbores sen follas e as beiras lavadas polas enchentes, sen fentos nin outras plantas estacionais que dificulten a marcha ou agochen buratos e outras pexas e atrancos do terreo, fan máis doado achegarse ás fervenzas, aínda que hai que ter máis coidado coa humidade que fai esvaradías as rochas polas que, moitas veces, hai que camiñar. 
A poeta Eva Veiga. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Eva Veiga, entre a terra e a luz

Desde que en 1993 se deu a coñecer co poemario Fuxidíos, dentro da colección Esquío, até Soño e Vértice, publicado en 2016, Eva Veiga (Pontedeume, 1961) foi quen de elaborar unha das obras poéticas máis sólidas e luminosas da literatura galega contemporánea. 
378 Libros 2
star
Libros

Unha crúa ollada ao rural

Se hai algo que caracteriza o traballo que Cristian F. Caruncho leva anos a publicar, tanto en volumes colectivos como autoeditados, é a vontade de transcender o rural, de achegarnos a realidade que o acompaña desde o día do seu nacemento nunha pequena aldea do Ortegal.

Pachakuti: A tranformação de tudo