Santiago de Compostela

Lucía Freitas-9
star
Entrevistas

Lucía freitas cociña na casa

Resulta complicado, despois de falar coa chef Lucía Freitas (Compostela, 1982), resistirse ao contaxio –que símil tan mal traído nestes tempos– dese mal endémico que padecen tantos xornalistas gastronómicos representado pola mendicidade de convites para xantar nos restaurantes das persoas entrevistadas. Mais, cando a protagonista ten o nivel de Lucía Freitas e dirixe un restaurante como A Tafona (Compostela), distinguido coa estrela Michelín, un pode até comprender a eses arteiros plumiñas, que tanto teñen que estar sufrindo polo feche total da hostalaría na actualidade.
O escritor Salvador García-Bodaño. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Salvador García-Bodaño, de tempo en tempo

Cando na primavera de 1979 chegou ás librarías do noso país Tempo de Compostela non sabiamos que admirar máis, se o coidado e a fermosura da edición do libro ou a emoción e a beleza dos propios poemas. 
392 Libros
star
Libros

Crimes académicos

Dentro da enorme variedade de subxéneros nos que se desenvolveu a novela negra das últimas décadas, houbo lugar tamén para o espazo académico. 
'Pièce distinguèe nº 45' (Foto: Nós Diario).
star
Arte

O Manual de uso de La Ribot en Compostela

M anual de uso, a exposición de La Ribot (Madrid, 1962) que presenta o CGAC, desenvolve un percorrido polos traballos da artista dos últimos 20 anos. 
Escaleira de Bonaval, en Compostela.(Foto: Santiago López-Pastor).
star
Arte

Domingos de Andrade e a excelencia da arquitectura

O mesmo que acontece co Día das Letras Galegas, outra das vítimas da situación provocada polo coronavirus é a celebración do Día das Artes Galegas, que tiña que ter os seus actos centrais o pasado 1 de abril en lembranza da mesma xornada do ano 1188, data inserida na epígrafe do lintel do Pórtico da Gloria, que certifica que aquela obra foi dirixida polo Mestre Mateo. 
Vista xeral da mostra (Foto: Nós Diario).
star
Arte

A notación gráfica na música contemporánea

A exposición Mirar o son ofrece un achegamento ás novas formas de notación musical que xorden arredor a mediados do século XX e que chegan até a actualidade. 
'Rostro-labirinto' (2007). (Foto: Antón Patiño).
star
Arte

Antón Patiño, pintura para dar sentido ao mundo

Máis que unha antolóxica Caosmos, a mostra dedicada polo Centro Galego de Arte Contemporánea ao pintor Antón Patiño (Monforte, 1957) semella a plasmación dun elaborado diálogo entre o artista e o comisario Alberto Ruiz de Samaniego, que acaba por crear unha tonalidade que paira polas distintas salas do museo e que ofrece unha imaxe global da traxectoria artística e intelectual do pintor.
392 Arte
star
Arte

As crebas de Francesc Torres

O CGAC presenta unha mostra individual de Francesc Torres (Barcelona, 1948), un creador amplamente recoñecido como un dos referentes históricos da instalación multimedia, membro da primeira xeración de instaladores xurdida no contexto artístico norteamericano na primeira metade dos anos setenta.
 
384 Arte
star
Arte

Da paisaxe como dominio da natureza

A obra de Christian Villamide (Lugo, 1966) chama a atención pola linguaxe plástica e visual multidisciplinar, mais sempre estas formas están rexidas na súa concreción por unha vontade e unha análise conceptual. 
380 Arte
star
Arte

A biblia kennicott, un tesouro galego en oxford

Na mostra Galicia, un relato no mundo, que se pode visitar na Cidade da Cultura, sobrancea a presenza dun manuscrito excepcional que é, para alén do seu valor artístico, o máis relevante testemuño da vitalidade das comunidades xudías na Galiza medieval, poboacións espalladas por todo o territorio galego, vivindo illadas ou formando núcleos organizados. 
378 Deseño
star
Deseño

Chascarraschás

Permítanme que titule con esta onomatopea festeira para celebrar algo máis de coñecemento sobre a nosa vieira simbólica.
Baixada desde a Porta da Pena cara á nova portada valleinclanesca. (Foto: Nós Diario).
star
Arquitectura

Portas e camiños

Odispositivo de chegada ao conxunto de Bonaval, coa construción do Centro Galego de Arte Contemporánea como remate do novo parque, é unha das aproximacións espacialmente máis complexas e ricas da nosa arquitectura.
O voceiro do Concello de Ferrol, Julián Reina. (Foto: Europa Press)
CULTURA

O Concello de Ferrol planta á RAG no pleno de Carvalho Calero por non celebrarse na cidade

Os distintos grupos municipais con presenza na corporación rexeitan participar porque a Real Academia Galega (RAG) organiza un acto que decorrerá en Compostela e non en Ferrol, cidade natal do autor.

