Santiago de Compostela

Néstor Rego e Goretti Sanmartín, esta cuarta feira en Compostela. (Foto: Nós Diario)
23-X

Cesión da parcela de Peleteiro, humanización de Conxo e tren a Lugo, demandas do BNG ao Goberno español para Compostela

A alcaldesa apunta a medidas a "medio prazo" para paliar os problemas de vivenda, como que se aumente o orzamento do Consorcio

Bandas participantes e integrantes da comisión organizadora presentaron esta cuarta feira o cartel do Festigal 2023. (Foto: Festigal)
CULTURA

Un Festigal con Fillas de Cassandra, Dios Ke Te Crew e Grande Amore

Abrirán Leria, banda gañadora do concurso Novos Valores 
O incendio produciuse na rúa Carreira do Conde. (Foto: Google)
SOCIAL

Un home esquece unha candea prendida nun rocho e provoca un incendio en Santiago

Sucedeu durante a noite na rúa Carreira do Conde da capital galega.
Pakolas.
CULTURA

Revenidas convoca un festival para a cativada no Monte do Gozo

A primeira edición do Revenidas Miúdo, o 16 de xuño, reunirá a Uxía Lambona e a Banda Molona, Peter Punk, Pakolas, Paco Nogueiras e Cé Orquestra Pantasma.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
SOCIAL

Localizan sen vida un home debaixo dun vehículo envorcado en Santiago

Cando chegaron os servizos de emerxencias o home xa non presentaba constantes vitais.
Home escalando a fachada da Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela, este domingo 2 de xullo. (Foto: Apatrigal)
SOCIAL

Novo "atentado" contra o patrimonio compostelán: un home escala polas esculturas da Porta Santa

A alcaldesa fala de "feitos puntuais", pero avanza medidas para que os e as turistas "respecten tanto o patrimonio como a poboación da cidade"

Goretti Sanmartín recibiu o arcebispo, Francisco Prieto, esta segunda feira. (Foto: Concello de Santiago)
Santiago de Compostela

Sanmartín celebra o diálogo coa Igrexa e avanza que non asisitirá á Ofrenda ao Apóstolo, mais si ao resto de actos

"Como representante da cidade, e atendendo á condición de Estado laico, a miña participación centrarase nos actos institucionais", defende a alcaldesa de Santiago, que mantivo un primeiro encontro institucional co novo arcebispo, Francisco José Prieto.
A xuntanza decorreu esta quinta feira no Colexio San Xerome. (Foto: Santi Alvite)
SOCIAL

A USC fechou o exercicio de 2022 cun superávit de 3,5 millóns de euros

Após un procedemento tramitado polo Concello de Santiago de Compostela, o antigo Hospital de Galeras será unha residencia de estudantes

28-06-2023 ORGULLO COMPOSTELA-13
SOCIAL

GALERÍA | O Orgullo tingue Galiza de cor e liberdade

Luca Brajkovic 'machacando' na visita do Breo ao UCAM Murcia. (Foto: Río Breogán)
DEPORTES

O Breogán disputará a Liga de Campións do Baloncesto

O Obradoiro deberá obter boleto na fase previa.
Borja Verea, no centro, xunto a Paula Prado e Borja Sémper en Compostela durante a campaña das eleccións municipais. (Foto: Arxina)
star
Análise

Verea: naceu unha estrela

Fernando de Abel é doutor en Dereito e profesor titular de Dereito Administrativo da USC.
Manifestación en Compostela polo Día do Orgullo. (Foto: Arxina)
SOCIAL

A defensa dos dereitos LGBT+ enche rúas no Día do Orgullo

A condena dos delitos de odio centrou as marchas
Cativas e cativos saltando unha cacharela onte en Compostela (Foto: Arxina).
SOCIAL

A maxia do lume volveu á Galiza pola noite de San Xoán

A noite de San Xoán na Galiza, coas súas tradicións, volveu marcar outro ano máis o inicio do verán. Desde a costa até o interior numerosas localidades acolleron as cacharelas propias desta data.
Asistentes ao festival O Son do Camiño accedendo ao recinto, na edición de 2022. (Foto: César Arxina / Europa Press)
CULTURA

FACUA inicia unha batería de denuncias a festivais por impedir entrar con comida e bebida

Entre os denunciados pola asociación está o festival O Son do Camiño.

Unha vista da exposición. (Foto: Arxina)
star
CULTURA

A Galiza de hai un século recreada en Compostela

Esta cuarta feira inaugurouse na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela a mostra 'Fragmentos de onte', que exhibe, a carón das fotos tomadas por Ruth Matilda Anderson na Galiza, recreacións da indumentaria tradicional que permiten recuperar para a memoria o país que a fotógrafa americana atopu hai agora cen anos.
Gonzalo Muíños, novo portavoz do PSdeG en Compostela. (Foto: Concello de Compostela)
Agora

Gonzalo Muíños, novo portavoz do grupo municipal socialista en Compostela

A xestora do Partido Socialista de Compostela nomeou esta terza feira o edil Gonzalo Muíños como novo portavoz do grupo municipal socialista. Diso informou o presidente da xestora, Diego Fernández, que sinala que a de Muíños foi a única proposta elevada polo grupo municipal ao órgano que dirixe a agrupación local tras a renuncia do que era secretario xeral, Xosé Sánchez Bugallo, após os resultados do 20 de maio. Muíños é membros da executiva provincial do PSdeG e é concelleiro do PSdeG desde 2011. Foi edil responsable de Mobilidade, Seguridade Cidadá, Barrios, Obras e Relacións Veciñais no último goberno municipal de Bugallo.

Goretti Sanmartín recibiu Antonio López no Pazo de Raxoi. (Foto: Concello de Compostela)
SOCIAL

A vivenda e as infraestruturas, no foco da colaboración entre o Concello de Compostela e a USC

Concello e USC porán en marcha unha comisión técnica e un protocolo para abordar temas conxuntos

Borja Verea encabezou a lista do PP en Compostela.
POLÍTICA

Borja Verea ofrécelle ao PSdeG "un acordo" para estabelecer un Goberno alternativo ao de Sanmartín

Moción de censura e cuestión de confianza vinculada aos orzamentos da cidade, entre as opcións do popular..

Francisco Javier Fernández é escritor e enxeñeiro (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Francisco Javier Fernández: "Non coñezo a ninguén que fale mal dos seus anos de estudante en Compostela"

Francisco Javier Fernández foi dobremente galardoado no mes de maio. Por unha parte, o seu poemario 'Koиpostэla' resultou gañador no Certame Poético Rosalía de Castro, mentres que a obra 'Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas' foi recoñecida co Premio de Novela Curta Antón Risco. Fernández aborda o xerme de ambas as historias así como os seus procesos de escrita: “Creo que esa é un pouco a miña voz: narrativa e con ritmo, inzada de imaxes. En cambio, a poesía que escribo é máis conceptual que rítmica”.
De esquerda a dereita, Xan Duro, Iago Lestegás, Míriam Louzao, Goretti Sanmartín, María Rozas, Manuel César Vila, Xesús Domínguez e Pilar Lueiro. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

BNG e Compostela Aberta reparten competencias: así será o Goberno de Goretti Sanmartín

A nacionalista contará con catro tenencias de Alcaldía que ocuparán, por esta orde, María Rozas, Míriam Louzao, Xesús Domínguez e Pilar Lueiro.