Acto organizado polo franquismo en 1938 na Praza do Obradoiro. (Foto: El Eco Franciscano)
MEMORIA E HISTORIA

Golpistas e verdugos de 1936 en Compostela

O golpe de Estado de 1936 supuxo para Compostela o mesmo que para moitos outros lugares onde os militares e as forzas que colaboraron con eles conseguiron impoñerse sobre os defensores da República. Dende finais de xullo fóronse pondo en práctica os diferentes repertorios de violencia que serían empregados para castigar a unha parte da sociedade pola súa lealdade ao réxime republicano. Santiago non foi unha excepción, pois os seus veciños tamén se viron involucrados nos procesos: como vítimas, pero tamén como verdugos. 
A escuadra celeste adestrouse xa nas novas instalacións da Cidade Deportiva Afouteza, en Mos. (Foto: RC Celta).
DEPORTES

O Celta, obrigado a gañar ante o 'Euro Granada'

A pesar de estar en novembro, o Celta xoga contra o Granada unha final, que de gañala daría aire a un equipo que ocupa o último posto na táboa. Situación ben oposta viven os equipos galegos implicados no duplo derbi (Compostela-Pontevedra e Rácing-Dépor) da xornada na Segunda B, que queren gañar para seguir medrando. 
Da actuación individual de Iago Aspas dependerá en gran parte o resultado do choque ante o Sevilla de Lopetegui. Foto RC Celta
DEPORTES

O novo Celta de Coudet busca recuperar o sorriso

Chacho Coudet aspira a facer bo o vello dito de "a adestrador novo, vitoria segura" e conseguir no seu debut como técnico celeste tres puntos que afasten a pantasma dos postos de descenso. Ademais, na Segunda División B o prato estrela da xornada será o derbi entre Rácing de Ferrol e Compostela.
Máis dun cento de persoas apoiaron onte esta primeira convocatoria en Compostela, que contou co apoio de entidades como a CIG. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Galiza mobilízase polo pobo saharauí

Unha concentración en Compostela, convocada pola Delegación Saharauí na Galiza e por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, serviu hoxe para amosar o apoio da sociedade galega a este pobo contra os últimos ataques do exército marroquí no Sáhara Occidental, que están a recruar un conflito que dura case 30 anos. 
Rubén Martínez actuando en Compostela. (Foto: Festival Atlántica)
O Festival Atlántica revisa o conto tradicional europeo

De princesas espelidas, cincentas asasinas e carapuchas voraces

Os contos mudaron e o modo de contalos, tamén. É o que está a demostrar o Festival Atlántica, que este ano tivo que desenvolver en liña parte da súa programación. Revisións de vellas historias da tradición europea, contos tradicionais galegos, poemas de transmisión oral ou relatos feitos con mímica son algunhas das propostas que está a achegar este encontro internacional de narración que xuntou xa a Charo Pita, Rubén Martínez ou José Luis Gutiérrez, e que acollerá aínda outras actuacións da primeira ou da directora do festival, Soledad Felloza.
A incríbel xeira de resultados positivos do Lugo está ante a súa ameaza máis importante.  (Foto: CD Lugo).
DEPORTES

Nafti, o home que fai soñar a Lugo: "Agora son Brad Pitt, pero o día que perda volverei ser feo e calvo"

O renacido Lugo de Mehdi Nafti pon a proba a súa imbatibilidade ante o mellor equipo da Segunda División, mentres que na categoría de bronce o Compostela abre a xornada mañá ante o Guijuelo, quedando o derbi galego entre Dépor e Coruxo, así como os partidos de Pontevedra, Celta B e Rácing de Ferrol para mañá domingo.  
A concelleira de Urbanismo de Compostela, Mercedes Rosón, presidiu a reunión. (Foto: Concello de Santiago)
SOCIAL

O coronavirus cambiará o aspecto da zona histórica de Compostela

A comisión de Patrimonio permitirá que os estabelecementos hostaleiros instalen pantallas e calefactores na cidade vella para paliar as perdas derivadas das restricións pola pandemia.